Lista de reis de Escocia
O rei de Escocia era o xefe do estado no reino de Escocia. Segundo a tradición, o primeiro rei dos escoceses (en escocés medio: King of Scottis, en escocés moderno: King o Scots, en gaélico escocés: Rìghrean Albannaich) foi Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín), que fundou o estado no ano 843. A distinción entre o reino de Escocia e o reino dos pictos é o produto dun mito medieval posterior e á confunsión no cambio de nomenclatura ex. Rex Pictorum (rei dos pictos) convértese en Rí Alban (rei de Alba) baixo Donald II cando os anais cambiaron dende o latín á lingua vernácula arredor de finais do século IX, xa que daquela a verba Alba en gaélico chegara a referirse ó reino dos pictos máis que a Gran Bretaña (o seu significado anterior).[1]
Heráldica
[editar | editar a fonte]Lista de reis de Escocia
[editar | editar a fonte]Casa de Alpin (848–1034)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de reis dos pictos.
O reinado de Kenneth MacAlpin comeza o que se chamou a Casa de Alpin, un concepto completamente moderno. Os descendentes de Kenneth MacAlpin foron divididos en dúas pólas; a coroa alternaríase entre as dúas pólas, e a miúdo a morte do rei dunha póla (por guerra ou asasinato) era provocada polo pretendente da outra póla. Malcolm II foi o derradeiro rei da casa de Alpin; no seu reinado, esmagou con éxito toda a oposición na súa contra, e ó non ter fillos varóns, pasou a coroa ó seu neto, Duncan I, que comezou a dinastía Dunkeld.
Retrato | Nome tradicional (co equivalente en gaélico moderno) |
Nome gaélico medieval | Dinastía | Reinado | Título | Epíteto |
---|---|---|---|---|---|---|
Kenneth MacAlpin I (Coinneach mac Ailpein)[2] |
Cináed mac Ailpín Ciniod m. Ailpin |
fillo de Alpin, rei de Dal Riata | 843/848 – 13 de febreiro de 858 | Rex Pictorum ("rei dos pictos") |
An Ferbasach "o Conquistador"[3] | |
Donald I (Dòmhnall mac Ailpein) |
Domnall mac Ailpín | fillo de Alpin, rei de Dal Riata, e irmán de Kenneth I | 858 – 13 de abril de 862 | Rex Pictorum ("rei dos pictos") |
||
Constantino I (Còiseam mac Choinnich) |
Causantín mac Cináeda | fillo de Kenneth I | 862–877 | Rex Pictorum ("rei dos pictos") |
An Finn-Shoichleach, "o Abondoso en viño"[4] | |
Áed (Aodh mac Choinnich) |
Áed mac Cináeda | fillo de Kenneth I | 877–878 | Rex Pictorum ("rei dos pictos") |
||
Giric (Griogair mac Dhunghail) |
Giric mac Dúngail | fillo de Donald I | 878–889 | Mac Rath, "Fillo da Fortuna"[5] | ||
Eochaid | Eochaid mac Run | † neto de Kenneth I | *878–889? | |||
Donald II (Dòmhnall mac Chòiseim) |
Domnall mac Causantín | fillo de Constantino I | 889–900 | Rí Alban ("rei de Escocia") Rì nan Albannaich ("rei dos escoceses") |
Dásachtach, o "Tolo" ou o "Psicópata"[6] | |
Constantino II (Còiseam mac Aoidh) |
Causantín mac Áeda | fillo de Áed | 900–943 | Rí Alban | An Midhaise, "o Mediano".[7][8] | |
Malcolm I (Maol Chaluim mac Dhòmhnaill) |
Máel Coluim mac Domnaill | fillo de Donald II | 943–954 | Rí Alban | An Bodhbhdercc, "o Vermello Perigoso"[9] | |
Indulf[10] | Ildulb mac Causantín | fillo de Constantino II | 954–962 | Rí Alban | An Ionsaighthigh, "o Agresor"[11] | |
Dub (Dubh ou Duff) (Dubh mac Mhaoil Chaluim) |
Dub mac Maíl Choluim | fillo de Malcolm I | 962–967 | Rí Alban | Dén, "o Vehemente"[12] | |
Cuilén (Cailean) |
Cuilén mac Ilduilb | fillo de Indulf | 967–971 | Rí Alban | An Fionn, "o Branco"[13] | |
Amlaíb (Amhlaigh) |
Amlaíb mac Ilduilb | fillo de Indulf | 973–977 | Rí Alban | ||
Kenneth II (Coinneach mac Mhaoil Chaluim) |
Cináed mac Maíl Choluim | fillo de Malcolm I | 971–995 | Rí Alban | An Fionnghalach, "o Fratricida"[14] | |
Constantine III (Còiseam mac Chailein) |
Causantín mac Cuiléin | fillo de Cuilén | 995–997 | Rí Alban | ||
Kenneth III (Coinneach mac Dhuibh) |
Cináed mac Duib | fillo de Dub | 997 – 25 de marzo de 1005 | Rí Alban | An Donn, "o Xefe"/ "o Marrón".[15] | |
Malcolm II (Maol Chaluim mac Choinnich) |
Máel Coluim mac Cináeda | fillo de Kenneth II | 1005–1034 | Rí Alban / Rex Scotiae | Forranach, "o Destrutor";[16] |
* As evidencias do reinado de Eochaid non son claras: puido non ter sido nunca rei. De telo sido, sería rei xunto con Giric. Amlaíb é coñecido só pola referencia da súa morte en 977, e descríbeno como rei de Alba; xa que Kenneth II é coñecido por ser rei en 972–973, Amlaíb debeu tomar o poder entre 973 e 977.
† Eochiad era fillo de Run, rei de Strathclyde, pero a súa nai era filla de Kenneth I.
Casa de Dunkeld (1034–1286)
[editar | editar a fonte]Duncan ascendeu ó trono co neto materno de Malcolm II. Tamén foi un alto xeneral de Malcolm I, xa que o seu avó paterno, Duncan de Atholl era o terceiro fillo de Malcolm I.[17] A casa de Dunkeld estaba polo tanto estreitamente relacionada coa casa de Alpin. Duncan foi asasinado en batalla por Macbeth, quen tivo un longo e relativamente exitoso reinado. Nunha serie de batallas entre 1057 e 1058, o fillo de Duncan, Malcolm III derrotou e asasinou a Macbeth e ó seu afillado Lulach, e reclamou o trono. Porén, a dinastía non rematou alí: coa morte de Malcolm en batalla, o seu irmán Donald Ban reclamou o trono, expulsando os fillos de Malcolm de Escocia; proseguiu unha guerra civil no seo da familia, con Donald Ban e o fillo de Malcolm, Edmund, opostos ós fillos de Malcolm respaldados polos ingleses, liderados primeiro por Duncan II e despois por Edgar. Edgar triunfou, enviando ó seu tío e irmán a sendos mosteiros. Despois do reinado de David I, o trono escocés pasou ó primoxénito, pasando de pai a fillo, ou de non ser posible, de irmán a irmán.
Nome común (nome gaélico moderno) (nome gaélico medieval) Reinado |
Reinado | Título medieval | Epíteto Alcume |
Dinastía (familia do pai) |
Filiación materna (familia da nai) |
---|---|---|---|---|---|
Duncan I (Donnchadh mac Crìonain) (Donnchad mac Crínáin) 1034–1040 |
Rí Alban | An t-Ilgarach "o Doente"/small>[18] |
neto de Malcolm II | Fillo de Bethóc, filla máis vella de Malcolm II (Casa de Alpin) | |
Macbeth (MacBheatha mac Fhionnlaigh) (Mac Bethad mac Findláich) 1040–1057 |
Rí Alban | Rí Deircc "o Rei Vermello"[19] |
1) Fillo de Mormaer Findláech 2) Neto de Malcolm II 3) Marido de Gruoch, neta de Kenneth III |
?,Filla ou neta descoñecida de Malcolm II (Casa de Alpin) | |
Lulach (Lughlagh mac Gille Chomghain) (Lulach mac Gille Comgaín) 1057–1058 |
Rí Alban | Tairbith "o Desafortunado"[19] - Fatuus "o Necio"[20] |
1) Fillo de Gille Coemgáin, Mormaer de Moray 2) Neto de Kenneth III (Casa de Alpin) |
Fillo de Gruoch, neta de Kenneth III | |
Malcolm III (Maol Chaluim mac Dhonnchaidh) (Máel Coluim mac Donnchada) 1058–1093 |
Rí Alban / Scottorum basileus | ? Cenn Mór ("Canmore") "Gran Xefe"[21] |
fillo de Duncan I | fillo de Suthen | |
Donald III (Dòmhnall mac Dhonnchaidh) (Domnall mac Donnchada) 1093–1097 |
Rí Alban | Bán, "o Xusto". |
fillo de Duncan I | ||
Duncan II (Donnchadh mac Mhaoil Chaluim) (Donnchad mac Maíl Choluim) 1094 |
Rí Alban / Rex Scottorum | fillo de Malcolm III | |||
Edgar (Eagar mac Mhaoil Chaluim) (Étgar mac Maíl Choluim) 1097–1107 |
Rí Alban/ Rex Scottorum | Probus, "o Valente"[22] |
fillo de Malcolm III | ||
Alexandre I (Alasdair mac Mhaoil Chaluim) (Alaxandair mac Maíl Choluim) 1107–1124 |
Rí Alban/ Rex Scottorum | "o Fero" | fillo de Malcolm III | ||
David I (Dàibhidh mac Mhaoil Chaluim) (Dabíd mac Maíl Choluim) 1124–1153 |
Rí Alban/ Rex Scottorum | "o Santo"[23] | fillo de Malcolm III | ||
Malcolm IV (Maol Chaluim mac Eanraig) (Máel Coluim mac Eanric) 1153–1165 |
Rí Alban/ Rex Scottorum | Virgo "a Doncela" - Cenn Mór, "Gran Xefe"[21] |
neto de David I | ||
Guillerme I "o León" (Uilleam mac Eanraig) (Uilliam mac Eanric) 1165–1214 |
Rí Alban / Rex Scottorum | "o León" - Garbh, "o Áspero"[24] |
neto de David I | ||
Alexandre II (Alasdair mac Uilleim) (Alaxandair mac Uilliam) 1214–1249 |
Rí Alban / Rex Scottorum | fillo de Guillerme I | |||
Alexandre III (Alasdair mac Alasdair) (Alaxandair mac Alaxandair) 1249–1286 |
Rí Alban / Rex Scottorum | fillo de Alexandre II |
Casa de Sverre (1286–1290)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Casa de Sverre.
O derradeiro rei da casa de Dunkeld foi Alexandre III. A súa muller deulle dous fillos e unha filla, pero en 1286, os seus fillos morreron, e a súa filla, Margarida, só tivo unha filla tamén chamada Margarida co seu marido Eric II de Noruega antes de que ela mesma morrera. Alexandre volveu casar, pero en 1286 morreu nun accidente cando viaxaba a casa. A súa muller, Iolanda de Dreux, estaba embarazada, pero en novembro de 1286, as esperanzas de dar a luz un fillo vivo desapareceron. Por todo isto, no Tratado de Salisbury os Gardiáns de Escocia recoñeceron á neta de tres anos de Alexandre, Margarida de Noruega, como Raíña dos escoceses. Margarida permaneceu no Reino de Noruega do seu pai até o outono de 1290, cando marchou cara a Escocia. Porén, morreu nas Orcadas durante a viaxe, sen chegar a poñer un pé en chan escocés, e sen ser coroada en Scone. Por este motivo, ás veces non é considerada Raíña.
Nome | Retrato | Nacemento | Casamento(s) | Morte | Dinastía |
---|---|---|---|---|---|
Margarida a Doncela de Noruega 1286–1290 |
c. abril de 1283 Tønsberg, Noruega filla de Eric II de Noruega e Margarida |
sen casar | setembro/outubro de 1290 St Margaret's Hope, Orcadas 7 anos |
neta de Alexandre III |
Primeiro interregno (1290–1292)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gardián de Escocia.
Casa de Balliol (1292–1296)
[editar | editar a fonte]A morte de Margarida de Noruega comezou un interregno de dous anos en Escocia por mor da crise de sucesión. Coa súa morte, os descendentes de Guillerme I desapareceron; e non había un herdeiro claro por norma de primoxénito. Presentáronse trece candidatos; os máis prominentes eran Xoán de Balliol, bisneto do irmán máis novo de Guillerme I, David de Huntingdon, e Robert de Brus, señor de Annandale, neto de David de Huntingdon. Os gobernantes escoceses convidaron a Eduardo I de Inglaterra para arbitrar a reclamación; el aceptou pero forzou ós escoceses a xurarlle lealdade como o seu señor. Posteriormente, decidiuse que Xoán de Balliol sería o novo rei; mais probou ser feble e incapaz, e en 1296 Eduardo I obrigouno a abdicar, xa que tentaba anexionar Escocia ó reino de Inglaterra.
Nome | Retrato | Nacemento | Casamento(s) | Morte | Dinastía |
---|---|---|---|---|---|
Xoán I Toom Tabard ("Capa baleira") (Iain Balliol) 1292–1296 |
c. 1249 | Isabella de Warenne 9 de febreiro de 1281 cando menos un fillo[25] |
bisneto de David de Huntingdon (irmán de Guillerme I) |
Segundo interregno (1296–1306)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gardián de Escocia.
Casa de Bruce (1306–1371)
[editar | editar a fonte]Durante dez anos, Escocia non tivo o seu propio rei. Porén, os escoceses rexeitaron o goberno inglés; primeiro William Wallace e despois da súa execución, Roberto o Bruce (o neto do competidor de 1292, Robert de Brus) loitando contra os ingleses. Bruce e os seus aliados asasinaron ó rival no trono, John III Comyn, señor de Badenoch o 10 de febreiro de 1306 na igrexa de Greyfriars, en Dumfries. Pouco despois de 1306, Roberto foi coroado rei dos escoceses en Scone. A súa enerxía, e a substitución do vigoroso Eduardo I polo seu feble fillo Eduardo II, permitiu a Escocia ceibarse do goberno inglés; na batalla de Bannockburn en 1314, os escoceses derrotaron ós ingleses, e en 1328 os ingleses aceptaron por tratado a independencia de Escocia. O fillo de Roberto, David, ascendeu ó trono sendo neno. Os ingleses anovaron a guerra contra Escocia, e David foi forzado a abandonar o reino por Eduardo Balliol, fillo de Xoán, que argallou para proclamarse rei dos escoceses (1332–1336) e agasallar os condados do sur de Escocia a Inglaterra antes de ser expulsado de novo. David pasou gran parte da súa vida no exilio, primeiro en liberdade na terra do seu aliado, Francia, e despois en prisión en Inglaterra; só puido regresar a Escocia no ano 1357. Coa súa morte, e sen fillos, en 1371 a casa de Bruce desapareceu.
Nome | Retrato | Nacemento | Casamento(s) | Morte | Dinastía |
---|---|---|---|---|---|
Roberto I o Bruce (Raibeart a Briuis) 1306–1329 |
11 de xullo de 1274 castelo Turnberry, Ayrshire fillo de Robert de Brus e Marjorie, condesa de Carrick[26] |
Isabella de Mar 1295 unha filla Sabela de Burgh Writtle, Essex, Inglaterra 1302 catro fillos |
7 de xuño de 1329 Manor of Cardross, Dunbartonshire con 54 anos |
tataraneto de David de Huntingdon (irmán de Guillerme I) (elección) | |
David II (Dàibhidh Bruis) 1329–1371 |
5 de marzo de 1324 Dunfermline Palace, Fife fillo de Roberto I e Sabela de Burgh |
Xoana de Inglaterra Berwick-upon-Tweed 17 de xullo de 1328 sen fillos Margarida Drummond Inchmurdach, Fife 20 de febreiro de 1364 sen fillos |
22 de febreiro de 1371 Castelo de Edimburgo 46 anos |
fillo de Roberto I (primoxénito) |
Reclamante disputado
Eduardo Balliol era fillo do rei Xoán, e el mesmo gobernou durante catro anos despois da súa elección na Gran Causa. Despois da súa abdicación, Xoán Balliol viviu o resto da súa vida en Picardía, Francia. Durante a minoría de idade de David II, Eduardo Balliol aproveitou a oportunidade para afirmar o seu reclamo ó trono, e apoiado polos ingleses, derrotou as forzas da rexencia de David e coroouse a si mesmo en Scone en 1332. Axiña foi derrotado polas forzas leais a David II e foi enviado de novo a Inglaterra. Co apoio inglés, argallaría dous intentos máis de facerse de novo co trono, en 1333 e 1335. En cada un deles, o control real do trono foi breve antes de ser enviado de novo a Inglaterra, por última vez en 1336. Cando David regresou do exilio en 1341 para gobernar por dereito propio, Eduardo perdeu a maioría dos seus apoios. Cando David II foi capturado en batalla en 1346, Eduardo fixo un derradeiro intento de facerse co trono, pero tivo pouco apoio e a campaña fracasou. En 1356, renunciou ás súas reclamacións ó trono.
Nome | Retrato | Nacemento | Casamento(s) | Morte | Reclamación |
---|---|---|---|---|---|
Eduardo Balliol 1332–1336 En oposición a David II |
1283 fillo de Xoán I e Isabella de Warenne |
Ningún | 1367 Doncaster, Yorkshire, Inglaterra |
Fillo dun antigo rei, candidato dos ingleses para substituír o exiliado David II |
Casa de Estuardo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Casa de Estuardo.
Estuardo (1371–1567)
[editar | editar a fonte]Roberto o Estuardo era o neto de Roberto I pola filla deste, Marjorie. Nacendo en 1316, era máis vello que o seu tío, David II; por iso, cando ascendeu ó trono era un home de mediana idade, roldando os 55, e non foi quen de gobernar con forza, un problema que tamén padeceu o seu fillo Roberto III, que tamén ascendeu ó trono con 53 anos en 1390, e sufriu danos duradeiros por mor dun accidente de equitación. Estes dous reis foron seguidos por unha serie de rexencias, causadas pola xuventude dos seguintes cinco nenos reis. Por este motivo, a era dos Estuardo está considerado como un período de inercia real, durante o cal os nobres usurparon o poder da coroa, seguido de períodos de goberno persoal polo monarca, que trataría de abordar os problemas creados pola súa minoría de idade e os efectos a longo prazo dos reinados anteriores. Gobernar Escocia converteuse nunha tarefa cada vez máis difícil, xa que a poderosa nobreza era cada vez máis intratable; o intento de Xacobe I de poñer orde no seu reino acabou no seu asasinato; Xacobe III foi asasinado nunha guerra civil entre el e a nobreza, liderada polo seu propio fillo; cando Xacobe IV, que gobernara con severidade e reprimira ós aristócratas, morreu na batalla de Flodden, a súa muller Margarida Tudor foi derrocada pola nobreza, e a propia muller de Xacobe V, María de Guise, ascendeu ó goberno de Escocia durante a rexencia pola súa filla María I, na que dividiu e conquistou ás facións nobres, e distribuíndo subornos franceses con man liberal. Finalmente, María I, a filla de Xacobe V, viuse incapaz de gobernar Escocia enfrontándose coa hostilidade da aristocracia e a intransixencia da poboación, o cal favoreceu o calvinismo e a desaprovación do seu catolicismo; foi forzada a abdicar e viaxou até Inglaterra, onde foi encarcerada en varios castelos e casas durante dezaoito anos e finalmente executada por traizón contra a raíña inglesa Isabel I. Coa súa abdicación, o seu fillo, enxendrado por un membro menor da familia Estuardo, converteuse en rei.
Nome | Retrato | Nacemento | Casamento(s) | Morte | Dinastía |
---|---|---|---|---|---|
Roberto II o Estuardo (Raibeart II Stiùbhairt) 1371–1390 |
2 de marzo de 1316 Paisley, Renfrewshire fillo de Walter Estuardo e Marjorie Bruce |
Sabela Mure 1336 1349 (con dispensación papal) dez fillos Eufemia de Ross 2 de maio de 1355 catro fillos |
19 de abril de 1390 Castelo Dundonald, Ayrshire 74 anos |
neto de Roberto I (primoxénito) | |
Roberto III (nado como Xoán Estuardo) o Rei Coxo (Raibeart III Stiùbhairt, An Righ Bhacaigh) 1390–1406 |
c. 1337 fillo de Roberto II e Sabela Mure |
Anabella Drummond 1367 sete fillos |
4 de abril de 1406 Castelo Rothesay 69 anos |
fillo de Robert II (primoxénito) | |
Xacobe I (Seumas I Stiùbhairt) 1406–1437 |
finais de xullo de 1394 Dunfermline Palace, Fife fillo de Roberto III e Anabella Drummond |
Xoana Beaufort Southwark Cathedral 2 de febreiro de 1424 oito fillos |
21 de febreiro de 1437 Blackfriars, Perth 42 anos |
fillo de Robert III (primoxénito) | |
Xacobe II Fiery Face (Seumas II Stiùbhairt) 1437–1460 |
16 de outubro de 1430 Abadía de Holyrood, Edimburgo fillo de Xacobe I e Xoana Beaufort |
María de Guelders Abadía de Holyrood 3 de xullo de 1449 sete fillos |
3 de agosto de 1460 Castelo Roxburgh 29 anos |
fillo de Xacobe I (primoxénito) | |
Xacobe III (Seumas III Stiùbhairt) 1460–1488 |
10 de xullo de 1451 Castelo de Stirling ou Castelo de St Andrews fillo de Xacobe II e María de Guelders |
Margarida de Dinamarca Abadía de Holyrood 13 de xullo de 1469 tres fillos |
11 de xuño de 1488 Sauchie Burn 36 anos |
fillo de Xacobe II (primoxénito) | |
Xacobe IV (Seumas IV Stiùbhairt) 1488–1513 |
17 de marzo de 1473 Castelo de Stirling fillo de Xacobe III e Margarida de Dinamarca |
Margarida Tudor Abadía de Holyrood 8 de agosto de 1503 seis fillos |
9 de setembro de 1513 Flodden Field, Northumberland, Inglaterra 40 anos |
fillo de Xacobe III (primoxénito) | |
Xacobe V (Seumas V Stiùbhairt) 1513–1542 |
15 de abril de 1512 Linlithgow Palace, West Lothian fillo de Xacobe IV e Margarida Tudor |
Madeleine de Valois Catedral de Notre Dame, París, Francia 1 de xaneiro de 1537 sen fillos María de Guise Catedral de Notre Dame, París, Francia 18 de maio de 1538 tres fillos |
14 de decembro de 1542 Falkland Palace, Fife 30 anos |
fillo de Xacobe IV (primoxénito) | |
María I (Màiri Stiùbhairt) 1542–1567 |
8 de decembro de 1542 Linlithgow Palace filla de Xacobe V e María de Guise |
Francisco II de Francia 24 de abril de 1558 sen fillos Henrique Estuardo, Lord Darnley Holyrood Palace, Edimburgo 9 de xullo de 1565 un fillo James Hepburn Holyrood Palace 15 de maio de 1567 sen fillos |
8 de febreiro de 1587 Fotheringhay Castle, Northamptonshire, Inglaterra 44 anos (executada) |
filla de Xacobe V (primoxenitura cognática) |
Estuardo (1567–1651)
[editar | editar a fonte]Os Estuardo de Lennox eran unha póla inferior da familia Estuardo; porén, non descendían directamente por liña masculina de Roberto II, o primeiro Estuardo que se converteu en rei dos escoceses, senón do seu devanceiro Alexandre Estuardo. No pasado, a través dos medios da Alianza Auld con Francia, adaptaron o seu apelido á forma francesa, Stuart. Por iso, cando o fillo do conde Lennox, Henrique, Lord Darnley, casou coa raíña dos escoceses, María I, o seu fillo, como primeiro rei da póla Lennox branch da familia Estuardo, gobernou como Stuart.
Xacobe VI tamén se converteu en rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe I en 1603, cando morreu a súa curmá Isabel I; ademais, malia que as coroas de Inglaterra e Escocia permaneceron separadas, a monarquía tivo a súa base principal en Inglaterra.
Carlos I, fillo de Xacobe, tivo que enfrontarse a unha guerra civil; o conflito resultante durou oito anos e rematou coa súa execución. O parlamento inglés decretou que a monarquía escocesa rematase; o parlamento escocés, despois de certa deliberación, rompeu as súas relacións con Inglaterra e declarou que Carlos II, fillo e herdeiro de Carlos I, sería o rei. Gobernou até 1651, cando os exércitos de Oliver Cromwell ocuparon Escocia e o forzaron ó exilio.
Nome | Retrato | Nacemento | Casamento(s) | Morte | Dinastía |
---|---|---|---|---|---|
Xacobe VI (Seumas VI Stiùbhairt) 1567–1625 |
19 de xuño de 1566 Castelo de Edimburgo fillo de Henrique Estuardo, Lord Darnley e María I |
Ana de Dinamarca Old Bishop's Palace, Oslo, Noruega 23 de novembro de 1589 sete fillos |
27 de marzo de 1625 Theobalds House, Hertfordshire, Inglaterra 58 anos |
fillo de María I (primoxénito) | |
Carlos I (Teàrlach I Stiùbhairt) 1625–1649 |
19 de novembro de 1600 Dunfermline Palace, Dunfermline fillo de Xacobe VI e Ana de Dinamarca |
Henriqueta María de Francia Abadía de San Agostiño, Canterbury, Inglaterra 13 de xuño de 1625 nove fillos |
30 de xaneiro de 1649 Palace of Whitehall, Westminster, Inglaterra 48 anos (executado) |
fillo de Xacobe VI (primoxénito) | |
Carlos II (Teàrlach II Stiùbhairt) 1649–1651 |
29 de maio de 1630 St James's Palace, Westminster, Inglaterra fillo de Carlos I e Henriqueta María de Francia |
Catarina de Braganza Portsmouth, Inglaterra 14 de maio de 1662 sen fillos |
6 de febreiro de 1685 Palace of Whitehall, Westminster, Inglaterra 54 anos |
fillo de Carlos I (primoxénito) |
Casa de Estuardo (restaurada) (1660–1707)
[editar | editar a fonte]Coa Restauración, os Estuardo convertéronse en reis de Escocia unha vez máis. Mais os dereitos de Escocia non foron respectados: o Parlamento de Escocia foi disolto durante o reinado de Carlos II, e o seu irmán Xacobe II foi designado gobernador de Escocia. O propio Xacobe converteuse en Xacobe VII en 1685; o seu catolicismo non foi tolerado e foi expulsado de Inglaterra despois de tres anos. No seu canto reinaron a súa filla María e o seu marido Guillerme de Orange, gobernador da República Neerlandesa; foron aceptados como monarcas de Escocia despois dun período de deliberación do parlamento escocés, e gobernaron xuntos como Guillerme II e María II.
Un intento de estabelecer un imperio colonial escocés a través do proxecto Darién, en rivalidade con Inglaterra, fallou, deixando ós nobres escoceses que financiaran este proxecto na bancarrota. Isto coincidiu co ascenso da raíña Ana, filla de Xacobe VII. Ana tivo varios fillos, pero ningún deles a sobreviviu, deixando como herdeiro ó seu medio irmán her Xacobe, que daquela vivía no exilio en Francia. Os ingleses favoreceron á protestante Sofía de Hanover (unha neta de Xacobe VI) como herdeira; moitos escoceses preferiron ó príncipe Xacobe, que como Estuardo tiña ascendencia escocesa, e ameazaron con crebar a Unión de Coroas entre Inglaterra e Escocia escollendo por eles mesmos. Para preservar a unión, os ingleses elaboraron un plan no que os dous reinos quedaban fusionados nun único reino, o reino de Gran Bretaña, gobernado por un monarca común e cun único parlamento. Ámbolos parlamentos aceptaron (os escoceses aínda que a contra gusto, estaban motivados principalmente polas finanzas nacionais), e precisaron algún subterfuxio como maioría total dos signatarios para ratificar o consentimento do parlamento escocés. A partir de entón, aínda que os monarcas continuaron gobernando sobre a nación de Escocia, fixérono como monarcas de Gran Bretaña, e dende 1801 do Reino Unido.
Nome | Retrato | Nacemento | Casamento(s) | Morte | Dinastía |
---|---|---|---|---|---|
Carlos II (Teàrlach II Stiùbhairt) 1660–1685 |
29 de maio de 1630 St James's Palace, Westminster, Inglaterra fillo de Carlos I e Henriqueta María de Francia |
Catarina de Braganza Portsmouth, Inglaterra 14 de maio de 1662 sen fillos |
6 de febreiro de 1685 Palace of Whitehall, Westminster, Inglaterra 54 anos |
fillo de Carlos I (primoxénito) | |
Xacobe VII (Seumas VII Stiùbhairt) 1685–1688 |
14 de outubro de 1633 St James's Palace, Westminster, Inglaterra fillo de Carlos I e Henriqueta María de Francia |
Anne Hyde The Strand, Londres, Inglaterra 3 de setembro de 1660 oito fillos María de Módena Dover, Inglaterra 21 de novembro de 1673 sete fillos |
16 de setembro de 1701 Château de Saint-Germain-en-Laye, Francia 67 anos |
fillo de Carlos I (primoxénito) | |
María II (Màiri II Stiùbhairt) 1689–1694 |
30 de abril de 1662 St James's Palace, Inglaterra filla de Xacobe VII (II de Inglaterra) e Anne Hyde |
St James's Palace 4 de novembro de 1677 tres fillos (ningún superou a infancia) |
28 de decembro de 1694 Kensington Palace, Inglaterra 32 anos |
neto de Carlos I (coroa ofrecida polo Parlamento) | |
Guillerme II (Uilleam Orains, "Guillerme de Orange") 1689–1702 |
4 de novembro de 1650 A Haia, Provincias Unidas fillo de Guillerme II, príncipe de Orange e María Henriqueta Estuardo |
8 de marzo de 1702 Kensington Palace 51 anos | |||
Ana (Anna Stiùbhairt) 1702–1707 Raíña de Gran Bretaña e Irlanda 1707–1714 |
6 de febreiro de 1665 St James's Palace filla de Xacobe VII e Anne Hyde |
Xurxo de Dinamarca St James's Palace 28 de xullo de 1683 17 fillos |
1 de agosto de 1714 Kensington Palace 49 anos |
filla de Xacobe VII (primoxénita; Declaración de Dereitos de 1689) |
Para os monarcas británicos véxase a lista en Monarquía británica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Broun (2007); pp. 71–97
- ↑ Falando correctamente, Coinneach debería ser Cionaodh, xa que Coinneach é historicamente un nome separado. Porén, na lingua moderna, ámbolos dous nomes converxeron.
- ↑ Skene (1867), p. 83.
- ↑ Skene (1867); p. 85.
- ↑ Skene (1867); p. 87.
- ↑ Hudson (1994); p. 58.
- ↑ Skene (1867); p. 91
- ↑ Hudson (1994); p. 65.
- ↑ Skene, Chronicles, p. 93.
- ↑ O seu nome é a versión gaélica do nome nórdico Hildufr (ou quizais do inglés Eadulf); é común en varias formas gaélicas actuais, como Iondolbh, atopado en Duan Albanach; Hudson, Celtic Kings, p, 89.
- ↑ Skene, Chronicles, p. 94.
- ↑ Duan Albanach, 23 aquí; Dub quere dicir "Negro", "Dub o Negro" é tautolóxico.
- ↑ Skene, Chronicles, p. 95.
- ↑ Skene, Chronicles, p. 96.
- ↑ O primeiro é o máis probable xa que en irlandés antigo, donn é semellante a greimm, que quere dicir "poder" ou "autoridade"; véxase Skene, Chronicles, p. 98; Hudson, Celtic Kings, p. 105.
- ↑ Skene, Chronicles, pp. 99–100.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2011. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ Skene, Chronicles, p. 101.
- ↑ 19,0 19,1 Skene, Chronicles, p. 102.
- ↑ Anderson, Early Sources, vol. i, p. 603.
- ↑ 21,0 21,1 Kingship of the Scots, pp. 51–52, 74–75; Oram, David I, p. 17, note 1. Cenn Mór.
- ↑ Anderson, Early Sources, vol. ii, p. 141.
- ↑ Alcume posterior. O latín Sanctus tamén quere dicir "Sagrado". David nunca foi canonizado.
- ↑ Anais de Ulster, s.a. 1214.6; Annals of Loch Cé, s.a. 1213.10.
- ↑ "English Earls 1067-1122". agosto de 2012. Consultado o agosto de 2012.
- ↑ Robert The Bruce. Publisher: Heinemann. ISBN 0-431-05883-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anderson, Alan Orr (1922). Early Sources of Scottish History: AD 500–1286. 2 vols. Edimburgo / Londres: Oliver and Boyd.
- Broun, Dauvit (2007). Scottish Independence and the Idea of Britain. From the Picts to Alexander III (en inglés). Edimburgo: Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-2360-0.
- Hudson, Benjamin T. (1994). Kings of Celtic Scotland (en inglés). Westport, CT: Greenwood Press. ISBN 0-313-29087-3.
- Skene, William Forbes, ed. (1867). Chronicles of the Picts, Chronicles of the Scots and other Early Memorials of Scottish History (en inglés). Edimburgo: H.M. General Register House.