Magnolia denudata
Magnolia yulan | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pistilos e estames da magnolia | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Magnolia denudata Desr. |
Magnolia denudata, a magnolia yulan, ou simplemente magnolia[1], é unha especie de arboriña caducifolia pertencente á familia das magnoliáceas. O xénero Magnolia púxoo Linneaus en honra a Pierre Magnol, profesor de botánica en Montpellier no século XVII-XVIII. Denudata vén do latín denudatus-a-um= espido, descuberto, quizais polo seu aspecto cando está en floración (sen follas).
Adóitase plantar coma ornamental, polas súas flores primaverais. En Galicia é común en xardinaxe, de feito é a magnolia máis plantada de folla caediza.
Distribución
[editar | editar a fonte]É orixinaria do leste e do centro da China. Foi cultivada en templos chineses budistas dende o 600 a. C. As súas flores téñense evocado coma un símbolo de pureza na Dinastía Tang e foi plantada nos xardíns do palacio do Emperador. É a flor oficial da cidade de Shangai.
Descrición
[editar | editar a fonte]Arboriña caducifolia moi ramalluda, que apenas acada os 15 m de altura. É un chisco arredondada, moi escamada, de textura grosa. O toro e as pólas son moi vistosas, a casca é magra, e se dana facilmente co impacto mecánico. As follas son ovais, verde brillantes, de 15 cm lonxitude e 8 cm de largo, co baseamento cuñado e o ápice sagaz. Limbo de face superior verde e cara inferior máis pálida e pubescente. As flores de cor branca marfil, de 10–16 cm de diámetro, con 9 tépalos cóncavos, grosos. Aparecen antes que as follas, agomando cedo en toda a primavera, cunha intensa e agradábel fragrancia a limón, tornándose despois marróns, sen on hai xeadas. Froitos erectos, marróns, fusiformes, alongados, de 8–12 cm de lonxitude, as sementes son de cor vermella brillante. É semellante a outras magnolias que moran en solos ricos, húmidos, e protexidas de climas extremos, polo que a adaptación ás condición galegas é moi boa.[2][3]
Cultivo e usos
[editar | editar a fonte]Multiplícase por porbaixas. Atura ben o frío e necesita solos de tipo medio non alcalinos. Cultívase a pleno sol ou a media sombra. Utilízase en xardinaxe illado ou en grupos, destacando a súa floración antes de que aparezan as follas. Para un correcto desenvolvemento das árbores novas aconséllase unha fertilización a finais do inverno ou a comezos da primavera cando comezan a abrollar as follas.
A rega debe ser frecuente nos veráns, especialmente no sur de Galicia, evitando deixar secar completamente o substrato. Necesita gozar de moitas horas de luz solar directa ao día para un bo desenvolvemento, plantar nun lugar abeirado, aínda que atura ben as xeadas.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Magnolia yulan' Desf. [1809]
- Magnolia precia Loisel.
- Magnolia conspicua Salisb.[4]
- Gwillimia yulan (Desf.) Kostel.
- Lassonia heptapeta Buc'hoz
- Magnolia alexandrina Steud.
- Magnolia citriodora Steud.
- Magnolia conspicua Salisb.
- Magnolia conspicua var. purpurascens Rehder & E.H.Wilson
- Magnolia conspicua var. rosea Veits
- Magnolia cyathiformis Rinz ex K.Koch
- Magnolia denudata var. angustitepala T.B.Chao & Z.S.Chun
- Magnolia heptapeta (Buc'hoz) Dandy
- Magnolia obovata var. denudata (Desr.) DC.
- Magnolia precia Corrêa ex Vent.
- Magnolia purpurea var. denudata (Desr.) Loudon
- Magnolia spectabilis G.Nicholson
- Magnolia superba G.Nicholson
- Magnolia triumphans G.Nicholson
- Magnolia yulan Desf.
- Michelia yulan (Desf.) Kostel.
- Yulania conspicua (Salisb.) Spach
- Yulania denudata (Desr.) D.L.Fu
- Yulania pyriformis (T.D.Yang & T.C.Cui) D.L.Fu[5]
Notas =
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario da RAG Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ Este documento es una adaptación de la hoja ST-378, una serie del Departamento de Horticultura Ambiental, Servicio de Extensión Cooperativa de la Florida, Instituto de Alimentos y Ciencias Agrícolas de la Universidad de la Florida. Data de publicación: octubre de 1994.
- ↑ Edward F. Gilman, profesor asociado, Departamento de Horticultura Ambiental, Dennis G. Watson, profesor asociado, Ingeniería Agrícola Departamento de Servicio de Extensión Cooperativa, Instituto de Alimentos y Ciencias Agrícolas de la Universidad de Florida, Gainesville, FL 32611.
- ↑ Sinónimos en Tela botánica Arquivado 07 de maio de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Sinónimos en Catalogue of life
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Magnolia denudata |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Magnolia denudata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Russell, Tony & Catherine Cutler (Hermes House 2004) Trees, an Illustrated Identifier and Encyclopedia Aness Publishing.