Manuel García Maceira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1816 Tui, España |
Morte | outubro de 1891 (74 anos) Tui, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel García Maceira, nado en Tui o 21 de decembro de 1816 e finado no mesmo concello en outubro de 1891, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi Colexial de Fonseca en Compostela. Doutorouse en Teoloxía na Universidade de Salamanca e acadou as cátedras de lingua hebrea nas Universidades de Salamanca e Madrid.
Retornou a Tui para facerse cargo das industrias familiares, principalmente a sociedade Andrés Maceira Hermanos, que abranguía cambio e bolsa, fábricas de serrar madeira, de curtidos, de lencería, transporte de vapores polo río, obras públicas etc.
Foi deputado conservador polo distrito de Tui nas lexislaturas 1853-1854, 1857-1858 e 1858-1863. Nas eleccións xerais de 1858 enfrontouse a José Fernández de la Hoz, que fora ministro de Graza e Xustiza, e foi derrotado, se ben as eleccións foron anuladas polas múltiples irregularidades realizadas por ambos os candidatos. Finou en Tui en outubro de 1891.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Monarquía, 10-10-1891, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A casa dos Maceira
- Xenealoxía García Maceira, Manuel Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.