Saltar ao contido

Lingua lak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lak
лакку маз
Pronuncia:[lakːu maz]
Falado en: Rusia
Rexións: Sur de Daguestán
Total de falantes: 150 000 (censo de 2010)
Familia: Caucásico nororiental
 Lak
Escrita: Alfabeto cirílico
Status oficial
Lingua oficial de: Daguestán, Rusia
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: lbe
Mapa

     Lak
Status

O lak está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua lak (лакку маз, lakːu maz) é unha lingua caucásica nororiental que forma a súa propia póla dentro desta familia lingüística. É a lingua do pobo lak, que habita na república autónoma de Daguestán, en Rusia, onde é unha das seis linguas estandarizadas que se falan. Segundo o censo de 2010, é falado por máis 150 000 persoas.

Abrangue cinco dialectos: ashti kuli, balkhar, vitskh, vikhli e kumukh, que forma a base da lingua literaria lak. Dende finais do século XIX, escribiuse en caracteres árabes; o alfabeto latino foi empregado entre o 1928 e o 1938, e dende entón, en alfabeto cirílico. Antes de que o lak se convertese en lingua escrita, empregaban o árabe. Hoxe é unha das 9 linguas oficiais de Daguestán, malia que non se empregue no ensino (só se ensinou entre 1920 e 1960, dende entón só se ensina en ruso). Tamén ten un xornal Ilchy (Luz) e Tslubarz (Lúa nova, 1952) que xa non se edita, e unha estación de radio.

O lak foi empregada como lingua literaria por autores como Garun Saidov (1891-1919), xefe da Oficina de Axitación ou Educación Bolxevique en Daguestán, e o primeiro autor dramático en lak, Jussup Khappalajev (1916) con Estrelas de felicidade (1950), Mugutin Sharinov (1893-1937) con Shagalai e Gabibat i Gadzhijev (1919), Said Gabiev, Abutalif Gafurov e Abdurahman Omarov.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]