Saltar ao contido

Linguas atlánticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas atlánticas
Outros nomes:Linguas atlánticas occidentais
Falado en:
Total de falantes:
Familia: Linguas níxer-congo?
 Linguas atlántico-congo
  Linguas atlánticas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas atlánticas son un subgrupo importante das linguas níxer-congo de África Occidental. As linguas atlánticas fálanse ao longo da costa atlántica dende o Senegal até Liberia, aínda que os falantes transhumantes fula estendéronse cara ao leste e atópanse en gran cantidade polo Sahel, dende o Senegal até Nixeria, o Camerún e o Sudán. O wolof do Senegal e varias linguas fula son as máis faladas de entre as linguas atlánticas, con varios millóns de falantes cada unha. Outros membros significativos do grupo son o serer e o clúster jola do Senegal. A lingua temne, unha das principais de Serra Leoa, incluíuse no subgrupo Atlántico en clasificacións anteriores pero nas propostas modernas xa non se agrupa como atlántica.

A maioría das linguas atlánticas presentan mutación consonántica e teñen sistemas de clases de nomes semellantes aos das linguas bantús, coas que están vagamente relacionadas. Algunhas linguas son tonais, mentres que outras, como o wolof, teñen sistemas de ton-acento. A orde das palabras básica adoita ser suxeito verbo obxecto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dalby, David (1965). "The Mel languages: a reclassification of southern 'West Atlantic'." African language studies 6, 1–17.
  • Güldemann, Tom (2018). "Historical linguistics and genealogical language classification in Africa". En Güldemann, Tom. The Languages and Linguistics of Africa. The World of Linguistics series 11. Berlin: De Gruyter Mouton. pp. 58–444. ISBN 978-3-11-042606-9. doi:10.1515/9783110421668-002. 
  • Holst, Jan Henrik. "Reconstructing the mutation system of Atlantic." Neuried, 2008.
  • Pozdniakov, Konstantin. "Etudes atlantiques comparatives : questions de méthodologie." Mémoires de la Société linguistique de Paris, XV, 2007, p. 93–119.
  • Pozdniakov, Konstantin. "Problèmes de l’étude comparative historique des langues atlantiques". Sprache und Geschichte in Afrika, 2007.
  • Pozdniakov, Konstantin & Segerer, Guillame. Reconstruction des pronoms atlantiques et typologie des systèmes pronominaux // Systèmes de marques personnelles en Afrique. Collection «Afrique et Langage », 8, 2004, p. 151–162.
  • Pozdniakov, Konstantin & Segerer, Guillame. Tradition et rupture dans les grammaires comparées de différentes familles de langues », 2007, p. 93-119.
  • Pozdniakov, Konstantin & Segerer, Guillaume (2017). "A Genealogical classification of Atlantic languages."[Ligazón morta] (Draft) To appear in: Lüpke, Friederike (ed.) The Oxford guide to the Atlantic languages of West Africa: Oxford:Oxford University Press.
  • Guillaume Segerer & Florian Lionnet 2010. "'Isolates' in 'Atlantic'". Language Isolates in Africa workshop, Lyon, Dec. 4
  • Sapir, David (1971). "West Atlantic: An inventory of the languages, their noun class systems and consonant alternations." Current Trends in Linguistics 7:45–112. The Hague: Mouton.
  • Williamson, Kay and Blench, Roger (2000). "Niger-Congo." In Bernd Heine and Derek Nurse (eds.) African Languages: An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press. pp. 11–42.
  • Wilson, W. A. A. (1989). Atlantic. In John Bendor-Samuel (Ed.), The Niger–Congo Languages. New York & London: University Press of America. pp. 81–104.