Manuel Cuña Novás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1924 Pontevedra, España |
Morte | 18 de maio de 1992 (67 anos) |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Senador de España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Gran Enciclopèdia Catalana |
Manuel Cuña Novás, nado en Pontevedra o 1 de xuño de 1924 e finado o 18 de maio de 1992 na mesma cidade, foi un escritor e político galego, pertencente á Promoción de enlace.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dos mestres Manuel Cuña e Sara Novás, pasou a infancia en Pontevedra, ata o período republicano, cando a súa familia se trasladou a Cidade Real, onde os sorprendeu a guerra civil. Coa fin da guerra o seu pai marchou ó exilio a Panamá, e a nai e os irmáns volveron a Galiza.[1]
Comezou a escribir poesía ó rematar a adolescencia, e colaborou en publicacións como Sonata Gallega, Finisterre, Cartel e El Pueblo Gallego. Nesa época estableceu amizade co poeta Virgilio Nóvoa Gil, ó que afastou da loucura. En 1950 gañou o premio de poesía na Festa das Letras de Barcelona co poema Trebón perpetuo, presentado co pseudónimo de Jorge Casasbellas.
En 1951 viaxou a Francia, onde escoitou e aprendeu de Jean-Paul Sartre, Albert Camus, Édith Piaf, Paul Éluard, e de acollidos como Friedrich Hölderlin, Rainer Maria Rilke ou Arthur Rimbaud.
Casou con Josefina e tivo dous fillos, o poeta Jorge Cuña Casasbellas e o militante anarcosindicalista Miguel Cuña Casasbellas.
Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español, foi senador pola provincia de Pontevedra de 1982 á súa morte en 1992.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Frauta na noite, 1947. Premio do Centro Gallego de Buenos Aires.
- Fabulario novo, 1952, Sabino Torres, Pontevedra, colección Benito Soto.[2][3][4]
- Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte, 1976, edición do autor, Pontevedra.
- Antología poética = Antoloxía poética = Antologia poetica, 2007, Fundación Cuña-Casasbellas. Antoloxía trilingüe galego-castelán-italiano.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Mar de otra luz, 2008, Fundación Cuña-Casasbellas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miguel Ángel Cuña-Casasbellas (29 de maio de 2022). "Recuerdo de mi padre Manuel Cuña Novás". De vella a bella.
- ↑ Reeditado no 1991 en Vía Láctea e en facsímile en 1999 pola Deputación de Pontevedra.
- ↑ Incluído, co n.º 28 na Biblioteca Galega 120.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. p. 201-203. ISBN 84-8288-365-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cuña Novás, Manuel". Diccionario enciclopédico galego universal 19. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 119. ISBN 84-7680-429-6.
- "Cuña Novás, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 308.
- "Cuña Novás, Manuel". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 634. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Cuña Novás, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 6. Ir Indo. 1999-2002. p. 514. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 325.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario bio-bibliográfico de escritores&rft.date=1951/1953&rft.genre=book&rft.pages=325&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Dobarro Paz, Xosé María; et al. (2005). "Cuña Novás, Manuel". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.Dobarro Paz&rft.btitle=Gran Enciclopedia Galega&rft.date=2005&rft.genre=bookitem&rft.isbn=84-87804-88-8&rft.pub=El Progreso&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 104. ISBN 84-7492-465-0.Fernández del Riego&rft.btitle=Diccionario de escritores en lingua galega&rft.date=1992&rft.edition=2�&rft.genre=book&rft.isbn=84-7492-465-0&rft.pages=104&rft.pub=Do Castro&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 244–246. ISBN 84-7507-139-2.Méndez Ferr�n&rft.btitle=De Pondal a Novoneyra&rft.date=1984&rft.genre=book&rft.isbn=84-7507-139-2&rft.pages=244-246&rft.pub=Edicións Xerais de Galicia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 161–162. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fundación Cuña - Casasbellas (en castelán)
- Ficha no Senado