Saltar ao contido

Bulmers (C&C)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Magners»)
A Bulmers Original é comercializada fóra de Irlanda como Magners.

Bulmers Original Vintage Cider é unha marca de sidra producida en Irlanda. Para diferenciala da H. P. Bulmer, a sidra inglesa do mesmo nome, fóra da república Irlandesa é vendida co nome de Magners Original Irish Cider.

A produción comercial de sidra foi iniciada en Clonmel (condado de Tipperary) en 1935, por William Magner, oriúndo desa vila[1]. Magner mercou unha horta a en Clonmel a Mr. Phelan, e axiña estableceu un negocio boiante. En 1937 uniuse ao produtor de sidra inglés H. P. Bulmer[2]. Dowds Lane, en Clonmel, foi a sede desta crecente empresa.

En 1949 Magner retirouse do negocio e o nome de Bulmers saíu adiante. Dado que H.P. Bulmer mantiña os dereitos internacionais da marca Bulmers, impediu que a compañía irlandesa exportase a marca.

En 1964 o nome da compañía mudou a Showerings (Ireland) Ltd, e axiña trasladou o centro de operacións a un novo complexo en Annerville, a cinco quilómetros do centro de Clonmel cara ao leste pola estrada N24 a Waterford, aberta en 1965 polo daquela Taoiseach, Seán Lemass.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

Hoxe en día Irish Bulmers Ltd. emprega a 470 persoas, sendo unha parte substancial da infraestrutura económica da comunidade de Clonmel. É propiedade de Cantrell and Cochrane (C&C)[3], unha das maiores compañías inglesas de bebida.

A marca Magners

[editar | editar a fonte]

O éxito da sidra Bulmers en Irlanda levou ao nacemento da sidra Magners. O concepto foi orixinalmente desenvolvido por Shane Whelan, que defendía que o aumento internacional dos pubs irlandeses creaba un mercado natural para unha bebida propia irlandesa como a Magnersxuño de 2010[Cómpre referencia]. A etiqueta é idéntica á da Bulmers, agás no nome.

O produto

[editar | editar a fonte]

O produto é feito de xeito similar tanto para os nomes Bulmers e Magners. Está dispoñible en botellas de 330 ml, pinta, 750 ml e litro, e en latas de 500 ml. Adóitase servir con xeo. Na maioría dos bares irlandeses tamén está dispoñible en barril (ao igual que a Magners nalgúns bares escoceses). Inicialmente só estaba á venda en España, Irlanda do Norte e Escocia, pero a marca viu aumentar a súa popularidade nos últimos anos, e xa está dispoñible no Reino Unido, Europa, Australia, Canadá[4] e os EUA[1].

Outras variedades

[editar | editar a fonte]

A comezos do 2007, Bulmers e Magners lanzaron a versión light, unha versión con menos calorías (92 por cada botella de 330 ml)[5].

En marzo de 2009 Bulmers lanzou o mercado unha sidra de pera[6]. En febreiro de 2010, Bulmers lanzou a Bulmers Berry, unha mestura de 17 variedades de mazá, similar á Bulmers orixinal, xunto con grosellas, framboesas e amorodos, cunha gradación alcohólica do 4,5 %. Está dispoñible en botellas de pinta e longneck, e latas de 500 ml nos ultramarinos[7].

Mercadotecnia

[editar | editar a fonte]

A actual campaña de televisión para Bulmers en Irlanda (imitada por Magners no mercado internacional) ten anuncios para cada estación do ano. Comezan cunha toma dun horto en condicións estacionais (barro e neve en inverno, luminoso e verde con ceos asollados en verán), e entón mostran como as persoas gozan coa bebida durante estas estacións (cun lume morno en inverno, no exterior no sol temperado no verán).

Beber a sidra con xeo reflicte o movemento cara cervexas frías e extra frías. O éxito de Magners levou á sidra líder no mercado do Reino Unido, a Scottish & Newcastle, á presentación da Sirrus, unha versión da súa sidra Strongbow producida especificamente para ser tomada con xeo. En 2006 relanzaron a Bulmers Orixinal no reino Unido[4].

A marca Magners é a patrocinadora do torneo de rugby da Magners League, patrocinando os equipos de Irlanda, Gales e Escocia. Magners patrocinou o Brighton Festival Fringe no 2007[4], e foi un dos principais patrocinadores do Edinburgh Festival Fringe do 2009, e é o principal sponsor do Glasgow International Comedy Festival.

  1. 1,0 1,1 Brankweek, 5 de xuño de 2000 (en inglés).
  2. "Cider Museum". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2007. Consultado o 02 de xuño de 2010. 
  3. "C&C". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2010. Consultado o 02 de xuño de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Independent". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2007. Consultado o 02 de xuño de 2010. 
  5. "Bulmers Light Irish Cider". Bulmers Official Website. 10 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2009. Consultado o 10 de abril de 2009. .
  6. "Bulmers Pear". Bulmers Official Website. 10 April 2009. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 10 April 2009. 
  7. "Bulmers Berry - An Undergrowth Movement" Arquivado 16 de maio de 2010 en Wayback Machine., nova en www.bulmers.ie, 24 de febreiro de 2010 (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]