Manaus
Himno | Hino do município de Manaus (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Estado do Amazonas | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.063.547 (2022) (181 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 11.401,092 km² | ||||
Altitude | 92 m | ||||
Comparte fronteira con | Careiro da Várzea (pt) Presidente Figueiredo (pt) Novo Airão (pt) Itacoatiara (pt) Iranduba (pt) Careiro (pt) Rio Preto da Eva (pt) | ||||
Creación | 1669 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | David Almeida (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Manaus (pt) , (Escano: 41) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 69500-000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 92 | ||||
Código de concello do Brasil | 1302603 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | manaus.am.gov.br | ||||
Manaus é unha cidade histórica e portuaria, da Rexión Norte do Brasil, localizada no centro do maior bosque tropical do mundo.[1] É a capital do Amazonas, o maior estado brasileiro.
Xeografía e turismo
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1669 polos portugueses. Localízase a unha latitude de 3º 6' 7" Sur e a unha lonxitude de 60º 1' 30" Oeste, estando a unha altitude de 92 metros. Sitúase na ribeira norte do río Negro, preto da súa confluencia co Solimões.[1][2]
É a cidade máis poboada da Amazonia brasileira (a sétima do Brasil), segundo as estatísticas do IBGE, sendo unha das cidades brasileiras máis coñecidas internacionalmente,[1] principalmente polo seu potencial turístico e polo ecoturismo, sendo o décimo maior destino de turistas no Brasil.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe do nome: de poboado e vila a cidade
[editar | editar a fonte]O nome "Manaus" é orixinado da tribo Manaos, hoxe extinta, que habitaba a rexión cando a chegada dos colonizadores portugueses, que a fundaron en 1669 co forte de São José do Rio Negro.[4]
Foi elevada a vila en 1832 co nome de Manaus, que significa "Mai dos deuses", en homenaxe á nación indíxena dos Manaós,[5] sendo legalmente transformada en cidade o día 24 de outubro de 1848 co nome de Cidade da Barra do Rio Negro.[5] O 4 de setembro de 1856 volveu ter o seu nome actual.[4]
Foi especialmente coñecida a principios do século XX, na época áurea do caucho. Nesa época foi bautizada como "Corazón da Amazonia" e "Cidade da Floresta".[5]
Histórico
[editar | editar a fonte]O 3 de xuño de 1542 o Río Negro foi descuberto por Francisco de Orellana, que lle puxo o nome. A zona na que se atopaba o forte de São José da Barra do Rio Negro foi habitada primeiramente polas tribos Manaós, barés, banibas e passés, as cales axudaron na construción do forte e pasaron a vivir en pallozas humildes nas proximidades do forte.[5] A tribo dos manáos[6], considerada orgullosa polos portugueses, negábase a ser dominada e servir de man de obra escrava e entraba en enfrontamento cos habitantes do forte.[6] Estas loitas só terminaron cando os militares portugueses comezaron a conectar cos manaós a través de vodas coas fillas dos Tuxauas, dando comezo así á intensa mestizaxe na rexión e dando orixe aos caboclos. Un dos líderes dos Manaós foi o indíxena Ajuricaba, que se opuxo á colonización dos portugueses e que, porén, apoiaba aos holandeses: Ajuricaba foi aprisionado e enviado a Belém, pero morreu en circunstancias misteriosas no percorrido da viaxe. Reza a lenda, que se lanzou ao río que tanto amaba, o río Negro, morrendo afogado xunto a outro líder indíxena.[6]
Debido á colonización portuguesa, foi efectuado un traballo de esquecemento ou intento de borrar os trazos e obras históricas dos pobos indíxenas. Pódese notar pola destrución do cemiterio indíxena, onde hoxe se atopa a Praza Don Pedro e o Palacio Río Branco.[7][8] Cando o gobernador Eduardo Ribeiro remodelou a praza e mandou nivelar as rúas que a cercaban, foron achados gran número de igazaba, pero actualmente non existe ningún marco indicando a súa existencia.[6]
Problemas sociais e desenvolvemento urbano
[editar | editar a fonte]Manaus concentra actualmente unha gran poboación e un crecemento considerado desordenado, xerando invasións en terreos públicos e particulares e o aumento das vivendas precarias. A pesar diso, a cidade ten moitos atractivos turísticos, polas riquezas naturais próximas, como a selva amazónica ou o río Amazonas (formado polo encontro dos ríos Solimões e Negro.
A cidade posúe tamén un distrito industrial na rexión coñecida como Zona Franca de Manaus. A zona franca foi creada por decreto en 1967 para auxiliar o seu desenvolvemento. As industrias podían instalarse e importar equipamentos e compoñentes coa exención de impostos. Instaláronse alí principalmente modernas industrias electrónicas (como Nokia, Samsung, Sony Ericsson, Sanyo, Toshiba, Gradiente, Panasonic etc.) e de motocicletas (Honda, Yamaha) que hoxe abastecen o mercado brasileiro e tamén exportan.
Coa chegada das industrias, creceu a oferta de empregos cualificados e mellor remunerados, inxectando máis diñeiro na economía local e mellorando o nivel de vida da poboación. Así, a pesar do crecemento xeral desordenado, a cidade mantén un baixo índice de mortalidade infantil: 22,7 mortes por mil nados vivos (menos que as cifras aceptadas pola ONU de 32 mortes por mil). Nas últimas dúas décadas houbo un esforzo en modernizar a cidade coa construción de diversos viadutos e pasos de nivel e a apertura de longas avenidas que comunican a cidade; ademais ten cinco terminais de autobuses.
Desenvolvemento económico e financeiro
[editar | editar a fonte]O ciclo do caucho
[editar | editar a fonte]Un importante ciclo económico do Amazonas foi o "ciclo do caucho": época na que os inmigrantes fuxían da seca e se instalaban nos seringais comandados polos baróns do caucho.
Nesta época, a participación inglesa foi importante para xurdir melloras na cidade de Manaus, construíndo obras importantes, como a rede de sumidoiros, a auga encanada, a luz eléctrica, o porto, tranvías, pontes, produto dos beneficios que proviñan da venda do caucho. Moitos de tales servizos non existían no resto do país.[9]
Para a elite amazónica foi un período de moito luxo, no que os comerciantes mandaban os seus fillos a estudar en Europa. Os edificios eran construídos con materiais europeos, destacando o Teatro Amazonas, o Mercado Adolpho Lisboa e o predio da Alfándega, construídos co beneficio obtido na Época Áurea da Goma.[9]
A capital da Amazonia foi unha das primeiras cidades brasileira que contou con luz eléctrica, tratamento de augas e demais obras. En 1909, Manaus pasou a albergar a primeira institución de ensino superior brasileira, hoxe chamada Universidade Federal do Amazonas.[10]
Durante o auxe do ciclo económico do caucho foi construído o Teatro Amazonas que sorprendeu ao mundo co seu luxo, requinte e beleza arquitectónica. É o principal patrimonio cultural arquitectónico do Amazonas. Ese templo de arte retomou o seu apoxeo coa realización do Festival Amazonas de Ópera e coa presentación no seu escenario de espectáculos clásicos e populares de danza, música e teatro de artistas locais, nacionais e internacionais.[9]
Economía, polo industrial e Manaus ante o mundo
[editar | editar a fonte]Actualmente o seu principal motor económico é o Polo Industrial de Manaus, en gran parte responsable do feito de que a cidade teña o sexto Produto Interior Bruto (PIB) do país en 2007.[11] O seu porto, a 1500 km do mar, é de grande importancia.[2]
Posúe a maior rexión metropolitana do norte do país e a décimo segunda do Brasil, con 2 210 825 habitantes. (IBGE/2009).[12]
O crecemento constante de Manaus intentando establecerse como unha das cidades máis importantes non foi desapercibido. En 2008, o World Cities Study Group and Network (GaWC), do Reino Unido, incluíu o nome da cidade nunha lista de cidades clasificadas pola súa economía, cultura, acontecementos políticos e patrimonio histórico.[13] A cidade foi clasificada na mesma categoría doutras áreas metropolitanas do mundo de grande importancia, como Ancara, Salt Lake City, Tashkent, Marsella e Durban, sendo que a cidade quedou por riba doutras como Tijuana, Sevilla, Libreville e Halifax.
Desenvolvemento da Área Metropolitana
[editar | editar a fonte]En outubro de 2011, durante a cerimonia de apertura da Ponte sobre o río Negro, que abarca 3595 metros e tivo un custo de 1,1 mil millóns de dólares, por mor do 342 aniversario da capital do Amazonas, a Presidenta anunciou o agasallo de aniversario prometido: a prolongación da Zona Franca de Manaus durante 50 anos máis e a extensión dos beneficios a toda a rexión metropolitana. Rousseff fixo fincapé en que a extensión dos incentivos para o Polo Industrial de Manaus, xunto coa Ponte, xerará emprego e permitirá a preservación do medio ambiente.[14]
Para o goberno do Amazonas a ponte vai máis alá da arquitectura monumental, levando o desenvolvemento ás rexións do río Purus e o Solimões, alén dos municipios adxacentes. Un exemplo é a produción oleira en Iranduba e o incremento do turismo en Novo Airão e outros municipios da RMM. Preténdese duplicar a estrada Iranduba-Manacacupu (AM-070), permitindo aos produtores rurais que se conecten a través da rede viaria á capital sen a necesidade de "intermediarios" comerciais.[15]
A ponte, bautizada como Ponte Rio Negro, é a maior ponte de tirantes do Brasil, xa que a sección suspendida por cables mide 400 metros; é ademais a segunda maior ponte fluvial no mundo, superada só pola ponte sobre o río Orinoco, en Venezuela. Na súa construción empregáronse aceiro e cemento en cantidade suficiente para erguer tres estadios do Maracanã. Debido á acidez das augas do Río Negro, engadíronse materiais silíceos anticorrosivos ao cemento empregado nas estacas e no taboleiro.[16]
A súa anchura total é de 20,70 metros no treito convencional e 22,60 metros na parte con tirantes. A vía terá catro pistas de tráfico, dúas en cada sentido, ademais da franxa de paseo para peóns a cada lado. O mastro central soporta dous vans de 200 metros a cada lado. A estrutura, en forma de diamante, está dividida en tres partes: un cono de punta-cabeza por baixo do taboleiro, un cono por enriba do taboleiro e o principio do mastro. O formato aerodinámico foi adoptado para diminuír a fricción co vento.[16]
A rede viaria inclúe, alén da ponte, 1,9 km de acceso viario no lado de Manaus e 5,5 km de pista en Iranduba; implantouse un sistema de soportes contra o choque de embarcacións e un sistema de sinalización náutica, ademais da iluminación da parte con tirantes da ponte.[14]
Xunto ao Teatro Amazonas, a ponte vén sendo considerada un dos maiores e máis importantes monumentos da arquitectura da Amazonia, e representa un fito na integración da rexión metropolitana de Manaus (RMM), fundada en 2007, que forman oito municipios e preto de 2,1 millóns de habitantes.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Manaus". A-Brasil. setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2010. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 "‘Meeting of waters’". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-06.
- ↑ "Destinos turísticos do Brasil". Apontador. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 "Breve histórico da cidade". Prefeitura de Manaus. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2010. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Manaus Amazonas". Guia do Turista.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Biografia do Tuxaua Ajuricaba". Nação Mestiça. novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
- ↑ Instituto do Patrimônio Histórico e Artístico Nacional (IPHAN) (ed.). "Importante descoberta arqueológica revela cemitério indígena em Manaus". Consultado o 10 de xaneiro de 2014.
- ↑ Filippini, Elizabeth. Anpuhsp e Universidade do Estado do Amazonas (UEA), ed. "Patrimônio histórico-cultural em revisão: Revitalização do centro antigo de Manaus" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 30 de decembro de 2014.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Manaus Capital do Amazonas". novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2011. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ Universidade Federal do Amazonas (UFAM), ed. (13 de abril de 2010). "Universidade Federal do Amazonas - História: Escola Livre de Manaós e o início de tudo". Consultado o 30 de decembro de 2014.
- ↑ "Manaus ten o sexto maior PIB brasileiro". Cámara dos Dirixentes Lojistas de Manaus. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
- ↑ G1 (2010). "Ranking das maiores rexións metropolitanas". Globo.com. Consultado o 4 de decembro de 2010.
- ↑ "GaWC - The World According to GaWC 2008".
- ↑ 14,0 14,1 "(...)Dilma estende ZFM aos municípios da Região metropolitana". G1.Globo.com. Consultado o 16 de novembro de 2011.
- ↑ "Governo do Amazonas inaugura Ponte Rio Negro". Governo do Amazonas. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2013. Consultado o 20 de novembro de 2011.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 "Governo-do-amazonas-conclui-ponte-rio-negro-um-marco-para-a-integracao-da-regiao-metropolitana-de-manaus". Governo do Amazonas. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2011. Consultado o 20 de novembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manaus |