Luís Cornide Quiroga
Nome orixinal | (es) Luis Cornide Quiroga |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1884 Monforte de Lemos, España |
Morte | 6 de novembro de 1946 (61/62 anos) Madrid, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
29 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
14 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Presidente do Deportivo da Coruña | |
2 de marzo de 1906 – 28 de marzo de 1908 – Laureano Martínez Brañas ⊟ | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Xurista |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, empresario, político, secretario xudicial, xurista |
Membro de | |
Luís Cornide Quiroga, nado en Monforte de Lemos en 1884 e finado en Madrid o 6 de novembro de 1946,[1] foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Destacado no sector eléctrico, foi presidente da sociedade Fábricas Coruñesas Gas y Electricidad e conselleiro da Sociedad General Gallega de Electricidad. Tamén foi representante da Región Noroeste na Cámara Oficial de Productores y Distribuidores de Electricidad. En 1903 foi secretario da Liga de Amigos de La Coruña. Foi o primeiro presidente do Deportivo da Coruña de 1906 a 1908 e líder da Asociación Popular Coruñesa. Foi tamén membro correspondente da Real Academia Galega.
Foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1931 e 1936 como galeguista independente. En 1936 foi nomeado secretario de goberno do Tribunal Supremo da República,[2] pero cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do servizo.[3] Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a 12 anos de prisión.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Fe Brage.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-11-1946, p. 3.
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ "El Tribunal Supremo durante la Guerra Civil" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de novembro de 2011. Consultado o 16 de abril de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Personalidades da empresa de Galicia
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Deputados nas Cortes da II República
- Presidentes do Deportivo da Coruña
- Nados en Monforte de Lemos
- Nados en 1884
- Finados en 1946
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Represaliados polo franquismo