Saltar ao contido

Linguas bantoides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas bantoides
Falado en: África subsahariana
Total de falantes:
Familia: Níxer-congo ?
 Atlántico-congo
  Volta-congo
   Benue-congo
    Linguas bantoides
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas bantoides son unha rama importante da familia benue–congo. Componse das linguas bantoides setentrionais e das linguas bantoides meridionais, unha división que tamén inclúe as linguas bantús, as cales constitúen a inmensa maioría da rama e polas cales recibe o seu nome este grupo.

O termo "bantoide" foi empregado por vez primeira por Krause en 1895 para referirse ás linguas que amosaban semellanzas no seu vocabulario co bantú. Joseph Greenberg, na súa obra de 1963 The Languages of Africa, definiu bantoide como o grupo ao que pertencían as linguas bantús xunto cos seus parentes máis achegados, sendo este uso do termo o que se segue a empregar no presente. Porén, segundo Roger Blench, as linguas bantoides poderían non formar un grupo coherente.[1]

  1. Roger Blench. "Niger-Congo: an alternative view" (PDF). Rogerblench.info. pp. 2, 4. Consultado o 16 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]