Luis Moure Mariño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Escairón, España |
Morte | 6 de novembro de 1999 (83/84 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Irmáns | Pablo Moure Mariño |
Premios | |
| |
Luis Moure Mariño ou Luis Moure-Mariño, nado en Escairón (O Saviñao) en 1915 e finado na Coruña o 6 de novembro de 1999,[1] foi un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudante de Dereito en Madrid, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Moure Mariño militaba na Falange[2] e incorporouse como propagandista do bando franquista, colaborando en Azul. Despois desprazouse a Burgos, onde Franco montou a capital dos sublevados. Ao remate da guerra seguiu estudando dereito, pero continuou tamén os seus labores como xornalista. Foi profesor axudante de dereito político en Madrid ata que regresou a Galicia como notario.
De ideoloxía conservadora, colaborou en numerosos xornais galegos como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Tamén foi cronista oficial da vila de Monforte desde 1997.[3]
En 1990 foi condecorado coa medalla Castelao.
Obra
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]Como escritor publicou a maior parte da súa obra en castelán: ensaios como Perfil humano de Franco (1938), Galicia en la guerra (1939), La desigualdad humana (1983), La generación del 36: Memorias de Salamanca y Burgos (1989), Ultimas cartas de amor (1992), novelas como Fantasías reales: memorias de un protocolo (1961), traducido ao galego en 1983 como Fantasías reais : almas dun protocolo, e relatos como La corona de fuego y otras historias (1991).
En galego
[editar | editar a fonte]En 1970 publicou o seu primeiro libro en galego, Sempre matinando ao que seguiron en 1980 Arredor da lareira (Ediciós do Castro) e en 1990 Un feixe de contos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O seu irmán, Pablo Moure Mariño, foi deputado no Parlamento de Galicia entre 1981 e 1985.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://vello.vieiros.com/gterra/antiga.php?Ed=7&id=4643[Ligazón morta]
- ↑ Núñez Seixas, Xosé Manoel. ¿Fuera el invasor!, Marcial Pons, 2006
- ↑ Troyano Viedma, José Manuel. "Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)". Real Asociación Española de Cronistas Oficiales (en castelán).Troyano Viedma&rft.genre=unknown&rft.jtitle=Real Asociación Española de Cronistas Oficiales&rft_id=https://www.cronistasoficiales.com/?p=110144&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
Predecesor: José Luis Balado Pérez |
Cronista de Monforte de Lemos 1997 - 1999 |
Sucesor: Margarita Rodríguez Otero |