Saltar ao contido

Ludwig Boltzmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLudwig Boltzmann

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ludwig Eduard Boltzmann Editar o valor en Wikidata
20 de febreiro de 1844 Editar o valor en Wikidata
Viena (Imperio Austríaco) Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1906 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Duino-Aurisina (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio central de Viena Editar o valor en Wikidata
ResidenciaImperio Austríaco Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Director de teseJosef Stefan Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica teórica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Viena
Múnic
Graz
Leipzig Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, matemático, filósofo, profesor universitario, químico, físico teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic (1890–1894)
Universidade de Graz
Universidade de Leipzig
Universidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosPaul Ehrenfest, Marian Smoluchowski e Friedrich Hasenöhrl Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoPaul Ehrenfest, Lise Meitner, Gustav Herglotz, Philipp Frank e Hermann von Lewinski (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHenriette Boltzmann Editar o valor en Wikidata
FillosHenriette Boltzmann, Ida Boltzmann Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Больцман Людвиг)
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX861013 WikiTree: Boltzmann-4 Find a Grave: 1518 Editar o valor en Wikidata
Ludwig Boltzmann.

Ludwig Eduard Boltzmann, nado en Viena o 20 de febreiro de 1844 e finado en Duino o 5 de setembro de 1906, foi un físico austríaco coñecido por ser, xunto con James Clerk Maxwell, pai da Distribución de Maxwell-Boltzmann na que se basea a Teoría cinética dos gases; a cal sería a primeira teoría enmarcada na disciplina da mecánica estatística.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e educación

[editar | editar a fonte]

Boltzmann naceu en Viena cando esta inda era a capital do Imperio Austrohúngaro. Seu pai, Georg Ludwig Boltzmann, era funcionario do estado. Seu avó, que se mudara a Viena dende Berlín, era reloxeiro. Recibiu a educación primaria dun titor particular en casa de seus pais, e a secundaria en Linz. Perdeu a seu pai con 15 anos.

Pasaría a estudar física na Universidade de Viena, onde acadou o seu doutoramento en 1866 cunha tese supervisada por Joseph Stefan e que versaba sobre a Teoría cinética dos gases.

Carreira académica

[editar | editar a fonte]

Ós 25 anos, en 1869, e grazas a unha carta de recomendación do seu director de tese, sería nomeado catedrático de física matemática na Universidade de Graz. Nese ano colaboraría varios meses con Robert Bunsen e mais Leo Königsberger en Heidelberg. Dous anos máis tarde colaboraría con Gustav Kirchhoff e Hermann von Helmholtz en Berlín.

De 1873 a 1876 exerceu o rol de profesor de matemáticas na Universidade de Viena.

En 1872 coñecería a Henriette von Aigentler, unha aspirante a profesora de Graz. O 17 de xullo de 1876 casaríanse, e tiveron tres fillas e dous fillos. Debido a nova situación familiar, ese ano volve a Universidade de Graz a ocupar a cátedra de Física Experimental. Entre os seus alumnos estarían Svante Arrhenius e Walther Nernst.

En 1885 convértese en membro da Academia das Ciencias de Austria e en 1887, en presidente da Universidade de Graz. Un ano máis tarde, en 1888 sería elixido como membro da Real Academia Sueca de Ciencias. Boltzmann sería nomeado en 1890 para a cátedra de Física Teórica da Universidade de Múnic. En 1893 sucedería o seu profesor Joseph Stefan como profesor de Física Teórica na Universidade de Viena.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Boltzmann gastou moitos esforzos na defensa da teoría atómica, nunha época na que esta inda non era moi aceptada. Isto granxeoulle a inimizade de personaxes importantes como Ernst Mach, o cal entraría en 1895 na universidade como profesor de Filosofía e Historia da Ciencia.

Boltzmann, invitado por Wilhelm Ostwald, marcharía en 1900 para a Universidade de Leipzig. Despois de que Mach se xubilase volvería a Viena, en 1902.

En 1903 fundaría, xunto con Gustav von Escherich e Evin Müller, a Sociedade Matemática de Austria.

Entre os estudantes máis sinalados que tivo, estiveron Karl Przibram, Paul Ehrenfest e Lise Meitner.

Boltzmann pasou toda a súa vida con fortes cambios de ánimo, no que posiblemente foi un trastorno bipolar non diagnosticado. Meitner relatou que quen estaba ó lado de Bolztmann coñecía estes episodios e sabía dos seus intentos de suicidio. El, en ton de broma, atribuía os seus cambios de humor a ter nacido a noite entre martes de entroido e mércores de Cinsa.

En 1906, en Duino, Trieste, durante as vacacións, aforcouse durante un episodio de depresión. Foi enterrado en Zentralfriedhof, e na súa lápida pode lerse a inscrición , a ecuación que descubriría sobre a natureza estatística da entropía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Max Planck (1914). The Theory of Heat Radiation (Teoría da radiación por calor), P. Blakiston Son & Co. Dover (1959) e (1991). ISBN 0-486-66811-8
  • Richard C. Tolman (1938). The Principles of Statistical Mechanics (Os principios da mecánica estatística), Oxford University Press. Dover (1979). ISBN 0-486-63896-0
  • Ernst Cassirer, El problema del conocimiento en la filosofía y en la ciencia modernas, México, FCE, tomo IV, 1979.
  • J. Willard Gibbs (1901). Elementary Principles in Statistical Mechanics (Principios elementais de mecánica estatística), Ox Bow Press (1981). ISBN 0-918024-19-6.
  • David Lindley. Boltzmann's Atom: The Great Debate That Launched A Revolution In Physics (O átomo de Boltzmann: O gran debate que xerou unha revolución na física). ISBN 0-684-85186-5
  • A. J. Lotka (1922). "Contribution to the energetics of evolution" (Contribución a enerxética da evolución). Proceedings of the National Academy of Sciences, 8: 147–151.
  • J. Bronowski (1973). El ascenso del hombre (The Ascent of Man) (cap. 10, "Un mundo dentro del mundo"). Bogotá: Fondo Educativo Interamericano. No. 853 (Alejandro Ludlow Wiechers, trad.).