Luke Harangody
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1988 (36 anos) Decatur, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Andrean High School (en) Universidade de Notre Dame (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 114 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Boston Celtics | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Lucas Cameron "Luke" Harangody, nado o 2 de xaneiro de 1988 en Decatur, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,03 e xoga de ala-pivote.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante catro tempadas cos Fighting Irish da Universidade de Notre Dame, nos que fixo unha media de 19,2 puntos e 9,5 rebotes por partido.[1] Tendo en conta unicamente os 65 partidos disputados ante equipos do seu mesma conferencia, a Big East, é o único xogador da historia da mesma en facer máis de 20 puntos e 10 rebotes por encontro.[2]
Na súa primeira tempada tardou pouco en destacar, conseguindo o seu primeiro dobre-dobre ante Butler no seu segundo partido oficial, logrando 17 puntos e 10 rebotes.[3] Sería o primeiro dos sete que conseguiu ao longo da tempada, sendo titular en 16 dos 32 partidos, logrando a súa mellor actuación ante Marquette, conseguindo 22 puntos e 13 rebotes.
Na súa tempada sophomore fixo 20,4 puntos e 10,6 rebotes por partido, o que lle colocou como o máximo anotador e o segundo mellor reboteador da conferencia. Anotou 10 ou máis puntos en 32 dos 33 partidos disputados, logrando 29 dobre-dobres. A súa marca de anotación conseguiuno ante Louisville, con 40 puntos, aos que engadiu 12 rebotes e 4 asistencias. Ao termo da tempada foi elixido Xogador do Ano da Big East Conference, e incluído no segundo equipo do All-American.
Na súa terceira tempada volveu liderar a súa conferencia en anotación, con 23,2 puntos, e volveu ser segundo en rebotes, con 12,0 por partido. O seu mellor rexistro da tempada conseguiuno novamente ante Louisville, con 32 puntos, xunto co seu mellor marca reboteadora, 17 capturas. Foi novamente elixido no mellor quinteto da conferencia e no segundo quinteto do All-American. Xa na súa última tempada liderou ao seu equipo en anotación, con 21,8 puntos, e en rebotes, con 9,1. Conseguiu 20 ou máis puntos en 18 partidos. A súa actuación máis destacada foi ante Cincinnati, logrando 37 puntos e 14 rebotes.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipo | Partidos | Min. | %TC | %TL | Pts. | Reb. | Asts. | Rou. | Tap. | FP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006-07 | Notre Dame Fighting Irish | 45,9 | 81,6 | 52,7 | 11,2 | 6,2 | 1,2 | 0,9 | 0,5 | 2,6 | |
2007-08 | Notre Dame Fighting Irish | 50,0 | 76,3 | 63,0 | 20,4 | 10,6 | 1,7 | 0,8 | 0,9 | 2,6 | |
2008-09 | Notre Dame Fighting Irish | 45,9 | 77,7 | 63,0 | 23,3 | 11,8 | 2,1 | 0,9 | 0,9 | 2,3 | |
2009-10 | Notre Dame Fighting Irish | 48,1 | 78,7 | 67,2 | 21,8 | 9,1 | 1,6 | 0,5 | 0,7 | 2,3 |
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na quincuaxésimo segunda posición do Draft da NBA de 2010 por Boston Celtics,[4] con quen asinou en agosto un contrato por dúas tempadas.
O 30 de xullo de 2014, anunciouse a súa fichaxe por 2 anos co Valencia Basket da Liga ACB.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Estatísticas de Harangody en TDR
- ↑ "Luke Harangody And Tim Abromaitis Garner All-BIG EAST Conference Honors". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2011. Consultado o 26 de outubro de 2010.
- ↑ Butler Bulldogs vs. Notre Dame Fighting Irish - Box Score - November 13, 2006
- ↑ 2010 NBA Draft
- ↑ "Harangody heading to Valencia". Euroleague.net. 13 de xullo de 2014. Consultado o 13 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Ficha en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 12 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1988
- Nados en Illinois
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics
- Xogadores dos Boston Celtics
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores do UNICS Kazan
- Xogadores do Valencia BC
- Xogadores do Darüşşafaka SK
- Xogadores do Ratiopharm Ulm
- Xogadores do Joventut Badalona