Luís Iglesias Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1895 Vigo, España |
Morte | 29 de decembro de 1977 (82 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Tese académica | Curculiónidos da Península Ibérica e Islas Baleares |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía |
Ocupación | científico |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1947–1977) Real Academia Galega (membro correspondente) (1941–1947) |
Premios | |
Luís Iglesias Iglesias, nado en Teis (Vigo) o 2 de xullo de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 29 de decembro de 1977,[1] foi un científico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou bacharelato en Vigo e en Madrid Ciencias Naturais e Medicina. Doutorouse en Ciencias Naturais coa tese Curculiónidos da Península Ibérica e Islas Baleares en 1918. Ao ano seguinte licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicouse á docencia e a súa obra investigadora centrouse, sobre todo, na Entomoloxía. Desempeñou os cargos de decano da Facultade de Ciencias, presidente do Seminario de Estudos Galegos, do que formaba parte desde 1926, e reitor da Universidade. En 1947 ingresou na Real Academia Galega co discurso Las especies del género Carabus en Galicia. Tamén colaborou na Historia de Galiza de Ramón Otero Pedrayo, escribindo a parte de Zooloxía.
Galardóns e homenaxes
[editar | editar a fonte]O Museo de Historia natural[2] da USC leva o seu nome e, no ano 2014, a Real Academia Galega de Ciencias adicoulle o Día do Científico Galego.
Obras (selección)
[editar | editar a fonte]- Algunas especies nuevas o poco conocidas para la fama ornitológica de Galicia.
- Reconocimiento de tejidos vegetales por reactivos microquímicos.
- Los prados de las regiones media y montaña de Galicia.
- Descripción de tres yacimientos gallegos de evansita.
- La lucha antiacrídica.
- Fauna de Galicia I.
- Cerambícidos de Galicia II.
- Variabilidad por fluctuación de las manchas elitrales de "Crioceris asparagi".
- Biología de los parásitos del hombre.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís Iglesias Iglesias |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 242.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores&rft.date=1951/1953&rft.genre=book&rft.pages=242&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- López Colón, José Ignacio. "Luis Iglesias Iglesias" Diccionario Biográfico Español, Real Academia de la Historia (en castelán).
- Llecha Ferrer, Alfredo (2005). "Iglesias Iglesias, Luis". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.Llecha Ferrer&rft.btitle=Gran Enciclopedia Galega&rft.date=2005&rft.genre=bookitem&rft.isbn=84-87804-88-8&rft.pub=El Progreso&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Luís Iglesias Iglesias". Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega.
- Fandiño Veiga, Xosé Ramón. "Luís Iglesias Iglesias". Álbum da JAE do Consello da Cultura Galega.
- Luis Iglesias en galegos.info
Predecesor: Ricardo Montequi Díaz de Plaza |
Reitor da Univ. de Santiago 1936 |
Sucesor: Felipe Gil Casares |
- Científicos de Galicia
- Membros de número da Real Academia Galega
- Reitores da Universidade de Santiago de Compostela
- Día da Ciencia en Galicia
- Membros do Seminario de Estudos Galegos
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Nados en Vigo
- Nados en 1895
- Finados en 1977
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela