Manuel Bárcena Franco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1834 Vigo, España |
Morte | 14 de xaneiro de 1908 (73 anos) Vigo, España |
Alcalde de Vigo | |
1879 – 1881 – Jacobo Domínguez Iglesias ⊟ | |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
6 de abril de 1874 – 1874 ← Francisco Fernández Anciles – Benito María de Oca ⊟ | |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Outro | |
Título | Condado de Torrecedeira (1891–1908) |
Fillos | Manuel Bárcena Andrés |
Manuel Bárcena Franco, I conde de Torrecedeira, nado en Vigo o 27 de agosto 1834 e finado na mesma cidade o 14 de xaneiro de 1908[1], foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Bárcena de la Concha Bustillo e de María del Pilar Franco Menéndez Colwel. Educouse en Gran Bretaña. Mantivo e aumentou os negocios de curtidos fundados polo seu pai en Barreiro (Lavadores) e fundou os seus propios como consignatario de buques, gandeiro e promotor de vivendas. Tivo a súa propia casa de banca e foi fundador da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Vigo en 1880. Tamén construíu importantes edificios como o da Caixa de Aforros por el fundada e o Edificio El Moderno.
No Sexenio Democrático foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1872 e foi reelixido en 1884. O 6 de abril de 1874 foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra. Na Restauración foi alcalde de Vigo (1879-1881) e foi elixido senador por Pontevedra en 1886, sendo reelixido en 1891, 1896 e 1903.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores de Andrés-García López e tivo tres fillos, o primoxénito dos cales foi Manuel Bárcena Andrés.
Distincións
[editar | editar a fonte]O 3 de xaneiro de 1891 a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena outorgoulle o título de conde de Torrecedeira, en referencia ao Pazo de Torre Cedeira, situado en Cedeira, Redondela.[2].
Predecesor: Francisco Fernández Anciles |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1874 |
Sucesor: Benito María de Oca |
Predecesor: ? |
Alcalde de Vigo 1879 - 1881 |
Sucesor: Jacobo Domínguez Iglesias |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 15-1-1908, p. 3.
- ↑ López-Chaves Meléndez, Juan Manuel e Amor Moreno, Grato Ernesto (1998). Inventario de pazos y torres de la provincia de Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-86845-09-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Espinosa Rodríguez, José (1949). Tierra de Fragoso. Notas para la historia de Vigo y su comarca. Vigo. pp. 456–457. Consultado o 17 de novembro de 2012.