Lindsay Lohan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Lindsay Dee Lohan 2 de xullo de 1986 (38 anos) Bronx, Estados Unidos de América |
Residencia | Dubai (2014–) |
Educación | Cold Spring Harbor Jr./Sr. High School (en) Sanford H. Calhoun High School (en) Laurel Springs School (en) |
Cor dos ollos | Azul-verde |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro, artista discográfico, actriz de televisión, cantante, modelo, compositora de cancións |
Período de actividade | 1989 - |
Xénero artístico | Música pop, pop rock, teen pop e música para bailar |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Casablanca Universal Motown (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Bader Shammas (2022–) |
Parella | Samantha Ronson (2007–2009) Harry Morton (2006–2006) Wilmer Valderrama (2004–2004) |
Pais | Michael Lohan e Dina Lohan |
Irmáns | Michael Lohan Jr. Ali Lohan Ashley Horn Dakota Lohan |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | lindsaylohanofficial.com |
|
Lindsay Lohan, nada o 2 de xullo de 1986 en Nova York, é unha actriz, cantante pop e modelo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lohan comezou a súa carreira profesional como modelo infantil aos tres anos, facendo tamén anuncios comerciais na televisión, fixo o seu primeiro papel cinematográfico aos once anos no filme de Disney The Parent Trap, aínda que se fixo coñecida entre 2003 e 2005 por protagonizar Freaky Friday, Mean Girls e Herbie: Fully Loaded, e despois apareceu nos filmes independentes de Robert Altman's A Prairie Home Companion e Emilio Estevez Bobby.
En 2007 interrompeu a súa carreira por conducir ebria e por posesión de droga[1], realizou tratamentos en centros de rehabilitación e finalmente volveu actuar, aparecendo na serie de televisión Ugly Betty en 2008 e no telefilme Labor Pains. No ano 2010 actuou no filme de Robert Rodriguez Machete.
Como cantante Lohan realizou o seu primeiro álbum en 2004, Speak ao que lle seguiu A Little More Personal (Raw) en 2005, ademais de interpretar cancións que forman parte da banda sonora dalgunhas películas nas que actuou. No 2008 lanzou un sinxelo chamado Bossy que formaría parte do seu terceiro disco de estudio, Spirit In The Dark, un disco no que comezou a traballar no 2007, pero que aínda non foi publicado, a pesar de que a súa data de publicación estaba prevista para o ano 2009. Algunhas cancións deste disco foron filtradas e colgadas en Youtube ("Stuck", "I Wanna Be Bad", "Too Young to Die", "Can't Stop, Won't Stop", "Stay" e "Walka Not a Talka"), aínda que se descoñece se son demos ou a versión final delas, así como tamén se descoñece aínda a data na que este CD estará no mercado.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lindsay Lohan |
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores infantís dos Estados Unidos de América
- Cantantes de Nova York
- Modelos femininas dos Estados Unidos de América
- Nados en 1986
- Nados en Nova York
- Estadounidenses de ascendencia irlandesa
- Estadounidenses de ascendencia italiana