Manifestación
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Unha manifestación é a exhibición pública da opinión dun grupo activista (económica, política ou social, sobre todo), mediante unha congregación nas rúas, frecuentemente nun lugar ou unha data simbólicos e asociados con esa opinión. O propósito dunha manifestación é mostrar que unha parte significativa da poboación está a favor ou en contra dunha determinada política, persoa, lei etc.
O éxito dunha manifestación adoita ser considerado maior canta máis xente participa.
Nalgunhas manifestacións prodúcense disturbios e violencia contra obxectos (como os coches), establecementos, peóns ou a policía.
Xeralmente, outros mecanismos de protesta como as folgas (especialmente as folgas xerais) van acompañados de manifestacións.
Lista de manifestacións relevantes
[editar | editar a fonte]- Manifestacións mundiais contra a guerra de Iraq (15 de febreiro de 2003 e outras datas)
- Manifestación do 12 de marzo de 2004, polos atentados do 11M
- Marcha en Washington, D.C. polos Dereitos Civís nos Estados Unidos o 28 de agosto de 1963
Ademais, todos os 1 de maio, día do traballador, hai manifestacións sindicais en todo o mundo.
Reconto de manifestantes
[editar | editar a fonte]Actualmente, hai dúas formas de contar o número de persoas que asisten unha manifestación:
- Contar o número de individuos que pasan por un punto determinado nun minuto e multiplicar a cifra polos minutos que dura a manifestación.
- Multiplicar os metros cadrados que ocupa a marcha por un número determinado de manifestantes. Na zona central este número adoita ser 1,5. Se se dispón de fotografías de alta resolución desde o aire esta técnica é máis precisa pois se pode determinar mellor a aglomeración.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Manifestación en defensa da lingua galega en 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manifestación |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Boicot
- Cacerolada
- Disturbio
- Encerro
- Escrache
- Folga de fame
- Motín do pan
- Participación política
- Piquete
- Sentada virtual
- Sentada
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |