Saltar ao contido

Música clásica

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Música erudita»)

Montaxe con algúns dos compositores de música clásica máis coñecidos. De esquerda a dereita:
Primeira fila: Antonio Vivaldi, Johann Sebastian Bach, Georg Friedrich Händel, Wolfgang Amadeus Mozart, Ludwig van Beethoven.
Segunda fila: Gioachino Rossini, Felix Mendelssohn, Frédéric Chopin, Richard Wagner, Giuseppe Verdi.
Terceira fila: Johann Strauss II, Johannes Brahms, Georges Bizet, Petr Ilich Chaikovskii, Antonín Dvořák.
Cuarta fila: Edvard Grieg, Edward Elgar, Serguéi Rakhmáninov, George Gershwin, Aram Khachaturian.
Isto é un artigo sobre a música académica europea da época neoclásica (1750-1800)
para ir á sección da música culta europea (mal chamada "música clásica") siga a ligazón: música académica.

O clasicismo musical comeza aproximadamente en 1750 (morte de Johann Sebastian Bach) e remata en 1827 aproximadamente (morte de Beethoven).

A música clásica propiamente dita coincide coa época chamada neoclasicismo (que noutras artes consiste no redescubrimento e copia dos clásicos da arte grecorromana, que era considerada tradicional ou ideal: clásica). Na música non existiu un clasicismo orixinal (xa que non quedara escrita ningunha da música da época grega ou romana).

A era clásica

[editar | editar a fonte]

Era Clásica é o período de música artística occidental decorrido entre 1760/70 e 1800 caracterizada pola claridade, simetría e equilibrio. Os compositores máis coñecidos do período clásico son Joseph Haydn (1732-1809), Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791).

Na historia da música occidental, o estilo que se desenvolveu durante os anos precedentes (1720/30 - 1770) coñécese por "preclásico" ou estilo de "mediados do século". O gusto musical alterouse profundamente como aconteceu coas artes visuais, pois, coma nestas, se revelou unha preferencia polo equilibrio e pola claridade da estrutura. Nun inicio, a composición musical pasou dun estilo ornado, propio do período Barroco, a un estilo popular de extrema simplicidade. Os compositores deste período crearon obras que transparentaban claridade e accesibilidade por riba de todo; en verdade reaccionaban contra o denso estilo polifónico do período anterior. Estas características atópanse nas sinfonías de compositores como Giovanni Battista Sammartini (1700/01-1775) e Johann Stamitz (1717-1757). Estes trazos de claridade e simplicidade, xuntamente cunha elaboración sistemática de ideas, unha aproximación universal á expresión musical e unha preocupación polo equilibrio entre estrutura e expresión, forman a base do estilo clásico.

Aínda que moitos compositores teñan vivido e composto durante o Período Clásico, as tres maiores figuras son Franz Joseph Haydn (1732-1809), Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791) e Ludwig van Beethoven (1770-1827). Cada un contribuíu significativamente á sinfonía, á sonata para piano, á música de cámara, ao cuarteto de cordas e á música eclesiástica. Todos utilizaron a forma da sonata, que constitúe a cerna do período clásico. A estrutura da sonata clásica, dependendo primeiro e principalmente do movemento harmónico, foi a forma predominante nunha vasta serie de primeiros movementos de sinfonías, sonatas e obras de cámara; mais foi tamén utilizada en movementos lentos e conclusivos dos xéneros mencionados, en movementos de gran magnitude, en aberturas e nalgunhas partes de óperas. Neste último campo, Haydn e Mozart escribiron obras que foron ben recibidos pola audiencia de entón.

Os historiadores terían inserido facilmente a Haydn e a Mozart no Período Clásico. A vida de ambos encaixa nitidamente no período en cuestión; alén diso, neles atópase unha exploración preliminar do estilo dos mediados do século, que despois se converte nun estilo máis persoal e totalmente desenvolvido, traendo consigo os trazos esperados dun compositor clásico. Beethoven é máis problemático porque a súa música abrangue os períodos clásico e romántico. As súas primeiras obras (ata cerca de 1802) insírense no estilo do período en cuestión. As últimas obras, cheas de drama, tensión, exploración harmónica e estrutural son mellor discutidas dentro do contexto do século XIX e o romanticismo.

Contexto histórico e social

[editar | editar a fonte]
Véxase Ilustración

Adóitase situar como o inicio do clasicismo musical o ano 1750, ano da morte de J.S Bach, se ben como adoita ocorrer en tódolos períodos da historia da música esta data é orientativa, e o paso ao novo estilo foi un fenómeno gradual ata a aceptación do mesmo. O certo é que o clasicismo musical nace aproximadamente na segunda metade do século XVIII, na última parte do Período da Ilustración, un movemento humanístico e secular por natureza que desafiou os sistemas estabelecidos de pensamento e comportamento, xa que salientaba a razón, a lóxica e o coñecemento. As liñas fundamentais do pensamento do século XVIII desenvólvense a partir do legado das conquistas realizadas no século anterior no campo das ciencias, as matemáticas e a filosofía. Logo das novas concepcións científicas sobre o universo e sobre Deus (valorábase máis a fe individual e a moralidade práctica que á Igrexa como institución) e a non aceptación das mesmas (proba desta non aceptación é a persecución sufrida por Galileo Galilei durante os últimos 28 anos da súa vida) durante o século XVII, nos primeiros anos do século XVIII as obras de René Descartes e Isaac Newton entre outros foron ben recibidas e aceptadas por unha sociedade cunha formación intelectual máis ampla. A crenza de que o individuo posuía dereitos desafiaba a autoridade do Estado, e aqueles que se baseaban na relixión, na superstición e no sobrenatural para manteren as posicións de poder, viron a súa autoridade cuestionada e eventualmente reducida. A crenza nos dereitos humanos e na irmandade sobrepóñense ao dereito divino dos reis, ata entón considerado innegable, xa que os privilexios de clase desaparecían ao recoñecer que tódolos homes eran iguais e ao adoptar a educación universal. Considerando este período como un gran punto de reviravolta, os filósofos e escritores promoveron a razón en detrimento do costume ou da tradición como a mellor guía da conduta humana. A Ilustración defendía o convencemento de que mediante a razón e o coñecemento se podían solucionar os problemas sociais e prácticos.

Houbo dous feitos históricos vencellados ao ideal do iluminismo determinantes nesta época, a revolución americana e a revolución francesa, que foron combatidas durante esta metade do século.

A transición do Barroco ao Clasicismo

[editar | editar a fonte]
Véxase estilo galante
Véxase empfindsamer stil

Aceptación do novo estilo

[editar | editar a fonte]

A transición ao Romanticismo

[editar | editar a fonte]

Características xerais

[editar | editar a fonte]

Considerando este período como un gran punto de reviravolta, os filósofos e escritores promoveron a razón en detrimento do costume ou da tradición como a mellor guía da conduta humana. Unha mudanza paralela ocorreu na música occidental durante a segunda metade do século XVIII. Denominado normalmente "período clásico", este período musical era caracterizado pola obxectividade (control, brillo e requinte), claridade, periodicidade (fraseoloxía regular) e equilibrio.

O clasicismo musical pode definirse como un intento por crear unha música formal e estrita nas proporcións e moderada na expresión. Os compositores deste período, querendo apartarse de todo subxectivismo, trataron de crear unha orde perfecta e disciplinado baseado na beleza pura, a razón e a estrutura.

No que respecta á harmonía non houbo trocos substanciais, xa que as principais regras harmónicas viñan dadas xa dende o Barroco. Non obstante, foi na textura onde atopamos máis diferenzas respecto do período anterior, empregándose un estilo máis puro e equilibrado que se traduciu nunha menor complexidade; pasando do uso do baixo continuo e de formas imitativas como a fuga e o canon do Barroco a unha textura de melodía acompañada e en ocasións homofonía ou polifonía vertical, mais sen esquecer de todo o contrapunto (especialmente ao final). O elemento máis característico da textura da música clásica foi o xurdimento do baixo Alberti (unha forma de acompañamento na que se van despregando os acordes).

Exemplo de baixo Alberti na Sonata para piano K.545 de Mozart

Nesta época toma especial importancia a forma, definíndose as estruturas nas que se baseou a música culta occidental posteriormente, destacando a forma sonata, que se desenvolveu ata converterse na forma máis importante. Destacou tamén neste período a importancia que se lle deu á música instrumental, principalmente as sonatas a solo ou a dúo, os cuartetos de corda, a sinfonía e o concerto, así como outras (serenatas ou divertimentos).

Nesta época ampliouse a orquestra en número e rexistros, caendo en desuso o basso continuo e pasando os instrumentos de vento madeira a formar unha familia a parte. Ademais, o clavicémbalo foi substituído como instrumento solista polo fortepiano.

Cronoloxía dos compositores de música clásica do século XX

[editar | editar a fonte]
George BenjaminJames MacMillan (musician)Kaija SaariahoTristan MurailJohn Coolidge AdamsPaul LanskyBrian FerneyhoughHoratiu RadulescuPhilip GlassSteve ReichHelmut LachenmannLa Monte YoungGiya KancheliArvo PärtTerry RileyPeter Maxwell DaviesHarrison BirtwistleAlfred SchnittkeHenryk GóreckiKrzysztof PendereckiPer NorgardMauricio KagelSofia GubaidulinaToru TakemitsuGeorge CrumbEnnio MorriconeEinojuhani RautavaaraKarlheinz StockhausenJean BarraquéPierre HenryHans Werner HenzeGyörgy KurtágMorton FeldmanLuciano BerioPierre BoulezGyörgy LigetiLukas FossIannis XenakisBruno MadernaGalina UstvolskayaLeonard BernsteinMilton BabbittHenri DutilleuxWitold LutoslawskiBenjamin BrittenConlon NancarrowJohn CagePierre SchaefferSamuel BarberElliott CarterOlivier MessiaenDmitri ShostakovichGiacinto ScelsiMichael TippettLuigi DallapiccolaAram KhachaturianHarry PartchAaron CoplandSilvestre RevueltasFrancis PoulencGeorge GershwinVirgil ThomsonHoward HansonCarl OrffPaul HindemithAlois HábaDarius MilhaudKaikhosru Shapurji SorabjiArthur HoneggerSergei ProkofievBohuslav MartinuHeitor Villa-LobosLuigi RussoloAlban BergEdgar VarèseAnton von WebernArnold BaxIgor StravinskyZoltan KodályKarol SzymanowskiGeorges EnescuBéla BartókErnest Bloch


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Prieto Diéguez, Beatriz (2001). A música clásica. Santiago de Compostela. Edicións Lóstrego. ISBN 84-931301-9-2. 
  • Grout, Donald J. & Palisca, Claude V. (1996). Historia de la música occidental (vol.2). Madrid (edición en castelán). Alianza Música. ISBN 84-206-7893-7. 
  • Downs, Philip G. (1998). La Música Clásica: La era de Haydn, Mozart y Beethoven. Madrid (edición en castelán). Editorial: Akal. ISBN 84-460-0734-7. 
  • Varios (1992). El libro de la música. Barcelona. Parramón Ediciones, S.A. ISBN 84-342-0150-X.