Saltar ao contido

Nivel macroscópico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Macroscópico»)
Estrutura da materia segundo a escala: á esquerda, nivel macroscópico; no centro e á dereita niveis microscópico/nanoscópico.

Na física, o nivel macroscópico[1][2] ou escala macroscópica é o nivel de descrición no que a posición particular ou estado físico das partículas que compoñen un corpo pode ser resumida nunha ecuación de estado que inclúe só magnitudes extensas (volume, lonxitude, masa) e magnitudes intensivas (presión, temperatura). Normalmente, debido ao gran tamaño do sistema poden desprezarse os efectos cuánticos e pode usarse a física estatística e as leis de Newton como unha boa aproximación.[3]

Ademais, a enerxía total do sistema pode ser considerada como unha magnitude continua, no canto de como unha magnitude cuantizada. Estendendo a definición, fálase de obxecto ou fenómeno macroscópico cando as dimensións xeométricas ou a cantidade física supera un determinado tamaño. Normalmente, todos os obxectos que se poden enxergar a ollo nu ou simple vista son para todos os efectos macroscópicos, ao contrario dos obxectos e fenómenos microscópicos non visibles a simple vista e onde a mecánica cuántica pode desempeñar un papel importante na súa descrición.[4]

  1. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-08-19. 
  2. "Dicionario; macroscópico". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-19. 
  3. "Nivel_macroscópico". www.quimica.es. Consultado o 2022-08-19. 
  4. "Física quântica a olho nu" (en portugués). Consultado o 2022-08-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]