Mars Polar Lander
Mars Polar Lander | |
---|---|
Representación artística de Mars Polar Lander na superficie de Marte. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Perdida na superficie marciana.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 3 de xaneiro de 1999, 20:21 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 7425[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro espacial de Cabo Cañaveral, rampla de lanzamiento 17B[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo de Marte.[1][2] |
NSSDC ID | 1999-001A |
Masa | 290,0 kg[1] |
Potencia | 200 W[1] |
Mars Polar Lander, tamén coñecida polo seu acrónimo MPL, foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 3 de xaneiro de 1999 mediante un foguete Delta 7925 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte desde a superficie. O contacto coa sonda perdeuse pouco antes da súa aterraxe.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Mars Polar Lander foi parte do proxecto Mars Surveyor '98, que consistía nun orbitador (Mars Surveyor '98 Orbiter, logo coñecido como Mars Climate Orbiter) e nun aterrizador (Mars Surveyor '98 Lander, a propia Mars Polar Lander). O proxecto pretendía estudar a meteoroloxía marciana e o ciclo da auga e do dióxido de carbono en Marte.[1][2][3]
Mars Polar Lander debería ter aterrizado na zona polar sur do planeta, a menos de 1000 km do polo e cerca da capa polar de dióxido de carbono. A telemetría da nave perdeuse pouco antes da entrada atmosférica, o 3 de decembro de 1999, por causas descoñecidas, e xamais foi recuperada. Mars Polar Lander levaba acaroadas dúas pequenas subsondas, denominadas conxuntamente Deep Space 2, que deberían ter sido exectadas durante o descenso e penetrado na superficie marciana para recoller datos científicos, e que tampouco se comunicaron coa Terra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 NASA (1 de xullo de 2013). "Mars Polar Lander" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2011). "Mars Polar Lander" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mars Polar Lander (MPL)" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013.
- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS POLAR LANDER" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013.
- ↑ "Note verbale dated 17 June 1999 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-86422). 21 de xullo de 1999: 5. Consultado o 16 de agosto de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Mars Polar Lander (MPL)" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mars Polar Lander |