Saltar ao contido

Locución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha locución é, en gramática, o grupo estable de dúas ou máis palabras que funciona como unha unidade léxica con significado de seu, non derivado do literal das palabras que o forman. Segundo a Gramática da lingua galega de Rosario Álvarez e Xosé Xove, "cando os adverbios, preposicións e conxuncións constan de máis dunha palabra e ó mesmo tempo se escriben separadamente denomínanse habitualmente locucións".[1]

Características

[editar | editar a fonte]

As locucións son construcións sintácticas usadas frecuentemente que presentan como principal característica que o seu significado non se deriva composicionalmente do significado literal das palabras que o forman, senón que é necesario coñecer o sentido xeral da locución. A existencia das locucións demostra que o significado ten compoñentes non estritamente literais.

Desde o punto de vista psicolingüístico, para determinar como o cerebro humano procesa estas expresións existen diversas teorías que adoitan agruparse en tres grupos principais. As non composicionais, que consideran ás locucións palabras longas; as composicionais, que suxiren no seu procesamento a intervención de elementos propios da literalidade, como o recoñecemento de palabras e a análise sintáctica; e as híbridas, que agrupan nocións das dous anteriores.[2]

Distínguense varios tipos segundo o seu funcionamento gramatical:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]