Long Beach
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | California | ||||
Condado | Condado dos Ánxeles | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 466.742 (2020) (3.500,84 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 166.236 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | área metropolitana dos Ánxeles (Poboación:13.200.998) | ||||
Superficie | 133,322917 km² | ||||
Auga | 2,2246 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 9 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1888 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Long Beach, California (en) | Rex Richardson (en) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 90801–90810, 90813–90815, 90822, 90831–90835, 90840, 90842, 90844, 90846–90848, 90853, 90895, 90899 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | longbeach.gov |
Long Beach é unha cidade estadounidense situada no condado dos Ánxeles, no estado de California. No censo do ano 2010 tiña unha poboación de 462 257 habitantes, sendo a 39º cidade mais poboada dos Estados Unidos, a 7º de California e a segunda da área metropolitana dos Ánxeles.
A cidade é sede dun aeroporto nacional e do maior porto marítimo industrial da rexión dos Ánxeles. A serie de televisión M.D. está ambientada nesta cidade, e alí celebrouse unha final da Liga Mundial de Wáter-polo. Na cidade tamén se atopa o Circuíto urbano de Long Beach, que albergou carreiras de Fórmula 1.
Long Beach atópase na esquina sueste do condado dos Ánxeles e limita co condado de Orange. O centro de Long Beach está aproximadamente a 35 quilómetros ao sur do centro dos Ánxeles, aínda que as dúas cidades comparten unha fronteira de varias millas.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo a Oficina do Censo, no ano 2000 os ingresos medios por fogar na localidade eran de $37,270, e os ingresos medios por familia eran $40,002. Os homes tiñan uns ingresos medios de $36,807 fronte aos $31,975 para as mulleres. A renda per cápita era de $19,040. Segundo o censo de 2010, arredor do 20,2% da poboación estaba por debaixo do limiar de pobreza.[1]
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]- Guadalaxara, México
- Virginia Beach, Estados Unidos
- Bacolod, Filipinas
- Calcuta, India
- Manta, Ecuador
- Phnom Penh, Camboxa
- Qingdao, China
- Sochi, Rusia
- Valparaíso, Chile
- Yokkaichi, Xapón
- Esmirna, Turquía
- Mombasa, Kenya
- Carson City, Estados Unidos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Long Beach (city) QuickFacts" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Long Beach |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)