Lingua paxta
Paxto پښتو | ||
---|---|---|
Pronuncia: | paʂto | |
Falado en: | Afganistán Paquistán | |
Rexións: | Asia Central, Asia Meridional | |
Total de falantes: | 40 millóns[1] | |
Familia: | Indoeuropea Indoiranias Irania Orientais Orientais meridionais Paxto | |
Escrita: | Escrita nasgh (nasx) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Afganistán | |
Regulado por: | Academia das Ciencias do Afganistán | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ps
| |
ISO 639-2: | pus | |
ISO 639-3: | varios:pus — Paxto (xenérico)pst — Paxto centralpbu — Paxto setentrionalpbt — Paxto meridionalwne — Dialecto Waneci
| |
Mapa | ||
Status | ||
O paxto[3], noutras fontes tamén chamado pashtu[4] ou pashto[5], é un idioma que pertence ás linguas iranias, dentro do seu grupo oriental e á súa vez do sub-grupo meridional e falado pola etnia paxta. Está emparentado coas linguas do Pamir e un pouco máis afastado do iagnobí e das linguas osetas: o digorés e o iriano. É a lingua máis numerosa en número de falantes do grupo de linguas iranias orientais.
É a lingua oficial de Afganistán (xunto co dari) e falada en Paquistán e na diáspora dos paxtos. Fálana preto de 40 ou 50 millóns de persoas.[6] Fálase ademais no occidente de Paquistán.
Está escrito cunha versión modificada do alfabeto persa-arábico chamada nash (nasgh).
Estatuto oficial
[editar | editar a fonte]O paxto desde o 1936 é unha das dúas linguas oficiais de Afganistán, sendo a outra o Dari (Persa)[7]. Nese ano déronselle todos os dereitos a respecto do uso no goberno e na educación, cando ata daquela fora o Persa a lingua empregada[8]. En 1964 este estado reafírmase cando a asemblea constitucional cando o persa afgán se lle deu o nome de Dari[9][10].
En Paquistán, o urdú e o inglés son as dúas linguas oficiais e alí o paxto carece de recoñecemento oficial a nivel federal. A nivel provincial, o paxto é lingua rexional do Khyber Pakhtunkhwa, Áreas tribais administradas federalmente e o Baluchistán no norte[11]
O sistema de escrita
[editar | editar a fonte]O paxto emprega o alfabeto paxto, unha variación do alfabeto persa, e que á súa vez deriva en parte do alfabeto árabe. Ten letras adicionais para sons específicos do paxto. Desde o século XVII, o paxto escribiuse principalmente coa sistema Nashk e non co sistema Nasta'liq das lindeiras linguas persas e urdú.
O alfabeto paxto componse de 44 letras e catro marcas diacríticas. Na seguinte táboa dánse as formas illadas das letras xunto coas súas equivalentes do sistema latino e os valores da IPA:
Nome | Transliteración | AFI | Final | Media | Inicial | Illada |
---|---|---|---|---|---|---|
alef | ā / aa / ʼ / ʾ / ’ | varios, incluíndo [ɒ] | ﺎ | ﺎ * | آ / ا * | ﺍ |
be | b | [b] | ﺐ | ﺒ | ﺑ | ﺏ |
pe | p | [p] | ﭗ | ﭙ | ﭙ | پ |
te | t | [t] | ﺖ | ﺘ | ﺗ | ﺕ |
se | s | [s] | ﺚ | ﺜ | ﺛ | ﺙ |
jim | j | [ʤ] | ﺞ | ﺠ | ﺟ | ﺝ |
che | c / č / ch | [ʧ] | ﭻ | ﭽ | ﭼ | ﭺ |
he | h | [h] | ﺢ | ﺤ | ﺣ | ﺡ |
khe | x / kh | [x] | ﺦ | ﺨ | ﺧ | ﺥ |
dāl | d | [d] | ﺪ | ﺪ * | ﺩ * | ﺩ |
zāl | z | [z] | ﺬ | ﺬ * | ﺫ * | ﺫ |
re | r | [ɾ] | ﺮ | ﺮ * | ﺭ * | ﺭ |
ze | z | [z] | ﺰ | ﺰ * | ﺯ * | ﺯ |
zhe | ž / zh | [ʒ] | ﮋ | ﮋ * | ژ * | ژ |
sin | s | [s] | ﺲ | ﺴ | ﺳ | ﺱ |
šin | š / sh | [ʃ] | ﺶ | ﺸ | ﺷ | ﺵ |
sād | s | [s] | ﺺ | ﺼ | ﺻ | ﺹ |
zād | z | [z] | ﺾ | ﻀ | ﺿ | ﺽ |
tā | t | [t] | ﻂ | ﻄ | ﻃ | ﻁ |
zā | z | [z] | ﻆ | ﻈ | ﻇ | ﻅ |
eyn | ʻ / ‘ | [ʔ] | ﻊ | ﻌ | ﻋ | ﻉ |
qeyn | q / gh | [ɣ] / [ɢ] | ﻎ | ﻐ | ﻏ | ﻍ |
fe | f | [f] | ﻒ | ﻔ | ﻓ | ﻑ |
qāf | q / gh | [q] / [ɢ] | ﻖ | ﻘ | ﻗ | ﻕ |
kāf | k | [k] | ﮏ | ﮑ | ﮐ | ک |
gāf | g | [g] | ﮓ | ﮕ | ﮔ | گ |
lām | l | [l] | ﻞ | ﻠ | ﻟ | ﻝ |
mim | m | [m] | ﻢ | ﻤ | ﻣ | ﻡ |
nun | n | [n] | ﻦ | ﻨ | ﻧ | ﻥ |
vāv | v / u / ow | [v] / [u] | ﻮ | ﻮ * | و * | و |
he | h | [h] | ﻪ | ﻬ | ﻫ | ﻩ |
ye | y , i | [j] , [i] | ﯽ | ﻴ | ﻳ | ﻯ |
Dialectos
[editar | editar a fonte]Meridional occidental: | [ts] | [dz] | [ʂ] | [ʐ] | [ʒ] |
---|---|---|---|---|---|
Meridional oriental: | [ts] | [dz] | [ʃ] | [ʒ] | [ʒ] |
Setentrional occidental: | [s] | [z] | [ç] | [j] | [ʒ] |
Setentrional oriental: | [s] | [z] | [x] | [g] | [d͡ʒ] |
Fonoloxía
[editar | editar a fonte]Vogais
[editar | editar a fonte]Anterior | Central | Posterior | |
---|---|---|---|
Pechada | i | u | |
Media | e | ə | o |
Aberta | ɑ |
O paxto ten tamén os ditongos: /aj/, /əj/, /aw/
Consoantes
[editar | editar a fonte]Labial | Dental | Retroflexa | Post- alveolar |
Palatal | Velar | Uvular | Glotal | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nasal | m | n | ɳ | |||||
Oclusiva | p b | t d | ʈ ɖ | k g | q | ʔ | ||
Fricativa | f v | s z | ʂ ʐ | ʃ ʒ | x ɣ | h | ||
Africada | ts dz | tʃ dʒ | ||||||
Aproximante | l | ɻ | j | w | ||||
Rótica | r | ɺ̡ |
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Asalam u alaikum - Ola
- Ho - Si
- Na - Non
- Manana - Graciñas
- Wobaxa - Síntoo
- Stanum tse dæi? - Como te chamas?
- Zema num... dæ - Chámome ...
- Tha tsanga yei? - Como estás?
- kala? - Onde?
- Tso bajy dhi? - Que hora é?
- Sahar - mañá (substantivo)
- Saba - mañá (adverbio)
- Pir/doshambá - luns
- Naha/Mangle - martes
- Yakshambá/atwar - domingo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ethnologue Report for Pashto
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "paxto". TERGAL. Consultado o 18 de xuño de 2017.
- ↑ Entrada pashtu na Diciopedia do século 21
- ↑ Entrada pashto Arquivado 14 de novembro de 2017 en Wayback Machine. no Digalego
- ↑ Ethnologue.com/show_language.asp?code=pbu (informe de Ethnologue).
- ↑ Modarresi, Yahya: Iran, Afghanistan and Tadjikistan". 1911 – 1916. In: Sociolinguistics, Vol. 3, Part. 3. Ulrich Ammon, Norbert Dittmar, Klaus J. Mattheier, Peter Trudgill (eds.). Berlín, De Gryuter: 2006. p. 1915. ISBN 3-11-018418-4 [1]
- ↑ Campbell, George L.: Concise compendium of the world's languages. Londres: Routledge 1999.
- ↑ Dupree, Louis: Language and Politics in Afghanistan. In: Contributions to Asian Studies. Vol. 11/1978. p. 131 – 141. E. J. Brill, Leiden 1978. p. 131.
- ↑ Spooner, Bryan: "Are we teaching Persian?". In: Persian studies in North America: studies in honor of Mohammad Ali Jazayery. Mehdi Marashi (ed.). Bethesda, Iranbooks: 1994. p. 1983.
- ↑ Septfonds, D. 2006. Pashto. In: Concise encyclopedia of languages of the world. 845 – 848. Keith Brown / Sarah Ogilvie (eds.). Elsevier, Oxford: 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua paxta |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Pashto Reader Passages in Transcription, 1992. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C.
- Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Beginning Pashto Textbook and (Revised Editions), 1993. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C.
- Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Pashto Conversation Manual and Tapescript, 1993. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C., Department of Education, Washington D.C.
- Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Intermediate Pashto Textbook and Workbook (Revised Editions), 1993. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C.
- Tegey, Habibullah; Robson, Barbara: Pashto-English Glossary for the CAL Pashto Materials, 1993. Center fo Applied Linguistics, Washington D.C.