Mósquidos
Mósquidos Moschidae Cervos almiscreiros | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Moschus moschiferus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
A dos mósquidos (Moschidae) é unha familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes coñecidos vulgarmente como cervos almiscreiros.
A familia está conformada por un só xénero, Moschus, que á súa vez integra a sete especies.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Os mósquidos son parentes primitivos dos cérvidos (Cervidae), dos que se diferencian por careceren de hastas e por posuíren, os machos, unha glándula caudal que segrega almiscre.
Esta substancia odorífera, segregada no período de celo, acumúlase nunha bolsa situada no abdome.
Cada macho de máis de tres anos produce uns 30 g de almiscre.
Os dentes cairos superiores dos machos son moi grandes e curvados, e están dirixidos cara a abaixo e cara ao exterior da boca.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Os cervos almiscreiros, todos asiáticos vivem principalmente en hábitats boscosos e matogueiras alpinas nas montañas do sur de Asia. Antigamente distribuíanse pola India, Paquistán, Tíbet, Siberia, Mongolia e a China.
Pero na actualidade estes animais encóntranse tan só en Siberia, no Himalaia e no Tíbet.[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1821 polo naturalista británico John Edward Gray (1800-1865).
Está integrada por varias especies, todas do xénero Moschus. A taxonomía á variábel segundo os autores.
Especies
[editar | editar a fonte]A maioría dos autores recoñecen as seguintes sete especies:[1][3]
- Moschus anhuiensis
- Moschus berezovskii
- Moschus chrysogaster
- Moschus cupreus
- Moschus fuscus
- Moschus leucogaster
- Moschus moschiferus
Ao bordo da extinción
[editar | editar a fonte]Os cervos almiscreiros están ameazados de extinción porque os machos foron cazados (e aínda son hixe) para beneficiar o almiscre, substancia que se usa en perfumaría e, ademais, moi empregado na medicina tradicional chinesa.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mósquidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mósquidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ellis, Richard (2005): Tiger Bone & Rhino Horn: The Destruction of Wildlife for Traditional Chinese Medicine. Washington, D.C.: Island Press. ISBN 978-1-55963-532-5. Resumo Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
- Guha S.; Goyal, S. P, & Kashyap, V. K. (2007): Molecular phylogeny of musk deer: a genomic view with mitochondrial 16S rRNA and cytochrome b gene. Mol Phylogenet Evol 42 (3): 585-97.
- Hassanin A. & Douzery, E. J. (2003): Molecular and morphological phylogenies of ruminantia and the alternative position of the moschidae. Syst Biol. 52 (2): 206-28.
- Jang, K. H. & Hwang, U. W. (2010): Mitochondrial genome of the Korean musk deer Moschus moschiferus (Artiodactyla, Ruminantia, Moschidae). Mitochondrial DNA 21 (3-4): 65-7.
- Qisen Yang, Xiuxiang Meng, Lin Xia & Zuojian Feng (2003): Conservation status and causes of decline of musk deer (Moschus spp.) in China. Biological Conservation 109: 333-342.
- Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.