Músico de sesión
Un músico de sesión é un músico dispoñible para ser contratado, a diferenza dos que son membros permanentes dun grupo ou que se fixeron famosos. Aínda que o termo xeralmente refírese a músicos con experiencia en estilos de música contemporáneos como o rock, jazz, country ou pop, tamén se pode usar para describir a músicos de estilos máis tradicionais.
Aínda que os termos "músico de sesión" e "músico de estudio" úsanse indistintamente, o último xeralmente reservase para aqueles que traballan exclusivamente en estudios de gravación, ás veces para un único estudio ou selo discográfico.
A versatilidade é unha das características do músico de sesión. A maioría dos músicos de sesión teñen que ser capaces de traballar en distintos equipos, dándose a miúdo o caso de que non se coñecen uns a outros e proceden de distintas contornas.
Os músicos de sesión son utilizados en calquera situación na que se requiren habilidades musicais a curto prazo, desde unhas horas ata moitos meses. Exemplos típicos da utilización de músicos de sesión son:
- Nun estudio de gravación, proporcionando acompañamento para anuncios e música de películas, e programas de televisión.
- Para proporcionar acompañamento instrumental ou vocal a artistas ou grupos consolidados, tanto no estudio como en directo.
- Para actuar como substitutos temporais de membros dun grupo.
- Para proporcionar instrumentos ou voces adicionais cando un grupo os require.
- En grupos de teatro.