Lista Serbia
Lista Serbia | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Nacionalismo serbio, conservadorismo nacionalista, populismo de direita e Euroescepticismo |
Data de fundación | 2014 |
Fundador(es) | Aleksandar Jablanović |
Sede | North Mitrovica |
País | Kosovo |
Na rede | |
http://srpskalista.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lista Serbia (en serbio: Српска листа) é un partido político da minoría serbia na República de Kosovo, dominante na política de Kosovo, e que dende a súa fundación en 2014 ostenta nove mandatos ou os dez mandatos na Asemblea de Kosovo destinada aos serbios. Está estreitamente relacionado co Goberno da República de Serbia, liderado polo populista SNS e o presidente Aleksandar Vučić[1] [2].
Historia
[editar | editar a fonte]Lista Serbia logrou un total de 38 169 votos (5,30%) nas eleccións lexislativas de xuño de 2014 e o 17 de setembro anunciou que se ía formar parte da coalición de goberno só se Vetëvendosje quedaba fóra[3] como así foi. O 3 de febreiro de 2015 Aleksandar Jablanović cesou como ministro de Comunidades e Retornos e membro de LS, despois da oposición esixir a súa destitución ao chamar "salvaxes" a un grupo de albaneses que atacaron a pedradas aos desprazados internos serbios na véspera de Nadal en Gjakova[4], declaracións que contribuíron ás protestas en Kosovo en xaneiro de 2015 [5]. A Lista Serbia decidiu non asistir á seguinte sesión da Asemblea [6] pero continuou no goberno. Despois das eleccións parlamentarias de 2017 a Lista Serbia aceptou formar parte do goberno dirixido por Ramuš Haradinaj da Alianza para o Futuro de Kosovo, so condición de establecer a Asociación de Municipios de Serbia [7] e participou tamén nos sucesivos gobernos ata decembro de 2022 logo do aumento da tensión entre serbios e albaneses en Kosovo.
Eleccións
[editar | editar a fonte]Lexislativas
[editar | editar a fonte]Ano | Voto | % Voto | Escanos | Escanos serbios | /– | Goberno | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | 38199 | #5 | 5.20% | 9 / 120 |
9 / 10 |
9 | Coalición |
2017 | 44 578 | #4 | 6.20% | 9 / 120 |
9 / 10 |
Coalición | |
2019 | 52 620 | #5 | 6.61% | 10 / 120 |
10 / 10 |
1 | Coalición |
2021 | 44 404 | #5 | 5.06% | 10 / 120 |
10 / 10 |
Coalición (2021–2022) Oficialmente parte do goberno, pero os seus deputados non votaron a favor da súa elección[8] | |
Sen representación (2022) Os deputados do LS dimitiron ao inicio da coñecida como Crise de Kosovo do Norte[9] | |||||||
Oposición (2022–) Dez días despois de cesaren os deputados de LS volveron ao parlamento, xa como oposición[10] |
Municipais
[editar | editar a fonte]Despois das eleccións municipais de 2020, Lista Serbia goberna 10 concellos, polo xeral con amplas maiorías.
Escudo | Concellos | Poboación | Alcalde antes de 2020 | Partido | Alcalde dende 2020 | Partido | Concelleiros |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Gračanica | 10 675 | Srđan Popović | LS | Ljiljana Šubarić | LS | 18 / 19 | |
Klokot | 2 556 | Božidar Dejanović | Gi Klokot-Vrbovac | Vladan Bogdanović | LS | 5 / 15 | |
Leposavić | 13 773 | Zoran Todić | LS | Zoran Todić | LS | 19 / 19 | |
Mitrovica Norte | 12 326 | Milan Radojević | LS | Milan Radojević | LS | 17 / 19 | |
Novo Brdo | 6 729 | Svetislav Ivanović | LS | Saša Milošević | LS | 10 / 15 | |
Parteš | 1 787 | Dragan Petković | LS | Dragan Petković | LS | 13 / 15 | |
Ranilug | 3 866 | Vladica Aritonović | LS | Katarina Ristić–Ilić | LS | 15 / 15 | |
Štrpce | 6 949 | Bratislav Nikolić | LS | Dalibor Jevtić | LS | 10 / 15 | |
Zubin Potok | 6 616 | Srđan Vulović | LS | Srđan Vulović | LS | 15 / 19 | |
Zvečan | 7 481 | Vučina Janković | LS | Dragiša Milović | LS | 18 / 19 |
Presidentes de Lista Serbia
[editar | editar a fonte]Presidente | Nacemento | Comezo | Fin | ||
---|---|---|---|---|---|
1 | Aleksandar Jablanović | 1980– | 2014 | 2015 | |
2 | Slavko Simić | 1984– | 2015 | 2017 | |
3 | Goran Rakić | 1971– | 2017 | Actual |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Serbia’s President Was Real Loser in Kosovo Election". Balkan Insight. 16 de outubro de 2019.
- ↑ "Scenario: Territorial Exchange Between Serbia and Kosovo and It’s [sic] Potential Impact on Serbian Communities South of the Ibar" (PDF). NGO Aktiv. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de outubro de 2021. Consultado o 14 de febreiro de 2023.
- ↑ "Serb List won't join cabinet with Self-Determination". b92. 17 de setembro de 2014.
- ↑ "Serb minister dismissed from Pristina government". b92. 4 de febreiro de 2015.
- ↑ "Jabllanoviqi i quan egërsira protestuesit në Gjakovë". Telegrafi. 7 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2023.
- ↑ "Serb List deputies miss Kosovo assembly session". b92. 5 de febreiro de 2015.
- ↑ "Srpska lista odlučila da uđe u vladu Kosova Ramuša Haradinaja". Blic. 9 de setembro de 2017.
- ↑ "Lista Serbe nuk mbështet Qeverinë Kurti 2, paralajmëron ankesë në Kushtetuese". Telegrafi. 22 de marzo de 2021.
- ↑ "Lista Serbe dorëzon mandatet e deputetëve në Kuvendin e Kosovës". Telegrafi. 7 de novembro de 2022.
- ↑ "Pa paralajmërim, Lista Serbe kthehet në Kuvend – këta janë deputetët e rinj". Telegrafi. 17 de novembro de 2022.