Manuel Nóvoa Barreiros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 Ourense, España |
Morte | 18 de marzo de 1949 (18/19 anos) Ourense, España |
Causa da morte | suicidio |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Manuel Nóvoa Barreiros, nado en Ourense cara a 1930 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Ourense, membro das Juventudes Socialistas Unificadas e do comité provincial do Partido Comunista de España. Nos anos corenta uniuse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, que tiña a súa base na Edreira. O grupo voante a mando de Juan Sorga e integrado por Manuel Rodríguez González, Camilo de Dios Fernández, Antonio Pérez Barreiros, José María Saavedra Díaz e o propio Manuel Nóvoa, marchou a Ourense o 8 de marzo de 1949. O 18 de marzo o grupo foi localizado pola garda civil nunha casa que utilizaban como refuxio preto de Ourense. Nun primeiro asalto os guerrilleiros lograron repeler o ataque e mataron o capitán Francisco Piñel Estévez e ao garda José Rouco Vila, o guerrilleiro Antón López tamén resultou morto. A situación fíxose insostible e Antonio Pérez, José María Saavedra e outro guerrilleiro intentaron romper o cerco. Antonio Pérez e José María Saavedra resultaron gravemente feridos e foron capturados. Na casa permaneceron dous guerrilleiros que continuaron resistindo e a garda civil decidiu poñerlle lume á casa. No edificio en chamas, Manuel Nóvoa suicidouse mentres o seu compañeiro Camilo de Dios foi ferido e capturado. Manuel Rodríguez e Juan Sorga lograron fuxir.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domínguez González, José (2016). A Edreira, el último bastión de la resistencia en Ourense (18 en el balneario). Círculo Rojo. pp. 62–64. ISBN 978-84-9126-680-8.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 130–131. ISBN 84-8485-231-8.