Manuel María Puga Parga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel María Puga y Parga 1874 Santiago de Compostela, España |
Morte | 30 de setembro de 1918 (43/44 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | gripe de 1918 |
Lugar de sepultura | Pazo de Anzobre |
Alcalde da Coruña | |
1917 – 1917 ← Manuel Casás Fernández – Manuel Casás Fernández ⊟ | |
Alcalde da Coruña | |
1915 – 1915 ← Javier Ozores Pedrosa – Manuel Casás Fernández ⊟ | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xurista, gastrónomo, político |
Período de tempo | Restauración borbónica en España |
Familia | |
Fillos | Manuel María Puga Ramón, Rafael Puga Ramón |
Pai | Luciano Puga Blanco |
Manuel María Puga y Parga, coñecido como Picadillo, nado en Santiago de Compostela en 1874 e finado na Coruña o 30 de setembro de 1918,[1] foi un xurista, escritor, gastrónomo e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Luciano Puga Blanco, naceu en Santiago por estar o seu pai desprazado nesta cidade, e foi bautizado o 23 de abril de 1874 en San Fiz de Solovio, mais marchou moi novo á Coruña.
Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e presentou a súa tese de grao Fueros Nobiliaros en 1895. Grazas a Antonio Cánovas del Castillo, amigo do seu pai, conseguiu ser nomeado a un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político e con saudades da terra volveu a Galiza e foi xuíz en Arteixo. Comezou a escribir no xornal El Noroeste, co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en 1913 escribiu o artigo "Quiero ser concejal"[2] e comezou unha campaña para ser elixido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: "Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos":
Vós non votades pero tedes homes, fillos... a estes pedide, mandade... ata chegardes a requirir á zoca, que as coaccións na intimidade non teñen nada que ver coa lei electoral.[3]
Conseguiu ser nomeado candidato e saír electo, tomando posesión do cargo o 1 de xaneiro de 1914, e cando o alcalde Javier Ozores Pedrosa dimitiu, foi designado alcalde en outubro de 1915,[4] aínda que por pouco tempo: co cambio de goberno foi deposto en só dous meses.[5] Volveu ser alcalde co ascenso ao poder do coruñés Eduardo Dato en xullo de 1917.[6] A súa actuación durante a folga xeral do 13 de agosto de 1917 levouno a ser destituído semana despois[7] e a recibir o 28 de outubro unha homenaxe de 5000 obreiros sindicados e un pergameo asinado polas 27 sociedades obreiras coruñesas.[8]
Escribiu numerosos libros de gastronomía, incluíndo La cocina práctica en 1905, que tivo un grande éxito, e moitos outros libros de cociña así como numerosos artigos; foi enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, caracterizado polo sentido do humor e a defensa da vida popular tanto a nivel culinario, reivindicando o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos fronte ás copias da cociña francesa de moda na época, dicindo que unha das maiores experiencias da súa vida fora unha caldeirada comida nun barco de pesca. Non só aplicaba o humor á cociña senón tamén á política e a si mesmo. Como exemplo, descríbese así na súa nenez no seu libro Mi historia política:
En 1882 era eu un señor que tiña 8 anos de idade e uns 75 quilos de peso.[9]
Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 quilos) era outro dos aspectos polos que era coñecido. Contaba Luis Antón del Olmet que unha vez chegara un circo á Coruña anunciando a presenza dun home alemán como o máis gordo do mundo, mais a xente que o ía ver saía decepcionada afirmando que Manolo Puga era máis gordo.[10]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 3 de novembro de 1897 no pazo de Anzobre con Carmen Ramón Pascual.[11] Foi pai de Rafael e Manuel María Puga Ramón.
Obras
[editar | editar a fonte]- 36 maneras de guisar el bacalao. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1901.[12][13]
- Integración de algunas materias de Derecho Civil, Madrid, 1901.[14]
- La cocina práctica, con prólogo de Emilia Pardo Bazán. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.[12][15] Incluído, co n.º 6 na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano
- Las cincuenta y seis maneras de hacer el bacalao, Madrid, Imprenta R. Velasco, 1901.[12][16]
- El rancho de la tropa. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1909.[17]
- Vigilia reservada: minutas y recetas. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1912.[12][19][20]
- Mi historia política. A Coruña, Tipográfica Obrera Coruñesa, 1917 (na cuberta e colofón pon 1918).[12][21][22]
En 1993 fíxose unha tradución ó galego dalgunhas das súas obras no libro A cociña popular galega e algunhas receitas para a Coresma, publicado por Edicións Xerais de Galicia, traducido por María Dolores Torres París, e con prólogo de Xosé Cermeño.[23][24]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallecimiento de Manolo Puga". El Correo Gallego. 1 de outubro de 1918. p. 2.
- ↑ "Quiero ser concejal". Galicia Nueva. 5 de outubro de 1913. p. 1.
- ↑ Xosé Cermeño: Introdución a A cociña popular.... páx. 15.
- ↑ "En el Ayuntamiento. El nuevo alcalde". El Correo Gallego. 14 de outubro de 1915. p. 1.
- ↑ "El nuevo alcalde". El Correo Gallego. 29 de decembro de 1915. p. 1.
- ↑ "El nuevo alcalde". El Correo Gallego. 1 de xullo de 1917. p. 2.
- ↑ "Cambio de alcalde". El Ideal Gallego. 28 de agosto de 1917. p. 2.
- ↑ "Apuntes noticieros". El Diario de Pontevedra. 29 de outubro de 1917. p. 3.
- ↑ Mi historia política, Tipografía Obrera Coruñesa, 1917, citado por Xosé Cermeño en: Introdución a A cociña popular...
- ↑ Anécdota incluída en Pote aldeano, citado por Xosé Cermeño en: Introdución a A cociña popular...
- ↑ Blanco Rey, Manuel (1999). "D. Luciano Mª Puga Blanco (1842-1899): un personaje rescatado del olvido" (PDF). Anuario Brigantino 22: 206. Consultado o 7 de setembro de 2012.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Biografía na RAH
- ↑ Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España
- ↑ Ficha do autor na Biblioteca Nacional de España
- ↑ Ficha e dixitalización da 4ª ed na Biblioteca Nacional de España
- ↑ Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España
- ↑ ""El rancho de la tropa" por Picadillo". Galiciana.
- ↑ Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España
- ↑ Ficha Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. en Galiciana
- ↑ Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España
- ↑ "Ficha do libro en Galiciana". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2021. Consultado o 31 de xaneiro de 2021.
- ↑ Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España
- ↑ Ficha no Catálogo das bibliotecas de Galicia
- ↑ Ficha do libro na Biblioteca Nacional de España
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel María Puga Parga |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Puga Parga, Manuel María". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 139.
- "Puga Parga, Manuel María". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1716. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Puga Parga, Manuel María". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Puga y Parga, Manuel María". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 136.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario bio-bibliográfico de escritores&rft.date=1951/1953&rft.genre=book&rft.pages=136&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alfeirán Rodríguez, Xosé (3/9/2018). "La «grippe» que mató a Picadillo". La Voz de Galicia (en castelán).
- Arsenio Díaz, Jesús (2016). Gusto Gallego n.º 3. Picadillo pp. 10-23. Luis Carré Ediciones
Predecesor: Javier Ozores Pedrosa |
Alcalde da Coruña 1915 |
Sucesor: Manuel Casás Fernández |
Predecesor: Manuel Casás Fernández |
Alcalde da Coruña 1917 |
Sucesor: Manuel Casás Fernández |