Atol Manihiki
Tipo | Atol | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Cook Setentrionais | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Cook Setentrionais | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Cook | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 4 m | ||||
Superficie | 4 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1822 | ||||
Manihiki, antes Humphrey, é un atol das Illas Cook setentrionais. Está situado a 1.160 km ao norte de Rarotonga. As súas coordenadas son 10º 24' S 161º 0' O.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O atol, de forma triangular, está formado por corenta illas que encerran unha lagoa profunda sen ningún paso navegable. Ademais, ten uns pequenos illotes no centro da lagoa. A superficie total é de 5,4 km².
O atol é famoso polas súas perlas negras, que se cultivan en gran cantidade, producindo grandes beneficios. Ademais, é un punto de atracción para os afeccionados ao mergullo e á pesca en mar a fóra.
O centro administrativo está en Tauhunu, e existe outra vila chamada Tukao. A poboación total era de 515 habitantes no censo do 2001.
Historia
[editar | editar a fonte]Estímase que os polinesios establecéronse en Manihiki polo menos desde o ano 1500. Foi descuberto polos europeos o 1822 polo capitán estadounidense Patrickson que o denominou Humphrey Island. O nome tradicional era Tapuahua.
Os habitantes de Manihiki e Rakahanga vivían tradicionalmente alternando entre un atol e o outro, segundo as reservas alimentarias que tiñan en cada atol. A viaxe de 44 km de distancia entre ambos os atois, realizada con piraguas ás veces resultaba perigoso. O ano 1852 os misioneiros europeos convencéronos de que se dividisen entre os dous atois e puxeron fin a esta alternancia.