Saltar ao contido

Lois Diéguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLois Diéguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalEnxeñaría topográfica
Actividade
Ocupaciónescritor, político Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX895898 AELG: 193 BUSC: dieguez-lois-1944 Dialnet: 1158194

Lois Diéguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 17 de abril de 1944, é un escritor e político galego.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Lois Diéguez na Festa dos Libros de Pontevedra.

Foi alumno de Manuel María na súa vila natal[3]. Estudou enxeñaría topográfica en Madrid, e exerceu esa profesión no Concello de Lugo. Militante da UPG, foi un dos fundadores e voceiro da AN-PG e deputado polo BNPG no Parlamento de Galicia (1981-1985).[4] Foi un dos deputados nacionalistas expulsados do Parlamento de Galicia en 1982.[5] Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, traballa en seccións periódicas en distintos xornais, das propias agrupacións culturais e da súa produción literaria.[6][7]

O seu poema Eu son a voz do pobo, converteuse nunha das cancións emblemáticas do grupo Voces Ceibes.[8] Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Isidro Novo.[9]

Versos de Lois Diéguez nos xardíns de Marcos Cela, Lugo.

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • Lugo, a cidade dos tesouros encantados (2014). Engaiolarte.
  • Peregrinaxes, viaxando con Manuel María (2016). Libro-DVD.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Referencias
  1. "Lois Diéguez". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-02-19. 
  2. "Lois Diéguez". bvg.udc.es. 
  3. Queixas Zas, M. (2016). Labrego con algo de poeta. Galaxia.Queixas Zas, M.&rft.btitle=Labrego con algo de poeta&rft.date=2016&rft.genre=book&rft.pub=Galaxia&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 
  4. "Lois Diéguez". www.galiciadigital.com. Consultado o 2023-02-19. 
  5. "O BNG lanza un vídeo lembrando a expulsión en 1982 dos tres deputados nacionalistas do Parlamento Galego". Bloque Nacionalista Galego. 2017-11-23. Consultado o 2023-02-19. 
  6. "Lois Diéguez Vázquez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-02-19. 
  7. "Lois Diéguez en Nós Diario". Nós Diario. Consultado o 2023-02-19. 
  8. Turoqua, Manolo De (2018-12-15). "Sons de Turoqua: Eu son a voz do pobo". Sons de Turoqua. Consultado o 2023-02-19. 
  9. "“Isidro Novo e os ‘Círculos Líticos’”, por Lois Diéguez Axenda cultural AELG". asociacionescritoras-es. Consultado o 2023-02-19. 
  10. "Edicións Laiovento - A POUTADA DO OSO". laiovento.gal. Consultado o 2023-02-19. 
  11. "As voces amadas". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-02-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]