Lyona
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1979 (45 anos) Esparreguera, España |
Educación | Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña |
Actividade | |
Ocupación | ilustradora, deseñadora gráfica, deseñador de moda, cineasta, fotógrafa, directora de vídeos musicais |
Páxina web | http://lyona.cat/ |
Lyona ou Lyona Ivanova,[1] pseudónimo de Marta Puig,[2] nada en Esparreguera (Barcelona) o 1 de agosto de 1979, é unha ilustradora, deseñadora gráfica e de moda,[3] fotógrafa e artista multidisciplinar catalá, coñecida como directora de videoclips.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É Licenciada en Dirección de Cinema pola Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya. Realizou curtametraxes e videoclips para Love of Lesbian, The New Raemon, Lori Meyers, Sidonie, Mürfila, Maria Coma, Pau Vallvé, Anna Roig i L'ombre de ton chien, Amaral, Leiva e Zahara, entre outros, ademais de anuncios publicitarios.[2][4]
Como artista polifacética, ilustrou libros infantís e para adultos, dedicouse ao deseño gráfico de axendas, bolsos, camisetas e roupa de bebé, e é responsable das animacións e videoarte da obra de teatro La dona vinguda del futur.[5] Tamén debuxou viñetas sobre o sexo desde o punto de vista feminino.[3]
Lyona é moi activa nas redes sociais. Deuse a coñecer en Fotolog, a través do cal obtivo moitos encargos profesionais.[6][7]
Obras ilustradas
[editar | editar a fonte]- Jo mataré monstres per tu (2011) con Santi Balmes, Col·lecció Principal Infantil[1]
- Pintas mucho (2011) con Flavita Banana, Cristina Bueno e Monstruo Espagueti. Stendhal Books[3]
- Mis primeros primeros besos (2014) Col·lecció Principal de los Libros[1]
- La vida es corta y luego te mueres (2015) con Enric Pardo. Col·lecció Reservoir Gráfica
- Monsieur Gargot (2015) con Marcus. Col·lecció Principal Infantil
- Alyona (2016) Col·lecció Principal Infantil
- El libro de tu vida (2016) Col·lecció Principal Gráfica. Libro interactivo
- Martina y Anitram en el País de los Calcetines Perdidos (2017) con Santi Balmes, Col·lecció Principal Infantil
- Sex-oh! (2019). Random[1]
- La revolta de Santa Jordina (2019) con David Fernàndez. Àmsterdam Llibres[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Lyona: "Vaig descobrir com era el clítoris a través d'Instagram"". 3/10/2019.
- ↑ 2,0 2,1 "Lyona Ivanova: no tengo vergüenza de atreverme con cosas que no son lo mío". 14/11/2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Lyona: "El plaer de la dona ha estat sempre reprimit"". 2018-11-21.
- ↑ Procés creatiu, influències, etc a Harper's Bazaar (en castelán)
- ↑ "La dona vinguda del futur".
- ↑ Entrevistamos a Lyona: «Soy una adolescente de 35 años» (que ahora reparte primeros besos) Arquivado 18 de maio de 2022 en Wayback Machine. a MarvelCrowd (en castelán)
- ↑ "Records perduts a Fotobloc". 16/01/2016.
- ↑ Àmsterdam Llibres (ed.). "La revolta de Santa Jordina - Àmsterdam Llibres".