Saltar ao contido

Mário Coluna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMário Coluna

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Mário Esteves Coluna Editar o valor en Wikidata
6 de agosto de 1935 Editar o valor en Wikidata
Maputo, Mozambique Editar o valor en Wikidata
Morte25 de febreiro de 2014 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Maputo, Mozambique Editar o valor en Wikidata
Ministro da Cultura, Juventude e Desportos de Moçambique (pt) Traducir
1994 – 1999 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesO Monstro Sagrado (el monstre sagrat) Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata - 1972 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1951–1954 Grupo Desportivo de Maputo
1954–1954 Clube de Desportos do Maxaquene
1954–1970 Sport Lisboa e Benfica 364(89)
1970–1972 Olympique Lyonnais 19(2)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1955–1968   Portugal 57(8)
Participou en
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm5511097 FIFA: 95842 Editar o valor en Wikidata

Mário Esteves Coluna, nado na illa da Inhaca o 6 de agosto de 1935 e finado en Maputo o 25 de febreiro de 2014, foi un futbolista portugués de orixe mozambicana, que xogaba principalmente como centrocampista central .

Desenvolveu case toda a súa carreira no Benfica, co que disputou 525 partidos oficiais e marcou 127 goles en 16 tempadas. Alcumado "O Monstro Sagrado", gañou 19 títulos co club lisboeta, entre eles dez ligas portuguesas e dúas Copas de Europa, en 1961 e 1962, marcando un gol en cada unha das dúas finais.

Foi 57 veces internacional coa selección portuguesa, coa que acadou o terceiro posto no Mundial de 1966. Está considerado como un dos mellores centrocampistas da súa xeración e un dos futbolistas portugueses máis talentosos de todos os tempos, así como un símbolo do deporte en Mozambique.[1][2] Foi durante anos capitán do Benfica e da selección de Portugal, e destacou pola súa capacidade de liderado, o seu comportamento tranquilo e a súa conduta respectuosa, así como por unha boa visión e lectura do xogo desde o medio campo, os pases en profundidade e uns feroces lanzamentos dende lonxe.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na illa da Inhaca, no Mozambique portugués, sendo fillo dun portugués e unha mozambicana. Foi descuberto polo Benfica mentres xogaba no Desportivo de Lourenço Marques, onde destacaba no baloncesto e o atletismo.[1] Foi incorporado ao club de Lisboa en 1954, e alí comezou xogando como interior, marcando 14 goles en 26 partidos na súa primeira tempada en Portugal, na que gañou o primeiro dos seus campionatos da Primeira Liga. Posteriormente foi reconvertido con éxito como centrocampista central ou centrocampista ofensivo polo adestrador Otto Glória, aproveitando a súa resistencia e forza, ás que sumaba os seus precisos e potentes disparos dende longa distancia e unhas boas habilidades técnicas.[3]

Xogou no Benfica durante 16 tempadas, ata 1970, sendo o capitán do equipo dende 1963, trala marcha do histórico goleador José Águas. Capitaneou o club ao longo de 328 partidos. Conquistou un total de 10 ligas, nunha das épocas de máis gloria da historia do club.

Gañou dúas Copas de Europa consecutivas co Benfica, nas tempadas 1960/61 e 1961/62, anotando un gol en ámbalas dúas finais. Na primeira delas, contra o FC Barcelona no estadio Wankdorf de Berna, anotou o gol da vitoria, o definitivo 3-2, ao superar cun disparo dende lonxe ao gardameta Ramallets. Na final do ano seguinte, fronte ao Real Madrid no Estadio Olímpico de Ámsterdam, marcou o gol que facía o 3-3 e ía tirar o penalti que supuxo o 4-3, pero Eusébio pediulle tiralo el.[1][4]

Disputou dúas veces a Copa Intercontinental, perdendo na primeira delas contra o Peñarol e na segunda contra o Santos de Pelé.[5][6] Acadou aínda unha terceira final consecutiva en 1963, xa como capitán do equipo, pero o partido, disputado no antigo estadio de Wembley, acabou con vitoria para o Milan. En 1965 disputou a súa cuarta final da Copa de Europa, enfrontándose ao Inter de Milán de Helenio Herrera en San Siro, nun encontro que acabou con vitoria italiana por 1-0.

Deixou o Benfica en 1970 e fichou polo Olympique de Lión, onde xogou unha tempada antes de regresar a Portugal para pechar a súa carreira no Estrela de Portalegre, no Alto Alentejo, actuando como xogador-adestrador.[2]

O 8 de decembro de 1970 o Benfica realizoulle unha homenaxe, nun encontro amigable fronte a unha selección da UEFA que contaba entre outros con Johan Cruyff, Dragan Džajić, Geoff Hurst, Bobby Moore, Uwe Seeler ou Luis Suárez.

Mário Coluna coa camiseta do Benfica en 1968.

Selección portuguesa

[editar | editar a fonte]

Foi 57 veces internacional coa selección de Portugal, marcando oito goles. A súa estrea produciuse nun amigable contra Escocia o 4 de maio de 1955, e o seu último partido internacional foi o 11 de decembro de 1968, nunha derrota por 4–2 contra Grecia, correspondente ás eliminatorias para a Copa do Mundo de 1970.

Capitaneou os Magriços en todos os partidos da Copa do Mundo de 1966, en Inglaterra, onde o equipo portugués acadou o terceiro posto.[1]

Trala retirada

[editar | editar a fonte]

Despois de que Mozambique se independizase de Portugal en 1975, Coluna ocupou o cargo de presidente da súa Federación de Fútbol. Tamén exerceu como ministro de Deportes do país entre 1994 a 1999.[7]

Morreu en Maputo o 25 de febreiro de 2014 aos 78 anos de idade, tras non poder superar unha infección pulmonar.[8]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Benfica


  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Coluna, Benfica’s midfield colossus". FIFA (en inglés). 9 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2015. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Morreu Mário Coluna, o "Monstro Sagrado" que apadrinhou Eusébio". Jornal de Notícias (en portugués). 25 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  3. "Morreu Mário Coluna, o grande capitão do Benfica europeu". Público (en portugués). 25 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  4. "Eusebio-inspired Benfica rock Real". FIFA (en inglés). 2 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 8 de maio de 2012. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  5. "Intercontinental Cup 1961". FIFA (en inglés). 7 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  6. "Extraordinary Pele crowns Santos in Lisbon". FIFA (en inglés). 11 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  7. "Portugal e Benfica de luto por Coluna". UEFA (en portugués). 25 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  8. "Morreu Mário Coluna". Record (en portugués). 25 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  9. "Luisão faz história e torna-se no jogador com mais títulos no Benfica" (en portugués). 5 de agosto de 2017. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]