Saltar ao contido

Malév

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malév
IATA
MA
OACI
MAH
Indicativo
MALEV
Fundación1946
Inicio das operacións25 de novembro de 1956
Fin das operacións3 de febreiro de 2012
Plan de voo frecuenteDuna Club
HoldingMNV
Páxina web: http://malev.com/

Malév (húngaro: Magyar Légiközlekedési Vállalat), foi a aeroliña nacional de Hungría entre 1946 e 2012. Tivo as súas principais oficinas en Budapest e o seu centro de operacións no aeroporto de Budapest Liszt Ferenc. Dende alí, a aeroliña voaba a 50 cidades de 34 países de todo o mundo usando unha frota de 22 avións. Malév foi membro da alianza Oneworld ata o seu cesamento de operacións, e unírase a ela o 29 de marzo de 2007. O 3 de febreiro do 2012 deixou en terra todos os seus avións e cancelou todos os voos debido á falta de liquidez da empresa. O 14 de febreiro declarouse á aeroliña insolvente e ordenouse a súa liquidación.

No momento do seu cesamento de actividades, o 3 de febreiro de 2012, a frota de Malév estaba formada polos seguintes avións.

Frota de Malév
Avión Total Pasaxeiros Notas
Boeing 737-600 6 109
Boeing 737-700 7 121
Boeing 737-800 5 168 - 180
Bombardier Dash 8 Q400 4 72