Saltar ao contido

Madrygal. Revista de estudios gallegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Madrygal. Revista de estudios gallegos
PaísEspaña
LugarMadrid
Lingualingua galega e lingua castelá
Primeira edición1998
EditorialServicio de Publicaciones de la Universidad Complutense de Madrid
Circulación
ISSN1138-9664
Na rede
http://revistas.ucm.es/index.php/MADR
Dialnet: 907
editar datos en Wikidata ]

Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, é unha revista plurilingüe que se publica en Madrid dende 1998.

Apareceu en 1998 por iniciativa do Departamento de Filoloxía Románica, Eslava e Lingüística Xeral da Universidade Complutense de Madrid, co obxectivo de contribuír á consolidación, desenvolvemento e difusión da lingua, literatura e cultura galegas dende fóra de Galicia e máis alá do seu ámbito educativo, filolóxico ou político. A publicación leva no título as iniciais de Madrid e Galicia como punto de partida para establecer un diálogo transfronteirizo, especialmente condensado nas áreas iberorrománica e hispanoamericana.[1]

Conta coa seccións Artigos, Crónica, Creación, Traducción, Entrevista e Recensións.[1]

Está subvencionada pola Dirección Xeral de Política Lingüística. A primeira directora foi María Josefa Postigo Aldeamil ata o número 4, cando pasou a compartir este cargo con Carmen Mejía Ruiz, anteriormente subdirectora e a partir do número 7 a súa única directora. Alonso Zamora Vicente figura como director honorífico.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 GEG.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]