Saltar ao contido

Luis María de la Torre y de la Hoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis María de la Torre de la Hoz»)
Modelo:BiografíaLuis María de la Torre y de la Hoz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1827 Editar o valor en Wikidata
Ánaz, España (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 1901 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Ministro
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador do Reino
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1520277

Luís María de la Torre y de la Hoz Quintanilla y Vega, nado en Anaz (Cantabria), o 24 de maio de 1827 e finado en Madrid o 3 de marzo de 1901,[1] foi un avogado e político español. Durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena foi ministro de Graza e Xustiza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1849, despois de estudar no Real Seminario de Nobres e no Colexio Borbón de París, obtivo en 1849 o seu doutoramento en Dereito pola Universidade Central de Madrid.

Foi membro do Congreso dos Deputados dende 1858 polo distrito de Segovia até retirarse da política activa coa Revolución de 1868. Posteriormente, na Restauración, retornou á política co Partido Conservador nas eleccións de 1876,[2] nas que volveu saír deputado por Segovia, aínda que renunciou para ser elixido senador vitalicio en 1877.[3]

Cargos políticos

[editar | editar a fonte]

En 1891-1893 e 1896-1898 foi vicepresidente do Congreso dos Deputados, e de marzo a outubro de 1899 foi gobernador do Banco de España. Foi ministro de Graza e Xustiza entre o 24 de outubro de 1899 e 18 de abril de 1900 nun gabinete de Silvela. Tamén foi director xeral de rexistros.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1875, recibiu o título de Conde de Torreanaz. Foi membro da Orde de Calatrava,[4] e cabaleiro mestre da Real Maestranza de Cabalería de Ronda. Foi académico da Real Academia de Ciencias Morales e Políticas e da Academia de Xurisprudencia e Lexislación.[1]

Necrolóxica de Luis María de la Torre y de la Hoz
  • Los antiguos gremios (Madrid, 1866)[5]
  • Les Conseils d'Etat (París, 1873).
  • Los Consejos del Rey en la Edad Media (Madrid, 1884 e 1892)


Predecesor:
Manuel de Eguilior y Llaguno
 Gobernador do Banco de España
 
marzo 1899 - outubro 1899
Sucesor:
Antonio María Fabié
Predecesor:
Manuel Durán y Bas
 Ministerio de Graza e Xustiza
 
24 de outubro de 1899 - 18 de abril de 1900
Sucesor:
Francisco González de Castejón y Elío
  1. 1,0 1,1 "Torre y de la Hoz Quintanilla y Vega, Antonio Manuel Luis María de la". escritorescantabros.com (en castelán). Consultado o 12-2-2020. 
  2. Ficha do Senado
  3. "Ficha do Congreso dos Deputados". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de agosto de 2021. 
  4. Alonso de Cadenas y López, Ampelio (1990). Caballeros de las órdenes de Santiago, Calatrava, Alcántara y Montesa que ostentaron un título nobiliario (s. XIX) (en castelán). Madrid: Hidalguía. p. 68. ISBN 84-87204-19-8. 
  5. "Los antiguos gremios". cervantesvirtual.com (en castelán). Consultado o 12-2-2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]