Louis Chiron
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1899 Mónaco |
Morte | 22 de xuño de 1979 (79 anos) Monte Carlo, Mónaco |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Premios | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Louis Alexandre Chiron, nado o 3 de agosto de 1899 e finado o 22 de xuño de 1979, foi un piloto de carreiras de Mónaco.
Andaina
[editar | editar a fonte]Cando era adolescente, Louis Chiron namorouse dos coches e as carreiras. Aprendeu a conducir moi novo e uniuse ao circuíto do Gran Premio logo da Primeira guerra mundial onde fora recrutado pola sección de artillaría para servir como chofer. Competía en Francia, onde en 1926 gañou a súa primeira carreira local, o Gran Premio de Comminges en Saint-Gaudens preto da cidade de Tolosa. A partir de aí, Chiron logrou con Bugatti e un Alfa Romeo P3 importantes vitorias no Gran Premio de Marsella, no Circuíto de Masaryk, e no Gran Premio de España. Ademais, asociouse co piloto campión de maratón Luigi Chinetti para gañar a carreira de resistencia das 24 Horas de Spa de 1933 en Bélxica. Tamén conduciu un Delage ao sétimo lugar nas 500 Millas de Indianápolis de 1929. Gañou o Gran Premio de Mónaco de 1931, e é o único piloto nado en Mónaco en facelo.
A carreira de Louis Chiron chegou ao seu fin coa súa retirada en 1938 e das carreiras de autos un ano máis tarde co estalido da Segunda guerra mundial. Cando reiniciáronse as carreiras logo da guerra, Chiron reapareceu pilotando un Talbot-Lago logrando a vitoria en dúas carreiras do Gran Premio de Francia. En 1949, no primeiro Rally de Montecarlo logo da Segunda guerra mundial tivo lugar unha gran festa de celebración en Mónaco. No que agora é considerado como un dos momentos máis negros da vida de Chiron, na festa, diante de numerosos organizadores da carreira, pilotos e celebridades, Chiron acusou a muller piloto Hellé Nice de ser unha axente da Gestapo durante a guerra. (Isto ten un aspecto irónico, no que o atractivo dun coche superior, levou a Chiron a prestar a súa habilidade ao equipo Mercedes-Benz, que os nazis utilizaban como obxecto de propaganda para a súa filosofía da superioridade racial, en momentos en que o seu colega e rival xudeu René Dreyfus non podería). A súa acusación sen fundamento destruíu a vida de Nice que sería rexeitada por todos, morrendo na extrema pobreza.
No momento en que se organizou a nova competición da Fórmula 1 para a tempada 1950, a idade empezaba a pasarlle factura, pero aínda así gañou o Rally de Monte Carlo de 1954 emparellado co piloto suízo Ciro Basadonna. Nas carreiras de F1, Chiron conseguiu un podio nas súas quince carreiras e en 1955, fronte unha multitude na súa cidade natal de Monte Carlo, unhas semanas antes do seu 56 aniversario converteuse no piloto de maior idade en competir nunha carreira de Fórmula 1. Co aplauso do príncipe Rainiero e os seus moitos fans levou o seu Lancia D50 ao sexto lugar no Gran Premio de Mónaco de 1955.
Logo duns notables 35 anos nas carreiras, no seu retiro Chiron aínda permaneceu activo como executivo da organización que executa o Gran Premio de Mónaco, que o honrou cunha estatua erixida na pista de carreiras do Gran Premio e poñéndolle o seu nome á curva da piscina. Louis Chiron logrou a maioría de podios en coches de Bugatti, e a empresa Bugatti lémbrao co Bugatti 18/3 Chiron nomeado na súa honra.
Louis Chiron é tamén o piloto de maior idade que participou nun Gran Premio de Fórmula Un. Na súa última carreira de F1, o Gran Premio de Mónaco de 1958 tiña 58 anos de idade.
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Importantes vitorias na súa carreira
[editar | editar a fonte]- Gran Premio de Bélxica : 1930
- Gran Premio de Checoslovaquia : 1931, 1932, 1933
- Gran Premio de Francia : 1931, 1934, 1937, 1947, 1949 (Reims)
- Gran Premio de Alemaña : 1929
- Gran Premio de Italia : 1928
- Gran Premio de España : 1928, 1929, 1933
- Gran Premio de Mónaco : 1931
- Gran Premio de Marrocos: 1934
- Gran Premio du Comminges : 1947
- Gran Premio de Marsella : 1933
- Gran Premio de Niza : 1932
- 24 Horas de Spa : 1933
- Gran Premio de Roma : 1928
- Gran Premio de Marne : 1928
Resultados completos no Campionato Europeo
[editar | editar a fonte](Carreiras en negra indican pole position)
Ano | Equipo | Marca | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | EDC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1931 | Usines Bugatti | Bugatti | ITA Ret |
FRA 1 |
BEL Ret |
4= | 12 | ||
1932 | Ettore Bugatti | Bugatti | ITA Ret |
FRA 4 |
ALE Ret |
5= | 17 | ||
1935 | Scuderia Ferrari | Alfa Romeo | BEL 3 |
ALE Ret |
SUI Ret |
ITA | ESP Ret |
9= | 29 |
1936 | Daimler-Benz AG | Mercedes-Benz | MON Ret |
ALE Ret |
SUI | ITA | 18= | 28 |
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 4CLT/48 | Maserati L4C | GBR Ret |
MON 3 |
500 | SUI 9 |
BEL | FRA Ret |
ITA Ret |
10º | 4 | ||||
1951 | Enrico Platé | Maserati 4CLT/48 | Maserati L4C | SUI 7 |
500 | NC | 0 | |||||||||
Ecurie Rosier | Talbot-Lago T26C | Talbot L6 | BEL Ret |
FRA 6 |
GBR Ret |
ALE Ret |
ITA Ret |
ESP Ret |
||||||||
1953 | Louis Chiron | OSCA 20 | OSCA L6 | ARX | 500 | NED | BEL | FRA 15 |
GBR NTS |
ALE | SUI NTS |
ITA 10 |
NC | 0 | ||
1955 | Scuderia Lancia | Lancia D50 | Lancia V8 | ARX | MON 6 |
500 | BEL | NED | GBR | ITA | NC | 0 | ||||
1956 | Scuderia Centro Sud | Maserati 250F | Maserati L6 | ARX | MON NTS |
500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | NC | 0 | |||
1958 | André Testut | Maserati 250F | Maserati L6 | ARX | MON NSC |
NED | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | MAR | NC | 0 |
Rally gañados
[editar | editar a fonte]- Rally de Monte Carlo - 1954
Legado
[editar | editar a fonte]Louis Chiron foi tan popular en Checoslovaquia, cuxo Gran Premio gañou tres veces consecutivas que logo de 75 anos, o seu nome aínda vive nun dito popular "Conduce como Chiron", que se utiliza principalmente cando se refire aos condutores que se exceden na velocidade ou en xeral ás persoas que conducen moi rápido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Louis Chiron |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Grand Prix History Arquivado 16 de xullo de 2012 en Wayback Machine., Louis Chiron
- Louis Chiron at The Crittenden Automotive Library Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
- Louis Chiron at Le Mans
- Louis Chiron en Find a Grave (en inglés)
- Nados en 1899
- Finados en 1979
- Nados en Mónaco
- Pilotos de Fórmula 1 de Mónaco
- Pilotos de Fórmula 1 de Bugatti
- Pilotos de Fórmula 1 de Maserati
- Pilotos de Fórmula 1 de Lancia
- Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Rosier
- Pilotos de Fórmula 1 de Enrico Platé
- Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud
- Pilotos das 24 Horas de Le Mans
- Pilotos das 24 Horas de Spa
- Pilotos das 500 Millas de Indianápolis