Saltar ao contido

Lume (bioloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lume (anatomía)»)
Para o lume da combustión ver lume. Para a unidade física de fluxo luminoso ver lumen.
Sección do tubo dixestivo co lume no centro.
Anatomía dunha arteria.

En bioloxía e anatomía, o lume (do latín lūmen, abertura ou luz), tamén chamado luz, é o espazo interior dunha estrutura tubular ou cavidade, como o dunha arteria ou o do intestino.[1]

Por extensión, o lume pode ser tamén o espazo interno dun compoñente ou estrutura celular, como o retículo endoplasmático.

Moitos procedementos médicos realízanse accedendo polo lume dos vasos e órganos, como as endoscopias de estómago, vaxina, vexiga urinaria, colon etc. e certas operacións cirúrxicas como as anxioplastias e outras.

Diversos parasitos, como as lombrigas Ascaris, viven na luz dun órgano do seu hóspede.

  1. Stedman's Medical Dictionary, 24th ed.
  2. Adds, John; Erica Larkcom, Ruth Miller. Exchange and transport, energy and ecosystems. Nelson Advanced science (Nelson Thornes). p. 16. ISBN 0-7487-7487-4.