Lingua n'ko
N'ko ߒߞߏ | ||
---|---|---|
Falado en: | Guinea, Malí, Costa do Marfil e Burkina Faso | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Níxer-congo Mandé Mandé occidental Mandé central Mandinga–jogo Mandinga–vai Mandinga–mokole Mandinga N'ko | |
Escrita: | Alfabeto n'ko | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | nqo | |
ISO 639-3: | nqo
| |
Mapa | ||
Status | ||
O n'ko (en n'ko: ߒߞߏ) é unha koiné estandarizada e unificada das diversas linguas mandinga escrita en alfabeto n'ko. É empregada en Guinea, Malí, Costa do Marfil, Burkina Faso e outros países de África Occidental, mais non exclusivamente de forma escrita, mentres que na fala real, úsanse as diferentes variedades mandinga: maninka, bambara, diula entre outras.
É un rexistro literario cunha gramática prescritiva coñecida como "kángbɛ" ("linguaxe clara") codificada por Solomana Kante, sobre a variedade màninkamóri falada na rexión nativa de Kante, Kankan, servindo como dialecto intelixible.[2][3][4][5]
Valentin Vydrin en 1999[6] e Coleman Donaldson en 2019[4] indicaron que a popularidade de escribir as linguas mandinga na forma estandarizada n'ko está a medrar. Esta forma escrita estandarizada úsase cada vez máis para a educación dos falantes das diferentes variedades.[7] Tamén é de uso común nas comunicacións electrónicas.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Donaldson, Coleman (2017) Clear Language: Script, Register and the N’ko Movement of Manding-Speaking West Africa. Doctoral Dissertation, Philadelphia, PA: University of Pennsylvania.". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2019. Consultado o 07 de novembro de 2019.
- ↑ Donaldson, Coleman (2017) “Orthography, Standardization and Register: The Case of Manding.” In Standardizing Minority Languages: Competing Ideologies of Authority and Authenticity in the Global Periphery, edited by Pia Lane, James Costa, and Haley De Korne, 175–199. Routledge Critical Studies in Multilingualism. New York, NY: Routledge.
- ↑ 4,0 4,1 Donaldson, Coleman (1 de marzo de 2019). "Linguistic and Civic Refinement in the N'ko Movement of Manding-Speaking West Africa". Signs and Society 7 (2): 156–185; 181. ISSN 2326-4489. doi:10.1086/702554.
- ↑ N'Ko Language Tutorial: Introduction
- ↑ Vydrin, Valentin (1999). Manding-English Dictionary : (Maninka, Bamana). Lac-Beauport. p. 8. ISBN 9780993996931. OCLC 905517929.
- ↑ Oyler, Dianne White (1994) Mande identity through literacy, the N'ko writing system as an agent of cultural nationalism. Toronto : African Studies Association.
- ↑ Rosenberg, Tina (9 de decembro de 2011). The New York Times, ed. "Everyone Speaks Text Message" (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 24 de maio de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua n'ko |