Lipase endotelial
Aparencia
Lipase endotelial
| |
Identificadores | |
Símbolo | LIPG |
Entrez | 9388 |
HUGO | 6623 |
OMIM | |
RefSeq | NM_006033 |
UniProt | Q9Y5X9 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 18 q21.1 |
A lipase endotelial é unha forma de lipase segregada polas células do endotelio vascular en tecidos con altas taxas metabólicas e gran vascularización, como o fígado, pulmóns, riles e glándula tiroide.[1] A diferenza das lipases que hidrolizan triglicéridos (como, por exemplo, a lipoproteína lipase), a lipase endotelial hidroliza primariamente fosfolípidos, mentres que a súa actividade sobre os triglicéridos é menor.[1]
Foi caracterizada en 1999. Ten unha rexión tapa de só 19 residuos. A súa sobreexpresión en ratos reducía as concentracións plasmáticas de colesterol HDL e a apolipoproteína A1.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Yu JE, Han SY, Wolfson B, Zhou Q (2018). "The role of endothelial lipase in lipid metabolism, inflammation, and cancer". Histology and Histopathology 33 (1): 1–10. PMC 5858721. PMID 28540715. doi:10.14670/HH-11-905.
- ↑ Jaye M, Lynch KJ, Krawiec J, et al. (1999). "A novel endothelial-derived lipase that modulates HDL metabolism". Nat. Genet. 21 (4): 424–8. PMID 10192396. doi:10.1038/7766.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- endothelial lipase, human Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |