Saltar ao contido

Mag Earwhig!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mag Earwhig!
Álbum de Guided by Voices
Publicado20 de maio de 1997
Gravación1997
Estudio(s)Cro-Magnon Studios, Dayton, Ohio
Duración45:52
Xénero(s)Alternative rock, progressive rock
Selo(s)Matador Records
ProdutorRobert Pollard, Doug Gillard, John Croslin, John Petkovic, Don Depew, Dave Swanson, Tobin Sprout, Jim Pollard, Mitch Mitchell, Joe Buben, Kevin Fennell, John Shough, Chad Stanisic
Cronoloxía
Tonics and Twisted Chasers
(1996)
Mag Earwhig! Do the Collapse
(1999)
Na rede
Discogs: 107441 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mag Earwhig! é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Guided by Voices, publicado o 20 de maio de 1997 a través do selo Matador Records.[1] Tras a disolución da formación "clásica" do grupo, o líder Robert Pollard recrutou á banda de Cleveland Cobra Verde como a súa banda de apoio mantendo o nome de Guided by Voices. Foi o segundo lanzamento en contar co futuro colaborador habitual Doug Gillard. Gillard tocara e co-compuxera anteriormente o tema "Mice Feel Nice (In My Room)" do EP Tigerbomb. A meirande parte de Mag Earwhig! gravouse nun estudio profesional en Cleveland coa nova formación, e marcou un afastamento do típico son lo-fi do grupo; tamén se gravaron cancións adicionais en Dayton, Ohio.

O álbum toca elementos do hard rock e do rock progresivo en temas como "Portable Men's Society" e "Little Lines", xunto con temas típicos lo-fi máis curtos.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Robert Pollard, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Can't Hear the Revolution"    1:36
2. "Sad If I Lost It"    3:10
3. "I Am a Tree"  Doug Gillard 4:40
4. "The Old Grunt"    1:28
5. "Bulldog Skin"    2:59
6. "Are You Faster?"  Jim Pollard, R. Pollard, Tobin Sprout 1:13
7. "I Am Produced"  R. Pollard, Sprout 1:06
8. "Knock 'Em Flyin"    1:52
9. "Not Behind the Fighter Jet"    2:13
10. "Choking Tara"    1:24
11. "Hollow Cheek"    0:32
12. "Portable Men's Society"    4:16
13. "Little Lines"    2:02
14. "Learning to Hunt"    2:24
15. "The Finest Joke Is Upon Us"    3:08
16. "Mag Earwhig!"    0:39
17. "Now to War"    2:44
18. "Jane of the Waking Universe"    2:25
19. "The Colossus Crawls West"    2:13
20. "Mute Superstar"    1:24
21. "Bomb in the Bee-Hive"    2:03
  1. "Mag Earwhig! - Guided by Voices". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-22.