Lyctinae
Lyctinae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista dorsal de Lyctoxylon dentatum | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Tribos e xéneros | |||||||||||||||||||
Os Lyctinae son un grupo de setenta especies de escaravellos que atacan a madeira (trazas) que forman unha subfamilia.[1] Estes escaravellos forman parte da superfamilia Bostrichoidea. Aínda que a maioría dos escaravellos que furan a madeira teñen grandes protórax, estas especies non, o que fai que as súas cabezas sexan máis visibles desde arriba. Ademais disto, as súas antenas teñen mazas con dúas articulacións. Considéranse unha praga e atacan árbores de folla caduca, reducindo co tempo a súa madeira a po. Os danos que causan os escaravellos da familia dos Cerambycidae confúndense a miúdo cos que causan estes animais, pero os dous grupos non están relacionados. As larvas dos cerambícidos son brancas, rectas e xeralmente de cabezas achaiadas, mentres que as dos Bostrichidae son brancas e con forma de C.
Ciclo vital
[editar | editar a fonte]As larvas dos Lyctinae pasan meses ou anos dentro da madeira mentres se desenvolven, alimentándose principalmente do seu contido en amidón. A súa presenza só é aparente cando emerxen como adultos, deixando atrás aberturas do tamaño dun pequeno buratiño de 0,79 a 3,2 mm de diámetro, dependeno da especie.[2] Tamén poden deixar debaixo moreíñas de excrementos pulverulentos. Se as condicións da madeira son as correctas, a femia pode poñer ovos e reinfectar a madeira, continuando o ciclo durante xeracións.
Materiais que atacan
[editar | editar a fonte]Aliméntanse de árbores caducas, incluíndo algunhas de madera dura ou branda, segundo a especie. Algunhas de madeira dura son inmunes de forma natural se teñen un baixo contido en amidón ou se os seus diámetros de poro son demasiado pequenos para que o ovipositor da femia se poida meter para poñer os ovos.
Para preservar a madeira e previr a infestación por escaravellos pódese utilizar borato e unha fumigación frecuente das estruturas.
Tamén poden infestar ferramentas de madeira ou mangos, marcos, mobles, almacéns de armas, libros, xoguetes, bambú ou madeira para chans e estruturas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Allaby, Michael (1999). Lyctidae. A Dictionary of Zoology (Encyclopedia.com). Consultado o 6 de xullo de 2010.
- ↑ "Powderpost Beetles — Entomology — Penn State University". College of Agricultural Sciences. Pennsylvania State University. Consultado o 7 de xullo de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Borowski, Jerzy; Węgrzynowicz, Piotr (2012). The Powderpost Beetles of the World (Coleoptera: Bostrichidae): Keys for the Identification of Species, Volume 1. Mantis. ISBN 9788362860036.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lyctinae |
- Lyctinae en Fauna Europaea Arquivado 22 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- Powderpost Beetle Fact Sheet da National Pest Management Association con información sobre hábits, hábitat e prevención
- Pragas de museo incluíndo os lictinos Arquivado 11 de decembro de 2004 en Wayback Machine. no National Park Service.
- Powderpost beetles – The other, other wood destroying insects da Michigan State University Extension.
- [1][Ligazón morta] o efecto dos escaravellos nas estruturas de madeira.