Saltar ao contido

Manuel Domínguez Benavides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Domínguez Benavides

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1895 Editar o valor en Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de outubro de 1947 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel Domínguez Sánchez Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Domínguez Benavides
Álvaro Domínguez Benavides Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1187394

Manuel Domínguez Benavides, nado en Ponteareas o 19 de abril de 1895 e finado en México o 19 de outubro de 1947, foi un escritor e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do médico de Ponteareas Manuel Domínguez Sánchez. Autodidacta, formado nas casas do pobo e ateneos populares, a carencia de estudos non foi impedimento para exercer como xornalista. Colaborou en El Tea.[1][2] Licenciado en Dereito en 1916 e mestre superior en 1917. Con 26 anos gañou o premio Gregorio Pueyo, que editou, en 1922. Tamén escribiu a comedia El protagonista de la virtud coa que obtivo en 1928 o segundo premio nun concurso do ABC. Foi correspondente de Ahora, La Estampa e Treball en París. En 1927 era redactor de El Liberal e dende marzo de 1928 ata 1937 foi redactor do popular semanario La Estampa.

Residiu alternativamente en Madrid e Barcelona, militando no PSOE. En 1933, publicou a súa primeira novela social Un hombre de treinta años, de corte autobiográfico, á que se sumou ao ano seguinte El último pirata del mediterráneo, un dos grandes éxitos populares da época. Foi detido durante folga xeral revolucionaria de 1934, pasando dous meses en prisión e exiliándose despois en París, onde residía cando estalou o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Na guerra civil foi comisario da frota republicana. En 1938 asistiu xunto a José Bergamín e José María Quiroga Pla, á conferencia extraordinaria da Asociación Internacional de Escritores para a Defensa da Cultura.

Cando rematou a guerra, exiliouse en México, onde chegou no Ipanema en xullo de 1939. Alí foi profesor do Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón e militou no Grupo Jaime Vera do PSOE. Pouco antes do seu falecemento, pasouse ao PCE. Foi secretario de redacción da revista Reconquista de España, desenvolvendo ademais unha incansábel labor como escritor, publicando varias novelas sobre episodios da guerra civil, entre elas, a máis coñecida, La Escuadra la mandan los cabos, aparecida en 1944.

Publicou cinco novelas, unha obra teatral, unha biografía e dúas reportaxes noveladas, ademais dun ensaio e un estudo histórico.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Lamentación, 1922.
  • En lo más hondo, 1923.
  • Cándido, hijo de Cándido, 1924.
  • In excelsis deo. Novela cinematográfica argumentada en la película del mismo nombre. [3]
  • Un hombre de treinta años, 1933.
  • El último pirata del Mediterráneo, 1934.
  • La revolución fue así (Octubre rojo y negro), 1935.
  • Curas y mendigos, 1936.
  • El crimen de Europa (Nuestra guerra), 1937.
  • Los nuevos profetas, 1942.
  • La escuadra la mandan los cabos, 1944.
  • Guerra y revolución en Cataluña, 1946.
  • Soy del quinto regimiento (póstumo).
  • La historia se hace en Madrid (póstumo).
  • El protagonista de la virtud, 1928.
  • El hombre, la mujer y el diablo.
  1. El Tea, 3-7-1914, p. 3.
  2. El Tea, 10-7-1914, p. 3.
  3. In excelsis deo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]