Lingua galaica
Galaico | ||
---|---|---|
Falado en: | Gallaecia | |
Total de falantes: | Lingua morta | |
Familia: | Indoeuropea Celta Celta continental Hispanocelta Galaico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
O galaico,[1] tamén coñecido como hispanocelta do noroeste, foi unha lingua celta (do tipo Q)[2][3] ou un grupo de linguas e dialectos, emparentados co celtibérico, falada a comezos da era cristiá no cuadrante noroeste da Península Ibérica, máis especificamente entre a costa atlántica do oeste e o norte e unha liña imaxinaria que corta a península de norte a sur, ligando as actuais cidades de Oviedo e Mérida.[4][5] Así como ocorre co ilirio e o lígur, o corpus que se conserva está composto de palabras illadas e frases curtas atopadas en inscricións locais (en latín) ou glosadas por autores clásicos, xuntamente con onomástica (antropónimos, etnónimos, teónimos, topónimos) tamén atopada en inscricións, ou que sobreviviu até o presente en nomes de lugares, ríos ou montes. Diversas palabras de orixe céltica tamén foron preservadas polas linguas románicas locais (entre elas, o galego), e é probable que fosen herdadas destes dialectos celtas-Q.[6]
Distintividade
[editar | editar a fonte]Tanto Pomponio Mela coma Plinio o Vello escribiron sobre as poboacións celtas e non celtas de Gallaecia e Lusitania. Algúns autores modernos especularon sobre a posibilidade de que ámbalas rexións compartisen unha mesma lingua céltica, mentres que outros autores sinalan dificultades non resoltas dentro desta hipótese, como as características fonéticas incompatíbeis das dúas rexións, como a preservación de *p- e o reflexo inconsistente das consoantes líquidas silábicas.[7][8][9][10][11] A evidencia filoxenética amosa que a lingua galaica, se ben comparte algunhas características co celtibero, ten evolucións fonéticas que o diferencian do celtibero.
Revitalización
[editar | editar a fonte]A comezos do século XXI diversos movementos culturais amosaron interese en rescatar a tradición lingüística galaica. Algúns chegaron a propoñer revivir a lingua a través da reconstrución lingüística, baseándose nas evidencias existentes e en linguas celtas como o antigo irlandés ou o reconstruído protocelta. Unha das aspiracións deses movementos culturais é a creación dun dicionario atebivota formado por palabras do galaico. Eses traballos foron apoiados pola Liga Céltiga Galaica, que ademais promove o intercambio con outros movementos pancélticos como a Liga Céltica, aínda que esta última só recoñece movementos ligados a linguas celtas vivas.[12][13][14]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Estela antropomórfica de Verín con inscrición en latín e antropónimos locais: LATRONIUS CELTIATI F(ilius) H(ic) S(itus) E(st)
-
Estela de Crecente atopada en Crecente (Mera, Lugo) con inscrición latina: APANA AMBOLLI F(ilia) CELTICA SVPERTAM(arica) [Castello] MIOBRI AN(norum) XXV H(ic) S(itus) E(st) APANVS FR(ater) F(aciendum) C(uravit).
-
Inscrición votiva adicada a Lugh: LUCOUBU ARQUIEN(obu) SILONIUS SILO EX VOTO
-
Inscrición votiva adicada a unha divindade local, Cosso, nunha ara de Meirás, Sada: COSOU DAVINIAGO Q(uintus) V() C() EX VOTO
-
A mesma cá anterior
-
Inscrición latino-galaica: VECIUS VEROBLII F(ilius) PRICE[ps ...] / CIT(...) C(ASTELLO) CIRCINE AN(norum) LX / [...]O VECI F(ilius) PRINCEPS CO[...] / H(ic) S(iti) SVNT HEREDES SIB[i]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galaico.
- ↑ Prósper, B. M. (2002). Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la península ibérica. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 422–427. ISBN 84-7800-818-7.
- ↑ Villar F., B. M. Prósper. (2005). Vascos, Celtas e Indoeuropeos: genes y lenguas. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 333-350. ISBN 84-7800-530-7.
- ↑ "The Celts in the Iberian Peninsula: Celtiberian" Arquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine., artigo de Carlos Jordán Cólera en e-Keltoi vol. 6, 16 de marzo de 2007 páx. 749–750 (en inglés).
- ↑ Koch, John T. (2006). Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. ABC-CLIO. p. 481.
- ↑ Palabras do galego, como crica, do protocelta *kīkwā ("suco"), laxe, do proto-celta *(p)lagēnā ("punta de lanza"), leira, do proto-celta *(p)lāryo- ("piso", "chan"), ou alboio, do proto-celta *(p)are-bowyo-.
- ↑ Entre eles os Praestamarci, Supertamarci, Nerii, Artabri e, en xeral, todas as persoas que viven á beira do mar, agás os Grovi do sur de Galicia e do norte de Portugal: "Totam Celtici colunt, sed a Durio ad flexum Grovi, fluuntque per eos Avo, Celadus, Nebis, Minius et cui oblivionis cognomen est Limia. Flexus ipse Lambriacam urbem amplexus recipit fluvios Laeron et Ullam. Partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et Sars flumina non longe orta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, Sars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem. Cetera super Tamarici Nerique incolunt in eo tractu ultimi. Hactenus enim ad occidentem versa litora pertinent. Deinde ad septentriones toto latere terra convertitur a Celtico promunturio ad Pyrenaeum usque. Perpetua eius ora, nisi ubi modici recessus ac parva promunturia sunt, ad Cantabros paene recta est. In ea primum Artabri sunt etiamnum Celticae gentis, deinde Astyres". Pomponius Mela, Chorographia, III.7-9.
- ↑ cf. Wodtko 2010: 361-362
- ↑ Prósper 2002: 422 e 430
- ↑ Prósper 2005: 336-338
- ↑ Prósper 2012: 53-55
- ↑ "Gallaic Revival Movement". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2013. Consultado o 11 de maio de 2013.
- ↑ "Gallaic Revival". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2013. Consultado o 11 de maio de 2013.
- ↑ "Old Celtic Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 09 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Búa, Carlos (2007) O Thesaurus Paleocallaecus, in Kremer, Dieter (ed.) (2007). Onomástica galega : con especial consideración da situación prerromana : actas do primeiro Coloquio de Trier 19 e 20 de maio de 2006. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-794-3.
- Curchin, Leonard A. (2008) Estudios GallegosThe toponyms of the Roman Galicia: New Study. CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS LV (121): 109-136.
- DCECH = Coromines, Joan (2012). Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-3654-9.
- Delamarre, Xavier (2012). Noms de lieux celtiques de l'Europe ancienne (−500 / 500): dictionnaire. Arles: Errance. ISBN 978-2-87772-483-8.
- Jordán Cólera, Carlos (16 de marzo de 2007). "Celtiberian" (PDF). E-Keltoi 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2011. Consultado o 16 de xuño de 2010.
- Koch, John T. (2011). Tartessian 2 : The inscription of Mesas do Castelinho ro and the verbal complex preliminaries to historical phonology. Aberystwyth: University of Wales, Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies. ISBN 978-1-907029-07-3.
- Luján Martínez, Eugenio R. (2006) The Language(s) of the CallaeciArquivado 09 de abril de 2014 en Wayback Machine.. e-Keltoi 6: 715-748.
- Moralejo, Juan José (2010). "TOPÓNIMOS CÉLTICOS EN GALICIA" (PDF). Paleohispánica 10. Consultado o 14 de marzo de 2014.
- Prósper, Blanca María (2002). Lenguas y religiones prerromanas del occidente de la península ibérica. Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 422–427. ISBN 84-7800-818-7.
- Prósper, Blanca María e Francisco Villar (2005). Vascos, Celtas e Indoeuropeos: Genes y lenguas. Ediciones Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-7800-530-7.
- Prósper, Blanca María (2012). "Indo-European Divinities that Protected Livestock and the Persistence of Cross-Linguistic Semantic Paradigms: Dea Oipaingia". The Journal of Indo-European Studies 40 (1–2): 46–58. Consultado o 25 de febreiro de 2013.
- Vallejo Ruiz, José María (2005). Antroponimia indígena de la Lusitania romana. Vitoria-Gasteiz: Universidade do País Vasco [u.a.] ISBN 8483737469.
- Wodtko, Dagmar S. (2010) The Problem of Lusitanian, in Cunliffe, Barry, e John T. Koch (eds.) (2010). Celtic from the West. Oxford, UK: Oxbow books. ISBN 978-1-84217-475-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antropónimos galaicos e de orixe céltica no web dos nomes galegos, da Asociación Fillos de Galicia.