En 1924 ingresou na Escola Normal de París, doutorándose en ciencias físicas no ano 1932 na Universidade de Estrasburgo, onde será profesor entre 1937 e 1945. Profesor da Facultade de Ciencias de Grenoble entre 1945 e 1976, sera sucesivamente Director do Laboratorio de Probas Mecánicas do Instituto Politécnico de Grenoble entre 1942 e 1953, director do Laboratorio de Electrostática e de Física do Metal de Grenoble entre 1946 e 1970 e finalmente Director de Laboratorio de Magnetismo de Grenoble entre 1971 e 1976.
As súas contribucións á física do estado sólido atoparon usos útiles numerosos, particularmente no desenvolvemento da mellora das unidades de memoria dos ordenadores.
En 1930 determinou a existencia dunha nova forma de comportamento magnético, o antiferromagnetismo denominado así por oposición ao ferromagnetismo. Demostrou así mesmo como, a certa temperatura, actualmente denominada a temperatura de Néel, este comportamento párase. Néel precisou no ano 1947 que tamén poderían existir materiais que presentasen comportamento ferrimagnético. Doutra banda, deu unha explicación ao magnetismo débil de certas rocas, facendo posible o estudo da historia do campo magnético terrestre.