Lukas Podolski
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (pl) Łukasz Józef Podolski 4 de xuño de 1985 (39 anos) Gliwice, Polonia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Igrexa católica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 83 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, escritor de non ficción | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Ekstraklasa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo e centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2010 | Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 2008 | Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2006 | Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Eurocopa de Fútbol Portugal 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pais | Waldemar Podolski e Krystyna Podolska | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | lukas-podolski.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Lukas Josef Podolski (pronunc. alemá: [ˈluːkas poˈdɔlski]), nado Łukasz Józef Podolski (pronunc. polaca: [ˈwukaʂ poˈdɔlski]) en Gliwice, Silesia, o 4 de xuño de 1985, é un futbolista internacional alemán, nado en Polonia, que xoga como dianteiro para o Arsenal FC da Premier League inglesa. Aínda que era seleccionable para xogar tanto na selección alemá como na polaca, Podolski elixiu xogar para Alemaña, sendo un dos xogadores da historia que máis veces vestiron a camisola da selección.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lukas Podolski naceu en Gliwice, na rexión polaca de Silesia. En 1987 a familia Podolski exerceu o dereito de asentarse en Alemaña que lles correspondía por ser os avós de Lukas cidadáns alemáns.
Köln
[editar | editar a fonte]Podolski comezou a xogar ao fútbol á idade de seis anos no equipo xuvenil do Bergheim. En 1995 incorporouse ao 1. FC Köln. Foi alí onde comezou Podolski a destacar por primeira vez. Con todo, no ano 2003, á idade de 18 anos, Podolski aínda formaba parte das divisións menores do club. Nese momento, o club atopábase nunha situación desesperada pois loitaban para salvarse do descenso na Bundesliga. O entón adestrador Marcel Koller, que traballaba cun orzamento moi reducido, convidou a Podolski a adestrar cos xogadores do primeiro equipo e fixo o seu debut na máxima categoría pouco tempo despois, o 22 de novembro de 2003. A pesar de que o Köln non puido evitar o descenso, Podolski fixo un bo papel, chegando a anotar 10 goles nos seus primeiros 19 partidos a nivel profesional. Esta foi a mellor cifra dun futbolista de 18 anos de idade na historia da Bundesliga.
Despois de ser chamado á selección de Alemaña para disputar a Eurocopa 2004, varios clubs interesáronse nel. Con todo, Podolski quedou no Colonia para axudar ao seu equipo a regresar á máxima categoría, obxectivo que lograron. Anotou 24 goles na 2. Bundesliga, converténdose no máximo goleador do torneo, ademais de anotar outro cinco tantos na Copa de Alemaña. Mesmo seguía sendo parte da selección alemá, a pesar de non xogar na Primeira División. Na tempada 2005-06, Podolski anotou 12 goles en 32 partidos de liga.
Bayern München
[editar | editar a fonte]En 2006, clubs como Liverpool, Bayern de Múnic, Hamburgo, Werder Bremen ou Real Madrid manifestaron o seu interese por Podolski, a pesar de que tiña contrato co Köln até 2007. O 1 de xuño de 2006, Podolski, anunciou que chegara a un acordo co Bayern de Múnic, uníndose ao equipo bávaro para a tempada 2006-07. Os detalles financeiros do acordo non se deron a coñecer nese momento, mais especúlase que a taxa de transferencia roldaba os 10 millóns de euros.[1] Fixo o seu debut na Bundesliga co Bayern o 11 de agosto de 2006 cunha vitoria por 2-0 ante o Borussia Dortmund.
O 9 de setembro de 2006, entrou na segunda metade dun xogo válido pola Copa de Alemaña contra o St. Pauli. Tan só 26 segundos despois de que comezase o segundo tempo anotou o empate, igualando o partido 1-1. O 14 de outubro, anotou o seu primeiro gol na Bundesliga co Bayern, axudando a asegurar a vitoria por 4-2 sobre o Hertha Berlín. O 26 de outubro, Podolski sufriu unha grave lesión no seu nocello dereito causada polo seu compañeiro de equipo, Mark van Bommel, durante unha sesión de adestramento. En consecuencia, Podolski estivo cinco semanas ausente. Volveu da súa lesión anotándolle ao Alemannia Aachen. Despois da contratación do italiano Luca Toni, Podolski tivo menos participación no equipo titular posto que o adestrador prefería a dupla Klose e Toni na dianteira. Despois dunha tempada pouco feliz no Bayern, volveu ao seu antigo club, o Köln, sendo presentado o 25 de xuño de 2009.[2]
Volta ao Köln
[editar | editar a fonte]Despois de que o seleccionador alemán Joachim Löw lle asegurase a Podolski que o seu retorno ao Colonia non prexudicaría as súas posibilidades de ser convocado á selección, o Bayern de Múnic e o Colonia asinaron o acordo do traspaso o 20 de xaneiro de 2009, aínda que o seu retorno a Colonia non sería efectivo até o comezo da seguinte tempada. O 1 de xullo, Podolski volveu a Colonia cun contrato de catro anos taxándose traspaso en aproximadamente de 10 millóns de euros, o mesmo queo Bayern pagara no seu momento polo xogador de orixe polaca. O Colonia creou un sitio web onde a xente podía comprar os píxeis dunha imaxe de Lukas Podolski por 25 euros o cadrado de 8x8 píxeles, co fin de reunir 1 millón de euros para reducir o custo do traspaso.
No seu regreso, Podolski tivo unha pobre primeira tempada no Colonia, anotando só tres tantos en toda a tempada. Un dos seus goles con todo, foi ante o seu antigo club para salvar un empate. Na tempada 2010-11, Podolski anotou o seu gol 50 na Bundesliga no partido contra o Hannover 96 en marzo de 2011. Nesa campaña, Podolski marcou trece goles e proveu sete asistencias. O 29 de xaneiro de 2012, Podolski sufriu unha lesión que lle mantivo de baixa durante aproximadamente un mes. A tempada 2011-12 foi a súa última campaña no Colonia. A pesar de que o club descendeu, foi un dos mellores goleadores do torneo, anotando 18 goles en 29 partidos de Liga.
Arsenal
[editar | editar a fonte]O 7 de marzo de 2012 Podolski fichou polo Arsenal de Inglaterra a cambio de 13 millóns de euros, asinando un contrato por 4 anos. Debutou o 12 de agosto nun amigábel contra o seu exequipo, o Colonia, anotando en dúas ocasións. Debutou oficialmente na primeira xornada da Premier League 2012-13 ante o Sunderland; porén, o Arsenal non puido pasar do empate sen goles. Na terceira data fronte o Liverpool en Anfield, anotou o seu primeiro tanto oficial co Arsenal, definindo tras un pase de Santi Cazorla.[3] Ante o Southampton, na cuarta xornada, anotou de tiro libre o seu segundo gol no club.[4]
O 18 de setembro de 2012, marcou o seu primeiro gol na Liga de Campións no triunfo do Arsenal 2-1 como visitante contra Montpellier. No segundo partido do Arsenal na liga de Campións, Podolski anotou de novo esta vez ao campión grego Olympiacos 3-1 o 3 de outubro. Podolski despois anotou o seu primeiro gol en máis dun mes contra o Fulham nun empate 3-3. O 17 de novembro, Podolski anotou o seu cuarto gol da liga no Derbi do Norte de Londres contra o Tottenham nunha vitoria do Arsenal por 5-2. Podolski xogou un papel fundamental no 5-2 fóra da casa contra o Reading no Estadio Madejski, ao meter o primeiro gol e asistir a 2 máis, axudando ao seu compañeiro Santi Cazorla a anotar o seu primeiro 'hat-trick'.
O 30 de decembro de 2012, Podolski xogou unha parte integral do equipo que venceu a Newcastle United por 7-3. A súa primeira contribución foi unha xogada de Theo Walcott do primeiro gol do Arsenal. Ademais, debido ao erro do Newcastle ao despexar o balón da súa liña, Podolski abalanzouse a cabecear para así marcar o seu último gol de 2012. Foi substituído por Aaron Ramsey nunha ovación de pé. O 23 de xaneiro de 2013, Podolski volveu ter unha destacable actuación co Arsenal na vitoria contra o West Ham United por 5-1, anotando un gol e a creación doutro tres. O 2 de febreiro de 2013, Podolski marcou o único gol por medio dun tiro libre desviado nunha vitoria por 1-0 sobre o Stoke City. O 13 de abril, Podolski selou a vitoria por 3-1 sobre Norwich City ao anotar o seu primeiro gol desde febreiro. Despois de tres partidos de suspensión a Olivier Giroud, Podolski comezou a xogar como dianteiro centro, empezando polo empate 1-1 contra o Manchester United. Podolski logo anotou dúas veces nunha vitoria por 4-1 sobre o Wigan Athletic, o que resultou no descenso do Wigan da Premier League. Podolski terminou a súa primeira tempada no Arsenal, cun total de 16 goles e 11 asistencias.
O 24 de agosto de 2013, Podolski anotou os seus primeiros dous goles da tempada 2013-14, Con todo, sufriu unha lesión no play-off da Champions League contra o Fenerbahçe que o afastou case catro meses dos terreos de xogo. O 26 de decembro, Podolski volveu ao campo anotando o seu terceiro tanto no seu terceiro partido de liga, fronte ao West Ham United.
Títulos
[editar | editar a fonte]Club
[editar | editar a fonte]- Köln
- 2. Bundesliga: 2004–05
- Bayern Munich
- Bundesliga: 2007–08
- DFB-Pokal: 2007–08
- DFB-Ligapokal: 2007
- Arsenal
- FA Cup: 2013–14
Selección
[editar | editar a fonte]- Alemaña
- Copa do Mundo da FIFA 3º Lugar: 2006, 2010
- Eurocopa da UEFA 2º Lugar: 2008
Individual
[editar | editar a fonte]- Mellor Xogador Novo da Copa do Mundo: 2006
- Xogador do partido no Copa do Mundo de 2010: contra Australia (fase de grupos)
- Equipo ideal da UEFA Euro 2008
- Bota de Prata da UEFA Euro 2008
- Xogador do partido no UEFA Euro 2012: contra Dinamarca (fase de grupos)
- Silbernes Lorbeerblatt (2): 2006, 2010
- Segundo máximo goleador da Bundesliga: 2005
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Mundo, ed. (7 de maio de 2006). "Podolski jugará para el Bayern Múnich" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2014.
- ↑ López, José David (26 de xuño de 2009). goal.com, ed. "Mercado: Podolski abandona el Bayern y vuelve al Colonia" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2014.
- ↑ Clarke, Richard (2 de setembro de 2012). arsenal.com, ed. "Liverpool 0-2 Arsenal" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2014.
- ↑ Clarke, Richard (15 de setembro de 2012). arsenal.com, ed. "Arsenal 6-1 Southampton" (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial
- Perfil en Transfermarkt (en inglés)
- Perfil no sitio web oficial da FIFA Arquivado 12 de agosto de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Dianteiros de fútbol
- Futbolistas de Alemaña
- Futbolistas de Polonia
- Xogadores do 1. FC Köln
- Xogadores do FC Bayern München
- Xogadores do Arsenal FC
- Xogadores da selección de fútbol de Alemaña
- Nados en 1985
- Nados en Gliwice
- Xogadores do Inter de Milán
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores do Mundial