Saltar ao contido

Lorvão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLorvão
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°15′34″N 8°19′01″O / 40.25938, -8.31683
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Coimbra
ConcelloPenacova, Portugal Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.928 Editar o valor en Wikidata (152,43 hab./km²)
Xeografía
Superficie25,77 km² Editar o valor en Wikidata

Sitio webfreguesia-lorvao.eu Editar o valor en Wikidata

Lorvão é unha freguesía portuguesa do concello de Penacova, no distrito de Coímbra.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 25,77 km² e, no ano 2011, unha poboación de 3 898 habitantes, polo que a súa densidade de poboación era, nese ano, de 163,8 hab./km².

Evolución da poboación

[editar | editar a fonte]
Poboación da freguesía de Lorvão (1864-2011) [1]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
2 453 2 734 3 277 3 655 4 281 4 236 4 087 4 563 4 801 4 314 4 172 4 088 4 329 4 220 3 898
Túmulo de Teresa de Portugal na Igrexa do Mosteiro do Lorvão.

A freguesía e famosa porque a infanta portuguesa Teresa, raíña consorte de León e Galicia polo seu casamento co seu primo irmán o rei Afonso IX; pero, polas presións da igrexa, e polo feito de que o papa Celestino III, debido a este matrimonio entre parentes tan próximos, e que ademais casaran sen preceptiva dispensa papal, excomungou ao monarca e pronunciou un interdito sobre o Reino de León, polo que, en 1195 a parella tivo que separarse e, en 1198, o matrimonio foi anulado, por consanguinidade, e Tareixa, en 1200, retirouse ao convento de Lorvão.[2] [3] pois ambos os contraentes eran netos dos rei de Portugal Afonso Henriques.[2]

Teresa viviu o resto da súa vida no convento beneditino; pouco tempo máis tarde, transformou o mosteiro en abadía cisterciense e, finalmente, tomou os votos conventuais despois de anos de vivencia como monxa. Aí morreu o 18 de xuño de 1250.[4]

O 13 de decembro de 1705 foi beatificada, xunto coa súa irmá Sancha, polo papa Clemente XI, mediante a bula Sollicitudo Pastoralis Offici.[5][6]

En Portugal é venerada como beata, e mesmo como santa.

  1. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE - Publicaçőes
  2. 2,0 2,1 Reis de Castela en Medieval Lands (en inglés).
  3. Fernandes Marques 2008, p. 87.
  4. Fernandes Marques 2008, p. 141.
  5. Beata Sancha, virgen y fundadora en El Testigo Fiel (en castelán). Consultada o 23 de outubro de 2017.
  6. Beata Teresa del Portogallo en Santi e Beati (en italiano).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernandes Marques; Maria Alegria (2008): Estudos sobre a Ordem de Cister em Portugal. Coimbra: Estudos da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. ISBN 97-2772-019-6.
  • Mattoso, José (2014): D. Afonso Henriques, 2ª ed. Lisboa: Temas e Debates. ISBN 978-97-2759-911-0.
  • Rodrigues Oliveira, Ana (2010): Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História. Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-98-9626-261-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]