Máis-menos
± |
---|
Máis-menos |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
O sinal máis-menos[1] (±) é un símbolo matemático empregado con distintos significados tamén noutros campos. Outro símbolo relacionado con este é o menos-máis (∓).
Historia
[editar | editar a fonte]Unha versión do signo, coa palabra francesa "ou", aparece nunha obra de Albert Girard de 1626 e o signo na forma moderna foi empregado por William Oughtred en Clavis Mathematicae, en 1631.[2]
Usos
[editar | editar a fonte]En Matemáticas indica que un número ou unha expresión pode tomar dous valores, un positivo e un negativo, como na solución da ecuación x2 = 1, que é x = ±1, é dicir, x = 1 ou x = –1.
Nalgúns casos emprégase para resumir dúas ecuacións, como na fórmula para resolver ecuacións de segundo grao: : que describe as dúas solucións da ecuación ax2 bx c = 0.
Do mesmo xeito as dúas fórmulas trigonométricas
poden resumirse con
En Estatística e outras ciencias experimentais indica o erro aleatorio ou erro nunha medida, no caso da estatística a miúdo o desvío estándar.
En xadrez o símbolo ± indica vantaxe para o xogador branco, mentres o símbolo ∓ representa vantaxe para o xogador negro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas. Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-369-1.
- ↑ Cajori, Florian (1928). Dover, ed. A History of Mathematical Notations, Volumes 1-2. p. 245. ISBN 9780486677668..