Saltar ao contido

Manuel Lorenzo Barxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Lorenzo Barxa
Biografía
Nacemento1878 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte1959 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1243887

Manuel Lorenzo Barxa, nado en Ferrol en 1878 e finado en 1959 foi un gaiteiro ferrolán, fundador do Coro Toxos e Froles.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Sábese da súa participación nun concorrido certame de gaiteiros no ano 1905 durante a celebracións das Festas de Amboaxe, ao que acoden entre outros o vello Rilo, gaiteiro de sona de Betanzos e gañador do primeiro premio deste certame, onde Lorenzo queda de segundo. Tamén se escoitaron nestas festas os famosos Trinta de Trives.

Poucos anos despois deste certame, en 1909, actuaba en Ferrol o primeiro Coro Galego Aires d'a Terra, e probablemente impresionou a Manuel Lorenzo, que desde aquela foi seguidor e admirador de Perfecto Feijoo, o seu fundador. O intercambio de opinións e coñecementos entre os dous gaiteiros foi moi importante.

Segundo os datos que obran no arquivo do Real Coro Toxos e Froles a entidade foi fundada polo gaiteiro Manuel Lorenzo, operario do obradoiro de forxas do Arsenal que, coa axuda de Luis Amor Soto, comeza a buscar xente que quixera vestir o traxe galego. Tras moitos esforzos o soño de Manuel Lorenzo, convértese en realidade facendo a súa presentación pública o sábado, 29 de maio de 1915, nun festival celebrado no Teatro Jofre.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernando DOPICO BLANCO & María do C. SANTISO MEDÍN, Manuel Lorenzo Barxa (1878-1959): Un gaiteiro ferrolán á antiga usanza, col. ‘Biblioteca de Ferrolterra’, Edicións Embora, Ferrol, 1997.