Manuel Ramil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1978 (46 anos) Ares, España |
Actividade | |
Ocupación | músico, produtor, compositor |
Período de actividade | 1995 - |
Xénero artístico | Heavy metal |
Instrumento | Teclado |
Familia | |
Parentes | Enrique Ramil, sobriño |
Manuel Ramil, nado en Ares o 8 de marzo de 1978, é un músico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro contacto coa música é aos 12 anos cando comeza a recibir clases de solfexo e piano clásico. Pronto sente interese por outras músicas e comeza unha época de grande influencia de Yngwie J. Malmsteen, Cacophony, WhiteSnake... Despois de pasar por varios grupos bastante inestábeis, no ano 1996 forma o grupo heavy “Torquemada”, co cal un ano despois gravaría a súa primeira maqueta: “Santa Inquisición”. A pesar de permanecer case seis anos nesta banda, as cousas non marcharon ben, polo que en setembro de 2001 decide pechar este episodio e abandona o grupo. Nesta época colabora de maneira esporádica con algunhas bandas: co grupo Thánatos realiza a gravación de diversas intros para os seus concertos, e participa co grupo Trashnos na gravación do seu primeiro disco: “Tiempo”.
En xulio de 2002 comeza a súa época máis coñecida á fronte da banda Warcry, periplo que remataría a mediados do ano 2008, cando anuncia que se une ao grupo Sauze xunto cos tamén ex integrantes de Warcry: Alberto Ardines (batería) e Fernando Mon (guitarra) e Toni Amboaje (Hard Spirit). No 2010 intervén como produtor e arranxador do segundo traballo do grupo Infamia titulado: “La cuenta atras”.
Dende xuño de 2017 forma parte da banda asturiana Avalanch e dende 2020 tamén de Alderaan e Adventus.[1][2][3]
Discografía
[editar | editar a fonte]Torquemada
[editar | editar a fonte]- Santa Inquisición (1997)
WarCry
[editar | editar a fonte]- El Sello de los Tiempos (2002)
- Alea Jacta Est (2004)
- ¿Dónde está la luz? (2005)
- Directo a la luz (2006)
- La Quinta Esencia (2006)
Sauze
[editar | editar a fonte]- Nada tiene sentido (2008)
- El mejor momento (2009)
Avalanch
[editar | editar a fonte]- El secreto (2019)
Adventus
[editar | editar a fonte]- Morir y renacer (2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "AVALANCH: Manuel Ramil, ex-WARCRY/SAUZE será el nuevo teclista de la banda" (en castelán). 26 de xuño de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Alderaan: Txus, Patricia Tapia y Manuel Seoane (Mägo de Oz), Pablo García (Warcry), Niko del Hierro (Saratoga) y Manuel Ramil (Avalanch) forman un supergrupo" (en castelán). 6 de novembro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Nuestro redactor Alfonso Díaz Cazorla entrevista a Víctor García y Manuel Ramil, días antes de la publicación de “Morir Y Renacer”" (en castelán). 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 30 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial de WarCry Arquivado 21 de maio de 2008 en Wayback Machine.
- Manuel Ramil