Manuel Prego de Oliver
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1915 Ourense, España |
Morte | 28 de abril de 1986 (71 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Actividade | |
Ocupación | pintor, mestre |
Membro de | |
Movemento | Expresionismo |
Familia | |
Irmáns | Adolfo Prego |
Parentes | Victoria Prego, sobriña Adolfo Prego de Oliver y Tolivar, sobriño |
Manuel Prego de Oliver, nado en Ourense o 1 de abril de 1915 e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1986,[1][2][3] foi un mestre e pintor galego próximo ó expresionismo.[4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense, igual ca o seu irmán Adolfo Prego. Exerceu a docencia durante uns anos, mais trala guerra civil española foi depurado e apartado.[4][6][7][8]
Cambiou o maxisterio pola súa outra vocación, a pintura, converténdose no seu medio de vida,[6][7][9] pasou algunhas dificultades económicas que foi resolvendo mediante encargos de compromiso que lle proporcionaron recursos e lle permitiron seguir avanzando nos estudos artísticos.[8] Expuxo con éxito en Madrid no ano 1941, iniciando a súa faceta de investigador plástico e de afervoamento creativo.[2][8] Fixo ilustracións para o xornal ABC ou para a revista Blanco y Negro.[10] Ilustrou libros, como Merlín e familia ou As crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro.[11] Asistiu decote ós faladoiros ourensáns e retratou moitos dos asiduos, acudiu xunto a outros persoeiros como Castelao, Vicente Risco, Ferro Couselo, Cuevillas, Arturo Baltar, García-Sabell, Torrente Ballester ou Paz Andrade.[7][9] Tras unha primeira etapa indagatoria, que coincide co fin da guerra civil, comeza un período caracterizado polas cores terrosas, tendendo ó monocromático e un granulado forte. Esta etapa remata na década de 1980 cando se aprecia na súa obra un xiro de depuración, finura e harmonía.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rozas, M. (2011), p. 95
- ↑ 2,0 2,1 "As cartas de Luís Seoane a Manuel Prego de Oliver". Consello da Cultura Galega. Consultado o 10-12-2016.
- ↑ "Manuel Prego de Oliver Artista". Arteinformado. Consultado o 10-12-2016.
- ↑ 4,0 4,1 Paz, José (9-4-2011). "Prego, a pincelada emocionada". La Región. Consultado o 14-12-2016.
- ↑ Castro, X. A. (2011), p. 19
Pero a posición xeracional de Prego e a súa maneira de afronta-la pintura, nunha dinámica que poderíamos chamar, nos anos cincuenta, expresionista, permiten que o enmarquemos na primeira xeración de posguerra, que dota de continuidade histórica, no contexto do que antes de 1936 se chamou renovación, ós realismos e ós seus compromisos con Galicia.
- ↑ 6,0 6,1 Rozas, M. (2011), p. 7
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Rodríguez, Xosé Manoel (21-2-2012). "Ourense reivindica a Prego de Oliver con una gran antológica". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10-12-2016.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 ines (26-9-2016). "Prego Oliver, Manuel (1915 - 1986)". Lembranzas1 (en castelán). Consultado o 10-12-2016.
- ↑ 9,0 9,1 "Manuel Prego de Oliver e Gómez del Valle". Wikiloc. Consultado o 10-12-2016.
- ↑ 10,0 10,1 Pozuelo, Abel H. (1-2-2007). "En recuerdo de Manuel Prego". El Cultural (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20-12-2016. Consultado o 24-10-2024.
- ↑ Fraga, Xesús (14-6-2006). "Una retrospectiva reivindica el legado del pintor Prego de Oliver". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21-12-2016. Consultado o 15-12-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Limia Gardón, Francisco Javier; Figueiras Pimentel, Natalia (2017). Prego, mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital. Concello de Ourense. Museo Municipal de Ourense: Xunta de Galicia.
- Rozas, Mercedes; Castro, Xosé Antón; Lezcano, Arturo; García Iglesias, José Manuel (2011). Manuel Prego de Oliver (PDF). Centro Cultural da Deputación de Ourense. p. 96. ISBN 978-84-92554-59-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20-12-2016. Consultado o 24-10-2024.